Menuda semana deixamos atrás. Xornadas de meigas, de trasnos, de contos de medo, de cabazas...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEizLF_R1_94Oiz7TLA-QYJbr-4LSZYzuZNC5DIZ4eABY4dNMu_DpCwFhaYJrjGsnyxDa43wicpvdl52ApHHKqjbHRsF0I_cK7lsTrdGo4kZWI3LBOWSi7DGOBWFacz_h6zN3wOcC5bM0mmB/s320/Meiga+fraca.jpg)
Todo comezou cando estas meigas feas apareceron na entrada da escola.
Cos seus conxuros trouxeron contos de medo.
Para espantala decoramos a aula do medo e as cabazas. Escoitamos contos terroríficos, divertidos... contados polos compañeiros de 2º, 5º e 6º.
Foi unha semana chea de emocións e diversión na que nos achegamos a unha tradición da que xa non nos lembrabamos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiPif9k9yhHLrTLsXVwZ0uSXNbxdV9ULMZTNuGE9tbWcdFwoGDRIgIItOb1CEnBYRsLameodKgDDVKN5Ua4xQqUPX62gyyTZTRENcoRFIsmSACCWODqN7l9UvUTr84IBAUiDkL9jQ0HCkg4/s320/Meiga+gorda.jpg)
Nestes días poderedes ver na páxina do cole e no blog todo o que fixemos no Samaín: Os contos que lemos, o concurso de cabazas, a aula do medo, os conxuros vosos...
Un Samaín cheo de actividades que rematou co conxuro da vella para espantar á meiga tola que revolucionou toda a escola.
Non deixedes de visitarme
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario