Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Canto traballo... Nestes días as rapazas e os rapaces de 6º fixeron un traballo estupendo. Queren loitar contra a violencia de xénero. Do mesmo xeito pretenden axudar aos máis pequechos a entender que é a violencia de xénero e aos máis grandes a pensar neste importante tema que fai sufrir a tanta xente....
Vendo este video podedes entendelo mellor. Agardo que vos guste. É un fantástico traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
lunes, 26 de noviembre de 2012
lunes, 19 de noviembre de 2012
Ola amiguiños e amiguiñas:
Aquí tedes un resumo da semana pasada
Magosto con trompos e xogos con castañas fixeron da celebración do día do peón e do magosto unha mañá divertida e inesquencible. Aquí deixamos unha pequena lembranza.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Etiquetas:
Día do Peón 2012,
Magosto 2012,
San Martiño
domingo, 18 de noviembre de 2012
QUE É A TOLERANCIA?
Ola amiguiños e
amiguiñas.
Xa sabedes que é a tolerancia?
Hai unha semana apareceu un cartel no que vos preguntaba polo significado tan raro desa palabra.
Ao longo desta semana fomos vendo como esa mesa se enchía con libros e historias que nos axudaban a saber que era A TOLERANCIA. Tanto na biblioteca coma nas aulas púidose ver a lectura de O cazo de Lorenzo (aperta enriba do nome do conto e poderás volver a vela).
Ao final coa vosa axuda conseguimos a definición de tolerancia.
Aquí quedan recollidos os vosos traballos. Un traballo fermoso realizado dende cada aula para que hoxe 16 de novembro poidamos celebrar e entender o significado do DÍA INTERNACIONAL POLA TOLERANCIA.
Grazas pola vosa axuda.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

16-11-2012 Día da Tolerancia,
Celebracións
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Visita a Silleda. Galicia conservando a natureza
Ola amiguiños e amiguiñas. O pasado 5 de Outubro os rapaces e rapazas de 6º foron a unha actividade a Silleda. Era unha actividade que pretendía facer pensar aos nenos e nenas na importancia da conservación da natureza.
Algúns dos rapaces e rapazas de 6º fixeron unha pequena reportaxe que aquí deixan recollida para todos vós e para a nosa biblioteca.
Agardo que vos faga pensar, que gocedes dela e aprendades moito.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Create your own newsletter design |
viernes, 9 de noviembre de 2012
Conxuros do Samaín
Ola amiguiños e amiguiñas.
Aquí deixo uns conxuros moi divertidos.
A ver se os coñecedes. Eu divertinme moito facendo este conto para todos vos.
Agora a diversión corre da vosa man.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
CONCURSO DE CABAZAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa remataron os festexos do Samaín. Foron moitas as actividades que se propuxeron. Unha delas moi divertida foi O concurso das Cabazas.
Todas tiñan que ter relación co tema de traballo da Biblioteca: O HOME
Foron moitas as cabazas que chegaron o luns 29. Un fermoso traballo feito por todos vós cos vosos papás. Eran moitas as que merecían o premio pero so catro (unha por cada ciclo foron as gañadoras).
Queredes lembrar as gañadoras? Aquí deixo algunhas fotos do meu álbum personal dese día.
Na primeira vedes como eu tamén fun unha cabaza, hai outra na que se lee HOME (centro de traballo deste ano da Biblioteca) na outra vense algúns dos vosos traballos.
Nesta outra foto pódedes ver:
Agardo que vos gusten!!!

AS CABAZAS GAÑADORAS
Agardo que vos gusten!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
martes, 6 de noviembre de 2012
CHEGOU E PASOU O SAMAÍN
Ola amiguiños e amiguiñas.
Menuda semana deixamos atrás. Xornadas de meigas, de trasnos, de contos de medo, de cabazas...
Foi unha semana chea de emocións e diversión na que nos achegamos a unha tradición da que xa non nos lembrabamos.
Houbo moitas actividades e todas divertidas
Nestes días poderedes ver na páxina do cole e no blog todo o que fixemos no Samaín: Os contos que lemos, o concurso de cabazas, a aula do medo, os conxuros vosos...
Un Samaín cheo de actividades que rematou co conxuro da vella para espantar á meiga tola que revolucionou toda a escola.
Non deixedes de visitarme
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Menuda semana deixamos atrás. Xornadas de meigas, de trasnos, de contos de medo, de cabazas...
Todo comezou cando estas meigas feas apareceron na entrada da escola.
Cos seus conxuros trouxeron contos de medo.
Para espantala decoramos a aula do medo e as cabazas. Escoitamos contos terroríficos, divertidos... contados polos compañeiros de 2º, 5º e 6º.
Foi unha semana chea de emocións e diversión na que nos achegamos a unha tradición da que xa non nos lembrabamos.
Houbo moitas actividades e todas divertidas
Nestes días poderedes ver na páxina do cole e no blog todo o que fixemos no Samaín: Os contos que lemos, o concurso de cabazas, a aula do medo, os conxuros vosos...
Un Samaín cheo de actividades que rematou co conxuro da vella para espantar á meiga tola que revolucionou toda a escola.
Non deixedes de visitarme
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)