A capacidade que tedes nas vosas mans de crear é inmensa. Non deixedes de inténtalo. Así fixeron Carme e Luisa, colleron Catavento de María Victoria Moreno e compuxeron unha canción. Letra, música, rtimo,... Unha fermosa canción para homenaxear á gran escritora a quen lle dedicamos as Letras Galegas.
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2018. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de junio de 2018
jueves, 10 de mayo de 2018
María Victoria Moreno para 5º e 6º

Rematamos coa biografía e actividades aportadas polo Seminario Galán para coñecer máis a figura de María Victoria Moreno. Con esta publicación para 5º e 6º comezamos a celebrar "As Letras Galegas". Mañá teremos a nosa "Romaría das Letras Galegas" e xa dende hoxe a figura de María Victoria Moreno Luce na fachada principal da nosa escola xunto cos xa homenaxeados Carlos Casares e Manuel María.Gozade da nosa festa e aprendede moito da nosa escritora e amante da nosa lingua.
miércoles, 9 de mayo de 2018
María Victoria Moreno para 3º e 4º
Hoxe son os de 3º e 4º os que poden achegarse á biografía e obras de María Victoria, unha vez máis, grazas ás propostas do Seminario Galán.
María Victoria Moreno para 1º e 2º
Seguindo coas propostas do Seminario Galán, deixamos a biografía de María Victoria Moreno para 1º e 2º, así coma recursos para achegarnos un pouquiño mellor a súa obra.
Picade nas imaxes.
Picade nas imaxes.
lunes, 7 de mayo de 2018
María Victoria Moreno para infantil
Grazas ao Seminario Galán podémonos achegar á figura de María Victoria Moreno dende todas as aulas.
Aquí queda una proposta para infantil. Premede na imaxe.
Aquí queda una proposta para infantil. Premede na imaxe.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos no cole cos preparativos para celebrar as Letras Galegas.
Coma todos os anos teremos a Romaría cargada de tradición, xogos, e moitas sorpresas.
Non esquezades achegarvos á obra de María Victoria Moreno. Este escritora que homenaxeamos este ano é un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura sempre comprometida coa nosa lingua e a nosa cultura.
domingo, 18 de marzo de 2018
LEONARDO E OS FONTANEIROS
O pasado 16 de marzo o alumnado de entre 5º e 2º da ESO dos centros do Concello de Silleda fomos invitados para ver unha representación da obra "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno. Agasalláronnos cun libro para cada un dos participantes. Así puidemos achegarnos, un pouco máis,a esta escritora cacereña de literatura infantil e xuvenil en lingua galega a quen se lle dedican este ano as letras galegas.Encantounos a obra e dende aquí agradecemos ao concello a súa invitación e o libro que nos regalaron.
Etiquetas:
Día das Letras Galegas 2018,
Leonardo e os fontaneiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











