Mostrando entradas con la etiqueta 5º(2015-2016). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º(2015-2016). Mostrar todas las entradas

martes, 8 de noviembre de 2016

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado día 4 de novembro celebramos o "Día da ciencia en galego". Este día da Ciencia en Galego está dedicado á Bioloxía. Neste día lémbrase a Mendel que elaborou una leis xenéticas moi importantes tras investigar cun tipo de legumes: os chícharos
Por outra banda a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes.

" O Ano Internacional dos Legumes
concienciará á poboación sobre cultivos
importantes que son esenciais para
a agricultura sostible e a nutrición"

Unimos todo isto e dende 5º e 6º quixeron celebrar o día da ciencia en galego destacando unha das propiedades dos legumes: as súas vantaxes nutricionais. Os legumes poden formar parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Amósase como unha posibilidade de cultivo sostible nestes momentos que en grandes zonas do mundo pasan tanta fame. Como mostra do seu traballo este taboleiro e o resultado da súa pequena plantación de fabas.






domingo, 19 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 5º

Os nenos e nenas de 5º uníronse para facer recomendacións a nenos e nenas como eles. Aquí están as lecturas que a eles máis lle gustaron:


A Eugenia o "Diario de Nikki", de Rachel Renne Russell, publicado na editorial Molino. Cando o pai de Nikki é contratado para encargarse da desinfección dun instituto de alto standing, non só consegue o traballo para todo o ano, senón que a súa vez consegue unha beca para a súa filla. Aquí é onde comenza o sinvivir de Nikki ..

Claudia non pode deixar de ler ano tras ano "A historia interminable" de Michael Ende. Que é Fantasía? Fantasía é a Historia Interminable. É un libro de tapas cor bronce que se atopa no desván dunha escola... Estas son as tres respostas que da Bastián as preguntas dos pensadores profundos. Pero, para saber realmente o que é fantasía hai que ler o libro...

Íker recomenda Diario de Greg. Atrapado na nevePablo e Nico aconsellan Diario de Greg. Un pringao total ao igual que os compañeiros de 4º consideran que as súas aventuras son ideais para ler durante o verán. O mesmo pasa con Quen dá a quenda?Un libro que engaiolou a todos os nenos e nenas dende 3º ata 5º e todos queren recomendar.




Pola súa banda Rubén Lugo e Yago recomendan Futbolísimos escrito por Roberto Santiago y publicado en SM. Os Futbolísimos é unha colección de libros sobre fútbol e misterio protagonizada polo Soto Alto Fútbol Club. Neste equipo xogan Pakete, Camuñas, Angustias, Helena, Toni... e teñen unha misión fundamental: gañar os dous próximos partidos para evitar que a asociación de nais e país de alumnos pechen o club. Se baixan a segunda, acabouse o equipo.

Para deixar un bo sabor de boca María recomenda Taller de corazóns de Arturo Abad & Gabriel Pacheco da editorial OQO. Neste libro recréase unha artesania marabillosa na que non se arranxan zapatos, nin paraugas, nin se restauran mobles ou se zurcen descosidos pantalóns. Matías, o protagonista, repara -co mimo e coidado que pon todo artesán- corazóns danados. Non deixedes de ollar este fantástico conto que de seguro enternece o noso corazón...