Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana tivemos a sorte de compartir unha tarde con catro persoas moi semellantes e moi distintas. Xosé Luna mestre, poeta, narrador, dramaturgo, ensaista, editor,... Con Charo Golmar mestra e poeta, con Luchi ilustradora de contos de nenos e adultos e con Manoele de Felisa que coa súa guitarra dalle vida aos poemas e ilustracións dos nosos artistas.
Viñeror a contarnos o fermoso de ler, de compoñer e de crear. De ser quen de debuxar os sentimentos e as emocións a través da palabra, da imaxe, do ritmo,...
Afúfaros foi a palabra coa que nos agasallaron. Unha palabra que ten que acompañarnos ao longo da nosa vida, e que implica sentimento de alegría, sensación de risa, capacidade de ser e de crear. Unha palabra que so pertence aos nenos e nenas do CEIP Ramón de Valenzuela e que será o noso amuleto para acadar os nosos soños.
Pero os seus petos aínda gardaban máis sorpresas:
Xosé Luna recitounos e fíxonos chegar este poema para os "pereiriños" do CEIP Ramón de Valenzuela e todos os que formamos parte desta escola.
Charo Golmar tamén tivo unha sorpresa para nós. Ademáis de compartirnos os seus "Nobelos de Luz" agasallounos cun poema composto, escrito e dedicado a todos nós. A todos e todas as que formamos parte do CEIP Ramón de Valenzuela, do que ela tamén forma parte.
Para rematar agradecer outra sorpresa da man de Luchi, antiga alumna do cole, que trouxo dúas láminas de dous libros ilustrados por ela, cuns versos que as acompañan. Un agasallo que xa loce na nosa biblioteca.
Grazas por tanto cariño e por tan bos ratos en nome dos pereiriños e pereiriñas do CEIP Ramón de Valenzuela.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como xa sabedes a Semana do Libro
estivo marcada pola elaboración de varias actividades nos diferentes cursos:
vídeos, recitados, programas de radio, caligramas, composicións plásticas, e
mesmo a edición dun libro propio!
Hai que ver todo o que traballades!! E que ben o facedes!!
Empezachedes as semanas previas á visita de Xosé
Luna e Charo Golmar,.... Un gusto ver como todos e todas estivestes traballando cos distintos poemarios propostos polas vosas titoras.
De Xosé Luna traballamos: Sol Rebulideiro en primeiro e segundo de primaria; Libro dos Bicos en terceiro e cuarto e Camiñando, Camiñando en quinto. Xa en sexto decantáronse por Nobelo de Luz, de Charo Golmar
Como facer cando todo nos gusta tanto? Pois primeiro fixémolos nosos. Os distintos cursos escollemos poemas.... Poemas que foron brotando na árbore que preside a entrada do cole. Unha árbore que precisa de nós e nós dela. Durante a Semana do Libro agromaron follas enormes de carballo cheas dos poemas froito do voso traballo, semente do noso lema: “FORTES COMA CARBALLOS”.
Pero, pensando e
pensando… por que non facer algo máis?
Os nenos e nenas de
PRIMEIRO, con Sol Rebulideiro, practicaron a memoria e o recitado e
gravaron varios vídeos no patio do cole. Moito traballaron estes pequenos, non
si?
O alumnado deSEGUNDO utilizou a radio para darlle visibilidade ás composicións poéticas que
eles traballaron.
As nenas e nenos de
TERCEIROencarcáronse de coller o Libro
dos Bicos e reescribilo todiño, utilizando símbolos para representar as
palabras e así conseguiron facer a súa propia versión.
O alumnado de CUARTO,
xa polo Día da Poesía, o 21 de marzo, acudiron tamén á radio para deixar a súa
pegada. Ademais, crearon un fermoso caligrama do poema Bicos de Flores.
Os nenos e nenas de
QUINTO, escolleron dous poemas de Camiñando, camiñando: Camiño ao
corazón e Camiños de amor, e recitáronos en distintas partes do
cole.
Finalmente, o
alumnado de SEXTO, aproveitando a lectura de Nobelo de Luz, quixo darlle
visibilidade aoDía Mundial do Autismo, o 2 de abril. Escolleron dous
poemas do libro de Charo Golmar e, mediante un recitado, ilustraron os poemas
con imaxes, porque cando as palabras non son capaces de expresar o sentir,
debemos observar moi ben os xestos, a mirada, axudarlles ás persoas con TEA a
comprender o seu entorno, a organizar mellor o mundo no que viven e darlles
orde e estrutura, e non caos.
De todos xeitos,
como no cole nos gusta moito traballar, decidimos converternos todas e todos en
AUTORAS E AUTORES. Si, si, así como o ledes. Escribimos unha BIOGRAFÍA e
publicámola no cole. E non unha biografía calquera, a biografía da gran poeta
ROSALÍA DE CASTRO. Entre todos fixemos un percorrido pola súa vida e plasmámolo
en papel, para que, se algunha vez precisamos saber onde naceu, que libros
publicou e a que lugares viaxou, só temos que ir á biblio e alí estará á nosa
disposición (Picade na imaxe para ver o libro resultado do voso traballo).
Ola amiguiños e amiguiñas!! Aínda que a Semana do Libro queda atrás, para nós aínda está presente. O pasado xoves tivemos a sorte de contar coa visita de Xosé Luna e Charo Golmar dous grandes poetas da nosa contorna. Con Luchi ilustradora de contos e antiga alumna desta escola e con Manoele de Felisa que ten o don de coller un poema e darlle vida coa súa guitarra.
Foi unha tarde marabillosa na que tanto Xosé Luna coma Charo Golmar traían unha pequena sorpresa. Cada un compuxo un poema para nós, para a familia do CEIP Ramón de Valenzuela. Luchi tampouco quedou atrás e deixounos dúas ilustracións moi fermosas que compartiremos no Blog para que todos vexades. Con Manoele de Felisa cantamos e bailamos ao son da súa guitarra os poemas dos nosos convidados.
Todos prestáronse a visitar a nosas radio e aceptaron ser enttrevistados polos compañeiros e compañeiras de 6º. Isto foi o que nos contaron:
Despois de tanto tempo separados pola pandemia foi un acto fermoso e entrañable que abreu a nosa imaxinación e a creatividade e dende aquí queremos agasallar aos nosos convidados coas nosas interpretacións da súa obra, que ao longo da semana deixaremos aquí plasmada.
De momento deixamos un pequeno vídeo dun día que xa non esqueceremos. Queredes velo?
Hoxe vimos a falar dun libro peculiar que leva por título BICICLETAS de Fleur Daugey e Karine Maincent. Este libro amosa a bicicleta coma un invento extraordinario! Un medio de transporte ecolóxico e revolucionario que liberou ás mulleres e substituiu ao coche en épocas de escasez de combustible. Buscádo pola biblioteca.
Aproveito tamén para falarvos da Asociación Cultural Recycling. É unha asociación galega que loita pola igualdade de oportunidades dos nenos e nenas de comunidades africanas. Esta Asociación propúxose coma obxectivo axudar a mellorar as súas condicións de vida mediante a recollida e transporte de diferentes tipos de materiais... Entre eles destaca a figura da bicicleta. Invitan a asociacións, escolas... a decorar unha bici para expoñer en distintos lugares, así aproveitan e dan a coñecer a súa iniciativa: Recoller bicis vellas que xa non usamos e despois do seu reacondicionamento envialas a estes países para darlles unha segunda vida.
Nós contribuímos coa iniciativa tuneando unha bici e facendo rodar con ela o noso proxecto "Fortes coma Carballos" embregando un Carballo coma elemento importante da decoración. Neste vídeo deixamo o proceso reflexado paso a paso.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de valores de 2º quere invitarvos a escoitar un programa de radio dedicado ao valor dos contos e a súa recomendación lectora.
Así de ben o pasaron na nosa emisora de Radio Garabullo e así de ben o fixeron. Mirade como fan o programa e o seu resultado.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "Retallos"
Actividades feitas para apoiar o Proxecto da Biblioteca e VOZ NATURA
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO