Ola amiguiños e amiguiñas!! Despois das vacacións de Entroido a nosa radio, Radio Garabullo, volveu a emitir en directo para o comedor do cole. Como sempre Esther e Uxía contaron as novas do cole no seu programa semanal "As novas da hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".
viernes, 26 de febrero de 2021
miércoles, 24 de febrero de 2021
TRASDEZA PINTA O CAMIÑO
O Alumnado de 6º curso do noso colexio participou ,este martes, na primeira fase do proxecto Trasdeza Pinta o Camiño. Estudiantes dos distintos centros do municipio participan nesta iniciativa para a promoción e dinamización da ruta Xacobea ao seu paso polo municipio tomando como referencia as artes plásticas.
Non deixedes de pasar pola páxina do cole (picade na foto) para ver toda a información desta actividade tan interesante.
lunes, 22 de febrero de 2021
DESCUBRINDO A ROSALÍA
Ola amiguiños e amiguiñas!! O vindeiro mércores 24 de Febreiro é o "Día de Rosalía". Nestas datas, nas aulas, iremos coñecendo a figura de Rosalía de Castro e a súa obra.
É moita a xente que fai cousas fantásticas e marabillosas que comparte nas redes e das que todos e todas podemos aprender, o xogo que agora vos presentamos atopámolo na rede, e aproveitamos dende aquí para agradecer que tanta xente comparta os seu traballo.
É un recurso fantástico para coñecer a figura de Rosalía. Segundo amosedes o voso coñecemento da nosa homenaxeada iremos avanzando para chegar a nosa meta. Un reto moi interesante e divertido. Animádesvos?
domingo, 21 de febrero de 2021
DIGICRAFT
Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos coas nosas sesións de DIGICRAFT. Coma sempre aprendendo moito de realidade virtual e programación e coma non tamén traballando algo cos scornabots.
Ollade cantas cousas facemos nas nosas sesións.
Os nenos e nenas de 6 a 8 anos participaron en actividades coma "Personaxes de papel"
Outra actividade moi interesante e na que aprenderon moitas cousas de como clasificar os arquivos e as imaxes nos nosos ordenadores e tablets.
Os maiores decantáronse por actividades máis creativas. Estiveron creando os seus propios anuncios:
Foron tamén os maiores os que crearon pequenas historias para aprender moitas cousas relacionadas cos dereitos de imaxe e a propiedade dos contidos que colgamos en internet. Ademáis de divertirnos aprendemos moitas cousas fundamentais relacionadas con estes temas.
jueves, 18 de febrero de 2021
O ENTROIDO NO CAMIÑO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o Entroido e como temos moitas gañas de saír decidimos facer o noso photocall diante da "Catedral de Santiago". Imaxinamos que eramos peregrinos que celebran a súa meta con fermosas fotos e con moita festa...E así seguindo coa nosa imaxinación celebramos o noso propio Entroido na aula. Estabamos todos moi guapos e con moitas gañas de pasalo ben!! Queredes vervos pois dádelle a play!!
lunes, 15 de febrero de 2021
ALTO DOS XENERAIS INFANTIL
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pandemia quere parar os nosos proxectos pero nós somos un pouco cabezóns... Este ano non podíamos celebrar os V Encontros do Entroido pero os compañeiros de 6º non querían deixar o cole sen participar nun "Alto dos Xenerais".
Aproveitando o patio de infantil e que moitas aulas dan a ese patio conseguimos crear un pequeno anfiteatro para poder gozar todos do Alto en primeira liña e mantendo os nosos grupos burbulla. Un xeito orixinal de ver o "Alto dos Xenerais infantil". O seguinte paso un compromiso de todos os participantes no Alto de crear as súas Arengas e preparalas ben preparadas, coma se realmente participáramos no "Alto dos Xenerais da Bandeira" ou nos "V Encontros do Entroido" e tamén o tivemos. Así que fíxose o Alto dos Xenerais Infantil do cole da Bandeira
A verdade que mereceu a pena o traballo feito polo alumnado de 6º e José que cada ano forma un exército de xenerais que paga a pena ver no noso Entroido e que é o mellor con diferenza do Entroido da Bandeira. Unha representación dun atranque de "Xenerais do Ulla" e unha pequena contribución á recuperación do patrimonio inmaterial da "Vía da Prata" do Camiño de Santiago, dentro do noso proxecto "Facendo Camiño".
domingo, 14 de febrero de 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021
Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte celebramos o "Día da Radio" na nosa canle de Radio: "Radio Garabullo" en Ivoox. Hoxe aquí no blog con todos.
Sabedes que a radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós.
O 13 de febreiro é a data proposota pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Radio, nós para festexalo colaboramos con outras radios, grazas a REDE ESPORA, nun programa que quixo achegarnos ás lembranzas de persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende toda Galicia. Ademáis do noso centro podedes escoitar a colaboración doutros centros coma CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.
Coma non puidemos mandar todas as colaboracións tamén podedes escoitar o programa especial que fixemos somentes coas colaboracións do CEIP Ramón de Valenzuela.
Grazas familias por estar sempre aí para participar nas nosas propostas.
FELIZ ENTROIDO!!
jueves, 4 de febrero de 2021
NOVA EDICIÓN DE "AS NOVAS DA HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER"
Hoxe coma sempre tivemos unha nova emisión en directo, para o comedor do cole, de "As novas da hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" emitido por Radio Garabullo. Coma sempre con Esther de 5º como locutora e cunha nova compañeira que quixo probar sorte na radio: Irene de 4º.
Para aqueles que non estades no comedor aquí deixamos o PODCAST de hoxe. Non deixedes de escoitalo, é moi ameno e divertido!!
lunes, 1 de febrero de 2021
MURAL DO CAMIÑO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o Entroido e con tanto COVID-19 semella que ata poñer un disfrace é complicado. Coma nós queremos comezar a preparar esta festa e dar folgos de cara a un ano máis divertido que o pasado... Propoñémosvos o seguinte PHOTOCALL do camiño.
Animádesvos a facervos fotos cos vosos propios complementos de peregrinos!!. Gafas, cunchas, bastóns, frechas, cabazos,... TODO VALE!!
Se vos animades facede unha foto para que poidamos ver que guapos e guapas estades chegando á Catedral de Santiago.
As fotos serán publicadas no Blog e na Páxina do cole.
BO CAMIÑO!!!