Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos nas vacacións de Nadal. Chega unha época de tempo libre para xogar, para estar coa familia, de moitos agasallos,...
Xa sei que tedes as vosas cartas escritas e agardo que pidades algún conto.
Lembrades os que vos aconsellei nas guías de lectura? Son contos moi bonitos e divertidos así que vou deixalos aquí colgados para que os reis poidan velos tamén e levarllos a todos os nenos e nenas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA
Mostrando entradas con la etiqueta Guía lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guía lectura. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de diciembre de 2014
miércoles, 20 de junio de 2012
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Xa chegan as vacacións. Moito tempo de descanso e divertimento...
Buscando nos meus estantes escollín este contos como punto de partida, como guías de lectura para ese tempo de lecer que traen as vacacións.
Buscando nos meus estantes escollín este contos como punto de partida, como guías de lectura para ese tempo de lecer que traen as vacacións.
Agardo que gocedes con elas. Espero noticias vosas durante o verán. Eu seguirei aquí. Tanto os que este ano rematades primaria como os que seguides en anos vindeiros esta é a vosa Biblioteca e estarei ledo, moi ledo, de recibir noticias vosas que irei colgándoas no blog durante as vacacións.
Eu sigo aquí. Felices vacacións e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
Contos,
conversascongarabullo,
Guía lectura,
Recomendacións lectura
domingo, 18 de diciembre de 2011
UN LIBRO POLO NADAL
Ola nenos e nenas!!! Un ano máis chega o Nadal. Ven un tempo frío... Apetece quedar na casa quentiños e cun chocolate... Estamos xa tumbados no sofá e... Que facemos? LER. Siiii ler!!!
Aquí deixo unhas recomendacións de lectura para todas as idades. Libros de todo tipo. Libros que nos van a levar a vivir historias preciosas. Lede os libros e contádeme á volta das vacacións que vos pareceron, se foron divertidos ou cal vos trouxeron os Reis. Agárdovos na Biblioteca para saber das vosas experiencias.
BO NADAL FELIZ LECTURA A TODOS !!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)