Mostrando entradas con la etiqueta Radio na Biblio 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio na Biblio 2025. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de diciembre de 2025

XORNADAS DE RADIO NA BIBLIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte xoves 18 de decembro o alumnado de 5º tivo a sorte de participar nunhas xornadas de "Radio na Biblio" na Cidade da Cultura en Santiago.

A xornada reuniu na Cidade da Cultura a 650 escolares de 5º e 6º de Primaria que participan nas emisoras dos seus respectivos centros. O obxectivo era poñer en valor o traballo de alumnado e profesorado neste eido e destacar o papel da radio como ferramenta formativa.

A xornada estivo presentada por Esther Estévez. Puidemos presenciar a entrevista ao conselleiro de educación Román Rodríguez,  á piragüista Teresa Portela e ao divulgador Miguel Ángel Cajigal, El Barroquista entre outros. Unha das mestras acompañantes foi entrevistada pola cadena COPE.

Despois de merendar todos xuntos e pasar un ratito coa nosa veciña, amiga e artista Cristina Collazo participamos nun obradoiro moi interesante con Charo Pita.

Unha xornada moi interesante que resumimos neste vídeo:


miércoles, 28 de mayo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.

Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.

Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...

Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.