Ola amguiños e amiguiñas!! O 5 de xuño conmemoramos no centro o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que nos lembra a importancia de coidar o planeta no que vivimos e de adoptar hábitos responsables no noso día a día.
O CONSUMO RESPONSABLE:
BIBLIOTECA/EDLG
Lemos porque nos peta!
Ola amguiños e amiguiñas!! O 5 de xuño conmemoramos no centro o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que nos lembra a importancia de coidar o planeta no que vivimos e de adoptar hábitos responsables no noso día a día.
Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Educación Primaria desenvolveu un traballo moi completo no que combinaron diferentes formatos creativos e informativos. A través da elaboración de carteis, maquetas e códigos QR, deron forma a unha exposición na que explicaron e compartiron coñecementos sobre distintos aspectos clave do coidado do medio ambiente.
Entre os temas tratados estiveron o propio concepto de medio ambiente e a súa importancia, a xestión dos residuos e a problemática da contaminación, así como o cambio climático e as súas consecuencias. Tamén abordaron o consumo responsable e a necesidade de reducir o impacto das nosas accións cotiás, ademais de explicar o papel fundamental das enerxías renovables.
Outro dos bloques de traballo centrouse na biodiversidade e nas especies en perigo de extinción, así como na deforestación e os problemas ambientais asociados a esta práctica.
Un dos aspectos máis interesantes da proposta foi o uso dos códigos QR, que permitiron acceder a vídeos elaborados polo propio alumnado, ampliando así a información e achegando unha dimensión audiovisual e creativa ao traballo realizado.
Unha iniciativa que axuda a comprender mellor a realidade ambiental e que pon en valor o compromiso, a investigación e a capacidade de comunicación do alumnado de 6º.
Así comezaba a proposta... Un cartel coas instrucións
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente". Esta celebración ten a finalidade se sensibilizar á poboación mundial da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto polo medio ambiente.
Os nenos e nenas de 1º quixeron conmemorar e seguir o lema que se propón "Reimaxina, recupera e restaura". Aproveitan esta data para contribuír a mellorar o noso entorno, para facer as paces coa natureza e para amosar que todas as cousas que facemos no cole pódennos converter en axentes activos na protección e coidado do medio ambiente, e así o amosan neste vídeo.
Como primeira idea... un libro que leva por título "SUPERHÉROES CONTRA EL PLÁSTICO" de Martin Dorey da Editora Destino Infantil & Xuvenil.