Unhas pombas que levan a nosa mensaxe e fannos lembrar a importancia e o valor da xente e do que nos arrodea,...Unha canción que nos une a todos e todas, aínda que separados no espazo unidos nunha soa voz...
Un símbolo de Paz que foi tecido entre todos. O noso traballo individual de aula pasou a ser unha representación conxunta, amosando ao mundo que a colaboración é o camiño para vencer á realidade que estamos a vivir.
Hoxe comeza un Día da PAZ que estará envolto en música e lecturas e que pouco a pouco, ao longo do ano irá dando paso a que este "Fortes coma Carballos" que está agromando na entrada do noso cole, siga megrando e aproveitando as fortalezas de cada un de nós, para converse nun "FORTES COMA AS ÁRBORES".