Chega o Nadal e as vacacións. Tempo de ocio e divertimento, tempo de familia e agasallos, tempo de doces e de Reis e como non? Tempo de lectura. Aproveitade para ler e gozar cos contos da nosa biblioteca e para aqueles que queiran un, aquí tedes esta guía de lectura cos mellores LIBROS para pedirlle aos reis.
Hoxe foi un fantástico día onde os maiores e os pequenos compartimos estupendos momentos escribíndolle a carta aos Reis Magos. Ao rematar compartimos un riquísimo chocolate con churros e a xogar ao patio. Que ben ule a chocolate e Nadal!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como sabedes ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron contando contos polas aulas para axudarnos a entender e conmemorar o "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Dende as aulas pouco a pouco fomos recollendo as cousas fermosas que podemos aportar para axudar a quen sexa víctima da violencia de xénero e fixemos o noso MURAL de "Se loitas podes atopar..."
Aquí o resultado do voso traballo... e como non? Os contos que os nenos e nenas de 5º e 6º foron gravando na Biblioteca para todos nós.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Premendo na imaxe podedes ver as actividades do PDI: "Facendo Camiño"
Facendo Camiño.
Blog de voz Natura do CEIP Ramón de Valenzuela
Radio Garabullo
BIBLIOTECAS CREATIVAS
Bibliotecas Escolares
Equipo de Normalización da Lingua Galega
Proxecto Meiga
Consulta os libros da nosa biblioteca
Revista Criaturas
Ola amiguiños/as!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos ao espazo... AGARDÁMOSVOS!!!!