viernes, 21 de junio de 2024

O CONTO DE FLORENTINO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso está a rematar, pero aínda quedan traballiños vosos para ir colgando por aquí. Esta semana Florentino de 5º de infantil visitou a nosa emisora con Irene de 6º. Quería contar un conto escrito e ilustrado por el en Radio Garabullo. Queredes escoitalo?


miércoles, 12 de junio de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER 5

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Camila, Gaia, Zayra e Izan subiron á emisora para felicitar a todos e todas aos que naceron nos meses de maio, xuño e xullo, ademais de aproveitar para contar todo o que no cole está a pasar.
Non deixedes de escoitar o novo programa!!

miércoles, 5 de junio de 2024

ENQUISA BIBLIOTECA ALUMNADO

Ola amiguiños e amiguñas! Estamos a rematar o curso e pouco a pouco esta biblioteca vai apagando as luces. Pero antes de despedirnos ata o vindeiro curso precisamos que nos avaliedes.  Coma sempre sabemos que hai moito que mellorar e queremos saber a vosa opinión que para nós é fundamental. Agardamos as vosas respostas!!

LECTURA E FAMILIA: Formación de Cómic

 Ola amiguiños e amiguiñas! O pasado martes tivemos na biblio unha formación de cómica para todos e todas. Moitos nenos e nenas dende 4º de infantil ata 6º de primaria pasaron pola biblio cos seus papás ou mamás a aprender moitas cousas dos cómics. Que tipo de comics hai, como se debuxan as personaxes e as súas emocións, como facer os diálogos, creamos un cómic entre todos (cadáver exquisito), aprendemos a mesturar cores para chegar a novas creacións,... Un montón de actividades coas que pasamos un momento divertido, de creación e aprendizaxe.


domingo, 2 de junio de 2024

Máis "Contos" de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos cos contos feitos polo alumnado de 2º. Hoxe toca escoitar tres minicontos fantásticos e imaxinativos, feitos de xeito cooperativo, escritos e ilustrados por eles mesmos. Son os contos que foron contando a todos polas aulas e hoxe gravaron  na radio. Pronto deixaremos un vídeo testemuña desta actividades. Non deixedes de escoitalos!!

Conto de Alí, José e Lía Oro "El León Bueno"


Conto de Zaira, Daniel e Martín "El dinosaurio y la serpiente"


Conto de Jordi, Vera e Lía González

jueves, 30 de mayo de 2024

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO CON CRISTINA COLLAZO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Gracias a Radio na Biblio tivemos a sorte de contar con Cristina Collazo que estivo co alumnado de 4º facendo unha formación e con todos os mestres do cole. Aprendemos moito dun xeito moi divertido.

A través de distintas dinámicas aprendemos a modular a voz, a prepararnos para un programa de Radio, a improvisar , a transmitir emocións,...

Pasámolo xenial!! 


miércoles, 29 de mayo de 2024

Intercambio de cartas 4º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo do trimestre os vosos compañeiros e compañeiras de 4º estiveron facendo novas amizades a través do correo.

Xa sabemos que hoxe en día todos estades comunicados a través das redes sociais. Sen embargo, non hai moito tempo, empregabamos o lapis e o papel. A través das cartas familias ou amizades intercambiaban a información das súas vidas e agardaban ansiosos a chegada dunha nova carta contando as novas dos seus seres queridos.

Isto fixeron os compañeiros de 4º. Intercambiaron cartas coa rapazada de 4º do CPI Plurilingüe de Vedra. Ao longo do trimestre foron presentándose, como son, que lles gusta, afeccións,... Mandan as súas cartas coidando a súa caligrafía e ortografía, variando os temas a tratar e establecendo conversas moi interesantes. Un impresionante traballo de redacción voluntario e moi motivante en colaboración co CPI Plurilingüe de Vedra ao que saludamos dende aquí e invitaremos pronto para coñecernos en persoa.




Os petos de Loreto

Ola amiguiños e amiguiñas!! Durante a pasada semana aprendemos que hai moitos xeitos de contar un conto. Grazas ao robotiño "True true" puidemos gozar do conto Os petos de Loreto e descubrir todo o que Loreto gardaba nos bolsillos do seu abrigo. Todos e todas pasamos pola biblioteca e xogamos e pasamos un bo rato con este conto e "True true".


miércoles, 22 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana das Letras Galegas". Este ano a homenaxeada foi Luísa Villalta.
No cole, coma cada ano, unha nova imaxe da homenaxeada polas Letras Galegas loce na fachada do patio de infantil, a cartelería sobre a vida da autora está exposta "coa nosa propia performance" diante de secretaría, houbo un pequeno festival onde foron sucedéndose as diferentes actividades dende un achegamento a vida de Luísa Villata ata un baile. Pasando por algunha canción e información. Se queredes ver un resumo de todo picade na imaxe. 



O alumnado de 6º de infantil tamén quixo achegarse á figura de Luísa Villalta e despois de investigar moito fixéronnos un vídeo onde nos contaron moitas cousiñas da vida de Luísa. Esta é a Biografía de Luísa que fixeron para nós.



A nosa Performance en cartelería

OBRADOIRO DE CÓMIC

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves o alumnado de 3º e 5º pasou o día con Jon González ilustrador e debuxante. Fai traballos de pintura e do mundo do cómic. Versiona as súas series favoritaa e crea os seus propios personaxes, fai ilustracións personalizadas e traballa tanto en papel coma en dixital.

Afirma que lle encanta debuxar con lapis e rotulador e así llo transmitiu aos vosos compañeiros e compañeiras nestas sesións de creación de cómics.

Grazas a faceta deste autor ilustrador e a Biblioteca Creativa os vosos compañeiros pasaron unha xornada inesquecible.

viernes, 17 de mayo de 2024

ENTREVISTA A LUÍSA VILLALTA

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º leva moito tempo invetigando e aprendendo moitas cousas sobre Luísa Villalta. Muller creadora e intrépida loitadora pola cultura e os dereitos das mulleres. 
Con todo o aprendido fixeron unha entrevista ficticia a Luísa Villalta. Un pequeno guiño, onde a través das preguntas imaxinaron as respostas que daría a nosa homenaxeada.
Así fixeron un programa de radio que aquí deixamos para todos e todas. Este programa máis curto e simplificado foi presentado ao VI Concurso de Podcast-Radio na Biblio.
Nesta ocasión non gañamos... Pero o programa está xenial e nós temos toda a vida para seguir intentando gañar o premio.
Parabéns 4º de primaria e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

miércoles, 15 de mayo de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER 4

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Uxía, Antía, Yeray e Emilia coa axuda de Izan e Cova subiron á emisora para felicitar a todos e todasaos que naceron nos meses de marzo, abril e maio, ademais de aproveitar para contar todo o que no cole está a pasar.

O "Conto" de Clara, Gabriel e Hugo de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha das cousas coas que eu, Garabullo, gozo? É ollándovos na biblioteca collendo contos, xogando, debuxando, facendo chapas, investigando... En definitiva dádolle vida ao meuespazo preferido: A biblioteca!! Pero cando sodes vós, os nenos os que creades cousiñas aínda estou máis feliz e orgulloso.

A pasada semana os nenos e nenas de 2º pediron ir á radio para gravar contos e receitas creadas por eles. Fun a mascota da biblioteca máis feliz que poidades imaxinar e aquí tedes un dos contos. O conto de Blue escrito e lido por Clara, Hugo e Gabriel de 2º.


BATIDO DE PLÁTANO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión quen se achegou aos estudos de Radio Garabullo foi Daniel de 2º para aconsellarnos unha merenda saúdable e moi fácil de facer. Ademais penso que estará boísima. Escoitade!!

viernes, 10 de mayo de 2024

CHARLA CON ÉRICA ESMORÍS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha cousa? Cando os mestres e mestras do cole traen a alguén para falar con vós e contarvos cousas sobre o seu traballo, sexa ilustrador, escritora ou investigadora... Sempre teñen medo de que algo falle, de que non vos guste ou de que vos aburra. Aínda así arriscan e pasan cousas e momentos tan bonitos coma o do pasado 9 de maio con Érica Esmorís.

Érica Esmorís é unha grande escritora que conduce unha furgoneta e a que lle encantan os animais. Se non fose escritora traballaría de veterinaria. É unha muller moi alta e cos cabelos longos. Fala despacio e claro e dende que empezou a súa conversa con 3º e 4º enganchounos de tal xeito que cando rematou a súa charla e marchou.... Todos os nenos e nenas de 3º e 4º  voltaron a coller os libros en préstamo desta muller máxica que desprende creatividade por todos os lados.

Nesta ocasión falamos de Patio de luces e de  Nena e o mar.

Patio de luces, XI Premio de Narrativa Infantil Cidade de Málaga 

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e vai ao patio para observar a roupa dos tendais e fantasiar con como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?

Nena e o mar Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Puerto Ballena es una villa marinera en la que todos sus habitantes perdieron la esperanza. Solo Otto, el último hombre joven de la villa, sigue saliendo al mar a diario mientras deja a Nena, su hija y huérfana de madre, al cuidado de los habitantes de la villa acantilada. Pero un día Otto no regresa. Nena luchará contra la desidia y el cansancio de los viejos habitantes y, con toda la fuerza de voluntad, el empeño y la valentía que le coge en su cuerpo menudo, emprenderá, en un pequeño bote, una aventura temeraria y fantástica para rescatar a su padre.


ENTREVISTA A ÉRICA ESMORÍS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º representado por Izan, Martín e Uxía decidiron facerlle unha entrevista a Érica Esmoría aproveitando unha visita ao centro.

Gañadora do Premio cidade de Málaga polo libro "Patio de Luces", libro que está a ler o alumnado de 3º. e Premio Merlín 2025, pola novela "Nena e o mar" que están a ler os nenos e nenas de 4º.

Foi unha charla moi amena e divertida onde Érica abriuse aos nosos reporteiros e contoullo moitas cousas dos seus libros e dos seus futuros proxectos.

 

DÍA DE EUROPA polo alumnado de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes celebrarmos o "Día de Europa". A data clave é o 9 de maio xa que celebramos a Paz e a unidade en Europa. O alumnado de 6º escolleu esta data como eixo central das súas investigacións. Ao longo de todo o curso foron vendo como os distintos países que formamos Europa conservan a súa identidade a través da súa cultura, costumes, tradicións... Fixeron unha fermosa exposición na entrada do cole que non podedes deixar de visitar.

Entre tanto déixovos aquí un vídeo resumo do seu traballo.


miércoles, 8 de mayo de 2024

APRENDER A SALVAR VIDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 7 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a sorte de participar nunha charla moi interesante: "Aprender a Salvar Vidas"

Ao longo das dúas horas que durou, o alumnado foi aprendendo cousas moi básicas e importantes relacionadas cos primeiros auxilios, entre elas a importancia das siglas PAS (Protexer, Avisar, Socorrer) e de chamar ao 112.

Vós saberíades atopar na biblioteca algún manual relacionado cos Primeiros Auxilios?

Rétovos a atopalo e mentres non deixedes de ver este vídeo que sempre pode axudar en caso de necesidade.

Coreografía de CRUEL FILOSOFÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos á volta da esquina o "Día das Letras Galegas". Este ano está dedicado a Luísa Villalta. Para homenaxeala decidimos facer unha coreografía do seu poema "Cruel Filosofía" interpretado pola "Banda da Loba e Tomé Mouriño".

Algunhas compañeiras de 3º foron as encargadas de inventala e deixáronnos este vídeo para que a aprendamos.

Estades preparados para bailar?

Luísa Villalta polo Seminario Galán

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano o Seminario Galán e Primavera das letras fan unha selección de xogos, actividades e textos para axudarnos a coñecer mellor á persoa homenaxeada polas Letras Galegas. Podedes acceder a Seminario Galán picando aquí ou A Primavera das Letras picando aquí.

Nós coma cada ano facemos unha selección de actividades que deixamos aquí no blog para que sexa moito máis accesible e para que aprendamos moito. Xogamos?

O XOGO DOS BIRLOS


O XOGO DA MEMORIA


EN DEZ PREGUNTAS:


AS CHAVES DO TEMPO:


O XOGO DO RODICIO:


O XOGO DOS DARDOS:


AS PORTAS DE LUÍSA:


QUE SABES DE LUÍSA VILLALTA?:


BIOGRAFÍA DE LUÍSA:


COÑECES A LUÍSA VILLALTA?:







viernes, 3 de mayo de 2024

E OS LIBROS ALIMENTAN...

Ola amiguiños e amiguiñas!! Despois dunha semana de libros e intercambios solidarios de contos por alimentos non perecedeiros, conseguimos unha boa cantidade de alimentos, que foron doados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Así foi recollido nos xornais deste venres e así de guapos saídes. Picade na foto se queredes ler a nova.

FARO DE VIGO


LA VOZ DE GALICIA






XORNADA EN FAMILIA para conmemorar o Día do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 24 de abril tivemos unha xornada de portas abertas ás Familias. Recomendacións lectoras, falar dos nosos contos favoritos e dos seus personaxes e facer chapas para facer deste día unha xornada inesquecible. Aquí tedes un resumo!!


jueves, 2 de mayo de 2024

CONVIVIMOS! 2 de maio de 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o 2 de maio, o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".
Neste  curso escolar, o alumnado de 2º de primaria fai fincapé nesta data promovendo pautas para unha boa convivencia e para evitar situacións non favorecedoras. Amósanlle a todo o colexio un decálogo a ter en conta e tamén unha pequena historia coa que reflexionar: "A historia de punto"
Botádelle un ollo!!

miércoles, 1 de mayo de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano celebramos o "Día do Libro" con Apadriñamentos Lectores. Lecturas que pequenos e non tan pequenos compartides lecturas e momentos de imaxinación, lectura e aventura.

É un ratiño moi especial para todos e así o demostrades. Ollade!!

lunes, 29 de abril de 2024

LIBROS QUE ALIMENTAN 2024

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo da pasada semana celebramos a Semana do Libro. Houbo moitas actividades dende recomendacións de libros ata apadriñamentos lectores. Unha das que fixemos todos os recreos da semana foi o intercambio de alimentos non perecederos por libros froito do expurgo. Conseguimos moitos alimentos que pronto serán entregados ao Concello para repartir entre as familias que o precisen. Tamén fixemos un photocall onde posábades co voso novo conto así de guapos e guapas.

LECTURA E FAMILIA con Mariela

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O mércores 24, os nenos e nenas de infantil celebraron a Semana do Libro con Mariela, a nai de Martina Blanco. Achegous a nosa biblioteca a contarlles un conto moi divertido e moi bonito: Por catro esquiniñas de nada. A verdade que estivo moi entretido e o pasamos moi ben. Queredes escoitalo?

domingo, 28 de abril de 2024

As Recomendacións Lectoras da Semana do Libro 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana do Libro e que mellor xeito que facendo recomendacións lectoras. Ao longo da semana moitos dos vosos compañeiros e compañeiras pasaron pola biblioteca durante os recreos para falar das súas lecturas favoritas. En tres pequenos vídeos poderedes ver recomendacións de todo tipo. Dádelle ao "play" e gozade con estes consellos.






lunes, 22 de abril de 2024

XOGOS NO PATIO

 

Ola amiguiños e amiguiñas!! A biblioteca está presente en todas as facetas do cole. Non só nos momentos de estudo, tamén nos de lecer. Incluso para aprender a xogar e obter propostas de xogos para os tempos de recreo. Hoxe que os nenos e nenas de 3º organizan os xogos do patio, a biblioteca recoméndalles o libro Chirlosmirlos de Antón Cortizas e ilustrado por Cuchi Souto.

Chirlosmirlos é unha enciclopedia de xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado ao longo de varios anos. Reúne máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e propostas de adaptación ou renovación nalgúns dos casos. 

Tédelo na Biblioteca para dinamizar máis e mellor o voso tempo de lecer.

jueves, 18 de abril de 2024

LIBROS PARA O DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chega a Semana do Libro. As recomendacións lectoras chegarán da vosa man pero... aquí deixamos uns libros novos e suxerentes para as vosas lecturas. Dádenos a vosa opinión.



lunes, 8 de abril de 2024

4º AXUDA A CATALOGAR

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º comezou hoxe unha aventura. Na biblioteca había uns libros de Érica Esmorís para completar o itinerario lector de 3º e 4º para este trimestre. Decidiron axudarnos a catalogar. Pediron poder ter unha charla coa escritora e chegar a ter todos unha charla con ela. Chegaremos a conseguilo?


Os libros son: 

Patio de luces, unha obra que promete humor, emoción e aventura, onde o extraordinario habita nun edificio de cinco andares. As fermosas ilustracións son de Juan Berrio

Nena e o mar ilustrado por Dani Padrón.
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada.

martes, 2 de abril de 2024

EXPERIMENTOS COA AUGA por 6º de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe vimos a falar dunha fermosa experiencia que estiveron a facer os nenos e nenas de 6º de infantil durante o 2º trimestre. 

Estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon.

Este proxecto rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa elaboración dun LapBook para cada un dos nenos e nenas cun resumo de todo o aprendido.

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 1 de abril celebramos o "Día das Artes Galegas".

O Día das Artes Galegas foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.

A Academia escolle cada ano un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano o homenaxeado foi Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega e da escultura no século XX. Autor de esculturas en madeira policromada como A Santa ou San Francisco, coa que  gaña a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid; ou os monumentos a Ramón Aller e a Xoaquín Loriga en Lalín.

Os compañeiros e compañeiras fixeron unha exposición para falarnos da súa vida e da súa obra, pero non quixeron rematar o seu traballo, sen probar as súas posibilidades creativas, e facer as súas propias creacións.




viernes, 15 de marzo de 2024

Booktrailer de 5º. Soños de fútbol en Bangui

 Ola amiguiños e amiguiñas!! OS itininerarios lectores están a facerse en todas as aulas. Todos compartimos unha mesma lectura e comentámola cos compañeiros de aula. Os compañeiros e compañeiras de 5º quixeron facer un pequeno trailer do libro que acaban de rematar. Con isto pretenden que saibades de que vai o conto e vos animades a lelo. 

Este é o Booktrailer de Soños de fútbol en Bangui de Yves Pinguilly, publicado na editorial Galaxia.


jueves, 14 de marzo de 2024

INFANTIL NA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma cada semana os nenos e nenas de infantil pasan os mércores pola biblioteca. Coas súas bolsiñas azuis deciden os contos que queren levar e que despois se recomendan entre eles para que leven os compañeiros e compañeiras. Mirade como escollen e que contentos van!!



miércoles, 13 de marzo de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Izan, Mathías, Martín e Andrés subiron á emisora para felicitar a todos os que naceron nos meses de xaneiro e febreiro ademais de contar as novas do cole.



LECTURA E FAMILIA con Raquel

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita. Raquel, a nai de Martina Bahamonde de 4º de infantil, veu a contarnos o conto de Cocorico. Encantounos!! E ademais trouxo un agasallo. Un conto para cada un!!


lunes, 11 de marzo de 2024

Superavoa

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 7 de marzo o alumnado de infantil e 1º ciclo tivo unha visita: David Rodríguez.

David é escritor, ilustrador, músico e contacontos. Aproveitou a súa visita para contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras o conto Superavoa, escrito e ilustrado por el. Unha fermosa historia dunha avoa, que podería se a nosa, capaz de facer mil cousas, e todas a un tempo, coma se tivesen poderes máxicos. As avoas son supermulleres, son as nosas superavoas.

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024: Francisco Asorey

Ola amiguiños e amiguiñas! O vindeiro 1 de abril celebraremos o Día das Artes Galegas. Este día foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.

Cada ano a Academia escollerá un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano está dedicado a Francisco Asorey e para que vaiades aprendendo algunha cousiña déixovos este xogo feito pola colaboración de moitos coles. 



domingo, 10 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de infantil saben moi ben o que é un xornal e así nolo explican. Incluso lanzan algunha nova relacionada co tempo e coas novas do cole. Non volo podedes perder!! Temos uns auténticos reporteiros!!

sábado, 9 de marzo de 2024

COMETAS LITERARIAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o 8 de marzo e na Biblioteca estivemos cociñando unha actividade pola igualdade. Nenos e nenas, pais e nais unidos nun mesmo obxectivo crear "Cometas Literarias" para facer voar con elas os nosos desexos de Igualdade. 

viernes, 8 de marzo de 2024

8M e os Escornabots

Ola amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 5º estivo na biblioteca traballando na procura dunha proposta de traballo para conmemorar o 8M. Despois de buscar nos libros e nos ordenadores e aproveitando os recursos que ofrece a biblioteca creativa decidiron facer un xogo empregando os Escornabots. Se queredes probar pasade pola biblioteca!! Picade na imaxe e veredes o seu traballo!!



Libros polo 8 de MARZO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o Día Internacional da Muller. De distintos xeitos imos abordando esta data nas nosas aulas. A lectura é unha forma de chegar a calquera temática, este ano as Axudantas da biblioteca de 6º pediron seleccionar e facer unha mostra de lecturas de Igualdade para todos nós. E este é a súa proposta e unha representación das que nesta actividade participaron. 



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Ola amguiños e amiguiñas! Estamos na SEMANA DA PRENSA!! Ao longo desta semana haberá distintas actividades cun xornal por medio. Polo de pronto o alumnado de 3º e 4º invitou a dous periodistas do Faro de Vigo, a Xan Salgueiro (redactor) e a Javier Lalín (fotógrafo) para facerlles unha entrevistas. Eles sacáronnos na prensa e nós fixemos unha páxina de xornal dedicada a eles. Se picades na imaxe podedes ver a nova no Faro de Vigo.



martes, 5 de marzo de 2024

PLANTACIÓN DE PENSAMENTOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes o pasado 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" e coma cada ano decidimos plantar pensamentos, flor preferida da poetisa, na súa honra. Hoxe están decorando as fiestras da nosa biblioteca.

Plantación Infantil:

Plantación 1º de Primaria:

Plantación 2º de Primaria:

Plantación 3º de Primaria:

Plantación 4º de Primaria:

Plantación 5º de Primaria:

Plantación 6º de Primaria:

lunes, 4 de marzo de 2024

Recuperar a Casa do Conserxe

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Unha das actividades que propoñemos co proxecto Retallos. era a recuperación da Casa do Conserxe coma un multi-espazo para o cole, onde puideramos gardar xogos, material do horto, espazo acolledor de psicomotricidade ou incluso para as actividades extraescolares. O alumnado de 3º e 4º investigou necesidades, buscou con quen falar e transmitiu o seu desexo de falar coa Alcaldesa. Finalmente conseguiron transmitir o seu desexo de convertir a Casa do Conserxe nun espazo útil para o cole e mesmo para o pobo de Bandeira e para o Concello de Silleda como espazo para os campamentos de verán ou extraescolares para a ANPa.

Da Alcaldesa e da concexala Ángela obtiveron a promesa de facer un proxecto para solicitar unha subvención que se adapta a esta promesa. Cruzade os dedos a ver se o conseguimos.



martes, 27 de febrero de 2024

DIA DE ROSALIA 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado venres, 23 de febreiro, celebramos o "Día de Rosalía". Nas aulas aprendemos moitas cousas desta poetisa tan marabillosa. Decidimos homenaxeala lembrando aspectos importantes e curiosos da súa vida, recitando, cantando, bailando os seus poemas e incluso lanzando algunha arenga lembrando a importancia e o valor da poeta de Padrón. .
Queredes volver a velo?

jueves, 22 de febrero de 2024

UNIDADE DIDÁCTICA DÍA DE ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o "Día de Rosalía". Un día especial que celebraremos no cole cunha homenaxe a nosa poetisa. Recitaremos e cantaremos os seus versos máis coñecidos, plantaremos pensamentos, coma cada ano, para honrala e decorar as fiestras da nosa biblioteca e aprenderemos moitas cousas de Rosalía para entender mellor a importancia dunha das galegas máis famosas do mundo.

Este ano a proposta de aprendizaxe ven da man dunha colaboración entre o noso cole e o "CEIP Ramón Otero Pedrayo" de Amoeiro. Queredes aprender máis cousas de Rosalía ? Pois adiante!!



miércoles, 21 de febrero de 2024

VISITA DOS BALDRÉUS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Gustáronvos os "Baldréus" ? Foi unha visita moi emocionante... Gozamos moito correndo diante das súas vasoiras, mais un pouco de medo tamén pasamos.

Os compañeiros e compañeiras de 6º fixeron un estupendo traballo de presentación, e xa foron introducindo a estas figuras que, dende o pasado ano, forman parte do Entroido de Silleda. Os Baldréus chegaron coas súas chocas, enchendo de festa e ruído o pavillón, e fixeron que corréramos e pasáramolo moi ben. Finalizaron contándonos as curiosidades da súa vestimenta e tamén de dúas novas figuras, dúas novas máscaras inspiradas non só no riquísimo románico trasdezao, senón tamén na natureza que rodea aos templos. 

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Familias e escola traballamos da man para conseguir medrar todos xuntos en positivo. Hoxe na Biblioteca tivemos unhas charlas do Plan Director sobre Violencia de Xénero e Igualdade que tiveron moi boa acollida.









ALTO DOS XENERAIS INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes, todos os anos, temos a sorte de ser os primeiros en poder gozar do "Alto dos Xenerais Infantil". Un alto protagonizado por alumnos e alumnas desta escola. É moi divertido ver como empregan as arengas para facer broma de todo o que rodea a vida da escola e de Bandeira. Coma sempre o deixamos por aquí para que poidades volver a velo.
Tamén queremos aproveitar para darlle as grazas a todos e todas os que están implicados nesta actividade e fan que ano tras ano poidamos disfrutala. Grazas.

domingo, 18 de febrero de 2024

LECTURA E FAMILIA

Ola amiguiños e amiguiñas! Unha vez máis estamos aquí para agradecer ás familias as súas visitas as aulas para contar contos de amizade e paz. Tamén para compartir coas aulas dos pequenos lecturas, parladoiros e xogos relacionados con todo aquelo que dominan. Así ao longo destes meses tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca a :

Fátima a nai de Martín de 2º. contoulles o conto Un huevo muy bueno de Jory John. unha historia divertida e encantadora para lembrar a importancia e o coidado de cada un de nós e a aceptación dos que queremos.

Tamén estivo por aquí Bea a nai de Eloi de 6º. Falaron do Entroido e mantiveron un parladoiro dos perigos que esconden as redes sociais.


Outra visita que nos gustou moito foi a de Iago, primo de Noela de 5º. Achegouse a nosa radio para falarnos dunha das súas aficións e case traballo: O Balonmán. fixémoslle unha entrevista en Radio Garabullo e despois recibiron unha sesión de entrenamento.

A nosa última visita. ata o de agora, foi Yolanda a nai de Laura de 1º de primaria e de Lucía de 3 anos. compartiu con todo o alumnado de infantil e 1º La gran fábrica de las palabras  de Agnes de Lestrade e de Valeria Docampo da editora Tramuntana. Unha lectura de amor e amizade que nos engachou ata o último momento.