Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros Creativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros Creativos. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de mayo de 2022

OBRADOIRO CON CRISTINA COLLAZO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado martes 10 de maio os vosos compañeiros de 5º e 6º contaron coa visita de Cristina Collazo coa que fixeron un obradoiro de expresión oral. Aprenderon a perder un pouco de vergonza e a través de xogos e actividades diversas e adquiriron técnicas para mellorar a lectura, a expresión e a interpretación.

O mellor de todo é que esta actriz, mestra ou titirimestra, coma ela mesma se define, é a nosa veciña e prometeunos voltar o vindeiro ano para facer con nós pequenos obradoiros tan interesantes e divertidos coma este. Ollade!!

martes, 15 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE RADIO CON "PONTES NAS ONDAS"

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado venres os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º contaron coa visita da xente de "Ponte nas Ondas" cos que aprenderon moitas cousas dos programas de radio e da súa edición. Ata chegaron a crear o seu propio programa que, coma todos os programas da radio, será emitido por Radio Garabullo para o comedor da escola.


martes, 22 de febrero de 2022

BIBLIOTECAS CREATIVAS CON ALBERTO PEREIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada día dende a biblioteca apoiamos novas formas de acceder á información, á creatividade, aos recursos,... a través da experimentación, da creación e da investigación,... mellorando así as nosas aprendizaxes.

A pasada semana contamos coa visita no cole de Alberto Pereiras que entrou na nosa biblioteca para amosarlles ao alumnado de 5º e 6º outra forma de ver o mundo detrás das cámara. Fixeron fermosas montaxes e aprenderon, nunhas poucas sesións, a utilidade da edición para amosar contidos, recomendacións lectoras, aprendizaxes,... Nesta entrevista que lle fixeron podedes coñecer un pouco máis de Alberto Pereiras.