Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de julio de 2015

REMATOU O CURSO

Felices Vacacións!!!
Con cantas ganas tomamos estas vacacións!!! Xa toca descansar despois dun ano de tanto traballo.
Non podo rematar este ano sen dar as grazas a todos os que facedes que a biblioteca sexa tan fermosa, a todos e todas as que a coidades e facedes que os libros teñan vida. .Aqueles que facedes que cada recuncho da biblioteca sexa especial.
En especial grazas ao equipo directivo que se vai José, Mercedes e María por coidar da biblioteca e por apoiar a Garabullo en todo. Por decir que si a todo o que esta mascota di ou propón. Tamén desexarlles moita sorte a Susana, Merche e María que forman o novo equipo directivo. Sabemos que vai a haber moito traballo porque a biblioteca somos todos e todas.

Grazas aos alumnos e alumnas de 6º por axudar na biblioteca sempre, poñendo o seu tempo de lecer ao noso servizo e sempre coma un premio. Sempre cumprindo a vosa labor con tanta ilusión. Agora tedes que levar a vosa ilusión pola biblioteca ao instituto. Seguide facendo revivir os libros nas vosas mans. Non esquezades que a biblioteca forma parte xa das vosas vidas e sempre estará aberta para vós.
Felices Vacacións e xa sabedes:

VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

sábado, 6 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Preparados xa para as vacacións? Algúns dos vosos compañeiros aceptaron a proposta de aconsellar aqueles contos que máis lles gustaron.
Ao longo desta semana iremos colgando as vosas recomendacións. Tomade nota!!!
A primeira recomendación ven de Xoana de 5º con Co dedo no nariz de Daniela Kulot-Frisch da editorial Kalandraka.

Cristian de 4º ve Este Alce es mío moi divertido. É un libro de Oliver Jeffers editado polo Fondo de cultura Económica.

Claudia de 4º está a ler A historia interminable de Michael Ende. Editado por ALFAGUARA. Cóntao con tanta ilusión que xa mete a gaña de lela.

Estas recomendacións rematan con Sara e Cristina de 6º que decidiron recitar un poema do poemario O meu gato é un poeta de Fran Alonso publicado por Edicións Xerais e así amosarvos o que vos estades a perder.

Pasádeo ben con este vídeo e xa me contaredes. Mañá máis
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


 

martes, 10 de febrero de 2015

PLANTAMOS UNHA OLIVEIRA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando o bo día de sol, hoxe, decidimos plantar a nosa OLIVEIRA da PAZ chea de bos desexos. Agardamos vela medrar, do mesmo xeito que agardamos que os nosos desexos,medren e cheguen a facerse realidade.
Non perdades de vista o blog de VOZ NATURA para ver as fotos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 2 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Pero que traballadores sodes!! Que mal o pasaron os mestres decidindo cales eran as gañadoras.
Todas distintas, todas curiosas, unhas buscando ser máis fermosas e outras más medorentas,unhas moi creativas e outras máis tradicionais... Todas valían, todas foron mencionadas pero, como ben sabedes, houbo que escoller a máis creativa, a máis orixinal e as mellores de cada ciclo.
Estas son as cabazas gañadoras:

De infantil: Breixo con "O noso horto"



De 1º ciclo Euxea con " A bota"


De 2º ciclo Claudia con "A Lúa"


De 3º ciclo Sara de 6º con "O Espantallo"


 Laura a máis creativa "A Boda"


María á mellor tallada "Os gatos"
 

 
 
E aquí están todos contentos coas súas cabaciñas:
 
 
 
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!