Mostrando entradas con la etiqueta 25-11-2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25-11-2014. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de diciembre de 2014

COEDUCAMOS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como ben sabedes son moitas as actividades que se fan na escola.
Hoxe chegou ás miñas mans esta nota xunto cun vídeo das actividades que fixeron os nenos e nenas de infantil para conmemorar o 25 de novembro.
Ollade!!! Ollade!!

COEDUCAMOS 2014

Como puidemos comprobar nas últimas entradas do blog, o pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e alumnado de educación infantil tivo a oportunidade de participar nos Obradoiros de Coeducación: “Iguais ou diferentes” , organizados polo CIM de Silleda.

Constaron de dúas sesións:

- A primeira das sesións (13 novembro) levaba por título: “O xogo no desenvolvemento infantil. As relacións sociais nos xogos; xogando xuntos aprendemos”.

- A segunda sesión (20 novembro) levouse a cabo baixo o título: “Transmisión de esteriotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”. 

Grazas a estes obradoiros, o alumnado de infantil puido dispoñer de situacións de aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales foron adquirindo habilidades positivas e valores que contribúen a mellorar o seu desenvolvemento persoal. Porque coeducando é o único xeito que temos ó noso alcance para tentar conseguir unha sociedade en igualdade!!
 
 

viernes, 5 de diciembre de 2014

UN CANTO AO MALTRATO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que ao longo deste mes estamos a publicar cousas feitas na aula ou fóra dela para traballar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un ano máis foron os rapaces e rapazas de 6º os encargados de interpretar para todos un Canto ao Maltrato. Berraron NON polos que non teñen voz, polos que non teñen forza, para os que o precisen.
Hoxe deixo este Canto ao Maltrato aquí colgado, non só para que o gocedes, tamén para que escoitedes e aprendades o que transmite.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

viernes, 28 de noviembre de 2014

ARTUR E CLEMENTINA

A Violencia de xénero é un tema que ao longo desta semana estase a tratar nas aulas. Son moitas e moi variadas as formas de tratar este tema. Os nenos e nenas de 5 anos tamén traballaron o día 25 de novembro co conto de Artur e Clementina. Unha forma amena, divertida e adapata para entender o que esta data significa. Dun xeito ilustrado vemos o traballo feito polos nenos e nenas de 5 anos. 

Estas son as verbas que nos deixaron:

 ARTUR E CLEMENTINA
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando o conto de “ARTUR E CLEMENTINA” de Adela Turín.
Todas as actividades desenvolvéronse a partires da historia fabulada de dúas tartarugas que se coñecen e namoran. Ela ten multitude de soños, ilusións e plans de futuro para a súa vida.
Cando casan, Artur decide que será el quen traballe, e que ela quede na casa. Isto a ela abúrrelle moito e a el parécelle que é tonta por aburrirse. Ela planea moitas actividades para entreterse, pero el en vez de permitirllo, traíalle cousas e poñíallas atadas ó seu lombo.
Un día ela decide saír do seu caparazón e dar un pequeno paseo, para voltar antes de que el regresara á casa. Esta costume, que lle facía sentirse moi leda, foise convertindo nalgo necesario, ata que un día decidíu marchar para non volver e poder realizar os seus soños. El nunca comprendeu por qué se fora, con todas as cousas que lle dera…
Porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

martes, 25 de noviembre de 2014

UN CANTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller" agardounos unha sorpresa na entrada. Un mural que anuncia un día a ter en conta nas aulas, na escola, na casa,... Non so falamos nas aulas do significado deste día, tamén escoitamos un Canto contra a Violencia de Xénero interpretado polos nenos e nenas de 6º. Pronto poderemos compartilo con todos vós.
 

Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!