Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma sabedes o pasado 2 de maio foi o "Día Internacional contra o Acoso Escolar".
Durante este mes a clase de terceiro estivo traballando sobre esta temática e buscando ideas para loitar todos xuntos contra o bullying.
Un gran proxecto foi transformar un espazo do cole nun lugar para relaxarse, desafogarse, charlar, divertirse... este é o recuncho riquiño! Entre todo o cole estaremos atentos a se algún compañeiro ou compañeira acode ao lugar e precisa axuda.
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana contamos coa visita de Paola Guimeráns que, grazas a Bibliotecas Creativas, estivo no noso centro fancendo obradoiros co alumnado de infantil, 2º e 3º de primaria.
En terceiro empezaron cosendo con fío condutor para crear distintos bonecos, personaxes de historias inventadas. En segundo empregando scratch para programar e en infantil crearon contos coas placas makey makey e con plastilina condutora. Os máis pequenos achegáronse ao mundo da arte.
No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do que aprendemos e vivimos.
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 19 de maio celebramos o "Festival das Letras Galegas". Escollemos A cantiga tradicional coma tema para homenaxear a Francisco Fernández del Riego tendo en conta o moito que lle gustaban.
Pero gardamos unha pequena sorpresa para comezar o Festival. O alumnado de 4º fixo unha representación de "Garabullando" . A modo de "Concurso Radiofónico" foron interpretando unha situación moi divertida de xogo onde dous equipos concursaban para gañar o máximo número de Garabullos, amosando todo o seu coñecemento sobre as Letras Galegas e o seu homenaxeado.
E despois deste programa tan instructivo, divertido e cheo de curiosidades chegou o momento das Cantigas Tradicionais... Pero non só sabedes cantar!! Tamén bailades e tocades. Aceptades calquera reto. Sodes marabillosos!! Queredes ver coma o fixechedes? Aí van o vídeos:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos a Semana das Letras Galegas con actividades na aula aprendendo cousas sobre Francisco Fernádez del Riego e celebrando a nosa "Festa das Letras" cun pequeno festival.
Os compañeiros e compañeiras de 4º empezaron facendo un pequeno podcast sobre a figura de Francisco Fernández del Riego. A través dun concurso de preguntas e respostas foron achegándonos moita información deste grande personaxe ao que este ano lle dedicamos as Letras Galegas. Con este podcast participaron no "V concurso de podcasts-Radio na biblio" e aínda que non gañaron estamos moi satisfeitos e orgullosos deste traballo. Aquí deixamos o concurso que gravaron na Radio para que escoitedes e aprendades moito de Francisco Fernández del Riego.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes a radio esixe de determinadas habilidades físicas, emocionais, mentais... Non somos capaces de velo ata que poñemos os cascos e queremos gravar un podcast.
Ao longo de varias sesións os vosos compañeiros e compañeiras de 4º tiveron a sorte de participar nun "Obradoiro de Radio" da man de Cristina Collazo. Ensinoulles a importancia de coidar e quentar a voz, de preparar o corpo e de estar fisicamente ben preparados para empezar a gravar. Pero tamén amosoulles a importancia da respiración e de modular a voz, de ser rápidos mentalmente, de ser activos, de coñecer as emocións e ser quen de amosalas en distintas situacións, o valor da creatividade e da improvisación.
Foron sesións moi divertidas e nas que aprenderon moitísimo. Queredes ver o ben que o pasaron? Ollade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron unha charla moi interesante. FEGADACEA Federación Galega de Dano Cerebral. Esta asociación persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares.
Grazas a Andrea que nos trouxo o conto dos Bolechas : "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido", os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria foron aprendendo cousas máis que interesantes sobre este tema. Xa tedes o conto na biblioteca para revisar e ver as cousas tan interesantes que os vosos compañeiros aprenderon.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Natureza é un poema de Gloria Fuertes que escolleron Cova, Antía, Gaia e Mariña de 3º para levar á radio.
Para Radio Garabullo vai a ser o poema de referencia e orgullo xa que as vosas compañeiras aproveitaron os recreos para facer a escaleta nos ordenadores da biblioteca; e despois foron soas á radio a facer o programa para todos.
Tamén queremos destacar que estamos a falar dun poema moi fermoso que está moi unido ao noso proxecto da Biblioteca "NATURARTE". Unimos a arte de recitar coa temática do proxecto e temos o recitado que as vosas compañeiras fixeron de Naturaleza.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis achégase o "Día das Letras Galegas" e se queredes aprender moitas cousas máis sobre Francisco Fernández del Riego podedes achegarvos a páxina creada pola Real Academia Galega para nós os nenos. "A primavera das letras"
Se queredes saber o que contan do noso homenaxeado premede na imaxe:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos en maio e na rede paseniño, paseniño están a colgar actividades relacionadas coas Letras Galegas. Este ano están dedicadas a Francisco Fernández del Riego, un dos impulsores desta festa das nosas letras.
Dende o Seminario Galán sempre se fan propostas moi divertidas e didácticas para aprender cousas moi interesantes dos homenaxeados, para facilitarvos a busca das actividades aquí deixamos algunhas colgadas. Agardo que xoguedes moito e aprendades máis (premede nas imaxes).
Para comezar o Vídeo da vida e obra de don Francisco e despois actividades de Genially. Grazas Seminario Galán!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes o pasado 7 de abril celebrouse o "Día Mundial da Saúde" un tema que tiñan que preparar os nenos e nenas de 1º para contarvos a vós cousas moi interesantes de saúde. Pero coma aínda son pequeniños pediron axuda a unha nai que é enfermeira.
O pasado venres tivemos a sorte de contar con Raquel (mamá de Hugo de 1º) e a súa amiga Silvia que son enfermeiras. Contáronnos moitas cousas dende como curar unha ferida, como temos que cargar a mochila ou como sentarnos. Ademais ensináronnos a escoitar o noso corazón, a facer unha RCP básica ou a "Maniobra de Heimlich" para cando atragantamos, pasando por aprender a posición lateral de seguridade... Foi unha xornada marabillosa onde todos e todas aprendemos algo e se o dubidades... Ollade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estivemos falando das actividades do "Día do Libro". De todas as que fixemos, unha das que máis nos gustou foi a de "Libros que alimentan". Cambiar libros froito do expurgo por alimentos non perecederos.
Fixemos unha boa colleita!! Sodes moi bos lectores e moi xenerosos, xa que estes alimentos foron entregados ao Concello para axudar ás familias que o precisaran. Unha vez máis sacamos os LIBROS da biblioteca para darlles novos valores de empatía, solidariedade, respecto, ilusión,...
Ola amiguiños e amiguiñas!! Atrás queda a "Semana do Libro" que coma, cabe esperar, enche de actividade as bibliotecas: Recomendacións lectoras, libros que alimentan, booktubers,... Todas elas encamiñadas a fomentar o gusto e o hábito de ler.
Neste cole traballamos o "Día do Libro" cada día. Gústanos ler, xogar e crear na biblioteca. Neste espazo compartimos moito de nós con outros compañeiros e compañeiras. Cando chega a Semana do Libro facermos algo máis. Sacamos os LIBROS da biblioteca. Aprendemos que as lecturas que son importantes para nós tamén o son para os nosos compañeiros e compañeiras. Aprendemos que os libros poden chegar a alimentar e encher os pratos dalgunha casa que o precise.
Tamén gustamos de compartir momentos de lecer e lectura, e poder volver a facer os "Apadriñamentos lectores" coma faciamos antes da pandemia. Fíxonos moita ilusión volver a encher o patio do recreo de lecturas compartidas entre maiores e pequenos. É unha actividade que sempre nos gustou e voltou para quedar para seguir perdurando no tempo... Unidos pola lectura e lendo porque nos peta.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Fabiana, Sebastián, María e Diego os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro: "Un cruceiro moi pendenciero", un dos libros da colección das Aventuras dos Simpson. Un libro moi divertido e seguro que con moitos enredos. Escoitade o que os nosos compañeiros nos contan.
Premendo na imaxe podedes ver as actividades do PDI: "Facendo Camiño"
Facendo Camiño.
Blog de voz Natura do CEIP Ramón de Valenzuela
Radio Garabullo
BIBLIOTECAS CREATIVAS
Bibliotecas Escolares
Equipo de Normalización da Lingua Galega
Proxecto Meiga
Consulta os libros da nosa biblioteca
Revista Criaturas
Ola amiguiños/as!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos ao espazo... AGARDÁMOSVOS!!!!