Mostrando entradas con la etiqueta libera un poema. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libera un poema. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2015

PARECE UNHA ROSA

O curso remata e con el as actividades xa comezadas,
Os rapaces e rapazas de 5 anos infantil descubriron a poesía de Rosalía de Castro. Ao longo deste ano foron a biblioteca para coñecer os seus poemas dun xeito diferente. A través da lectura, da interpretación escrita, dos debuxos, das actividades plásticas entenderon mellor o que Rosalía lles contaba.
Hoxe amosámosvos o seu traballo  co poema "Parece unha Rosa".







 
O mesmo pasou na aula de 2º . Este ano tamén quixeron achegarse á figura da poetisa. Participaron na actividade de "Eu son Rosalía cando..." e descubriron a súa poesía. Quedaron engaiolados co libro e poema Parece unha rosa.
 
 
O gusto por un mesmo poema xuntou  a dúas aulas. Así 5 anos infantil e 2º decidiron liberar o seu poema no horto. Había  que honrar á figura de Rosalía de Castro. E fixéronno mellor que ben.


martes, 20 de mayo de 2014

6º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O Xoves 15 de maio os rapaces e rapazas de 6º liberaron o último poema. Escolleron para esta ocasión Coma un río do poemario Nimbos de Díaz Castro. 
Despois de facer unha introdución do poeta homenaxeado este ano polas Letras Galegas, puxeron o broche final recitando a ritmo de RAP.
A verdade que coma calquera dos poemas recitados nestes días foi diferente, fermoso e divertido, pero, como xa sabedes, non foi a última actividade para conmemorar as LETRAS GALEGAS... Agardan máis sorpresas!! Non perdades de vista o Blog!!
De momento gozade cos nenos e nenas de 6º recitando o seu poema.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

lunes, 19 de mayo de 2014

5º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos liberando os poemas. O mércores 14 de maio os nenos e nenas de 5º recitaron poemas do libro Recendos de aire sonoro de García Teijeiro. Nesta ocasión uns recitaron sos, outros en parellas pero, todos fiando nun mesmo tema cun distinto son. Fantásticos coma todos e todas ata agora, e coma todos co seu toque diferente e persoal.
Sodes fantásticos e cada día síntome máis orgulloso de ser a mascota desta biblioteca do CEIP DE BANDEIRA.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 18 de mayo de 2014

4º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O luns tocoulle a 4º liberar o seu poema. Recitaron "Campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro, "O maio" de Manuel Curros Enríquez, "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro e remataron esta escolma de poemas cantando "Xaneiro 1972" de Celso Emilio Ferreiro. Todos eles podedes atopalos na "Antoloxía da poesía galega para nenos" de Celia Ruíz Ibañez e Ilustrado por Xan López.
A verdade que é un fantástico traballo onde non so recitan senón tamén ilústrannos cun pequeno comentario e unha foto dos autores dos poemas.
Fantástica interpretación que comeza así GALICIA É UNHA TERRA DE POETAS...
Mirade este vídeo que é unha marabilla.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 14 de mayo de 2014

3º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Seguimos con esta fermosa actividade de liberar poemas. Terceiro recitou o martes 13 de maio un poema do libro A casa de había unha vez.
Empregando algúns poemas de Ana Mª Fernández ofrecéronnos este fermoso recital.
Ollade!! Ollade!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 13 de mayo de 2014

2º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Liberamos outro poema?
O venres 9 de maio foron os de 2º os que, seguindo ao Poeta Manuel María, recitaron tres poemas que podemos ler no libro: Os soños na gaiola.
Son os poemas O lobo, O meu barco e A festa do Patrón.
Déixovos coa ledicia e o divertimento que estos nenos e nenas de 2º puxeron no seu traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 11 de mayo de 2014

1º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Seguimos con esta actividade que tan fermosa facedes, e que espero con tanta ilusión. O xoves 8 foron os nenos e nenas de 1º os que recitaron e cantaron o seu poema. Aproveitando que o homenaxeado polas Letras Galegas era Díaz Castro escolleron un poema seu: " A noite é..."
A ver se vos gusta!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 8 de mayo de 2014

INFANTIL LIBERA UN POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as LETRAS GALEGAS!! En nada estamos a celebrar a nosa Romaría!!
E..., para abrirlle as portas á festa, cada curso vai a liberar un poema.
Os primeiros e os máis valientes, coma sempre, os nenos e nenas de infantil. Onte recitaron para todos un poema que tiña por título A Primavera.
Aquí os tedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



domingo, 19 de mayo de 2013

Sexto Libera o seu poema

Outra vez aquí!!
Hoxe, os rapaces e rapazas de sexto, recitaron Adiós ríos, adiós fontes para se despedir desta fermosa actividade.
Ao longo de dúas semanas todos os cursos fixemos unha particular conta atrás, para chegar ao día das LETRAS GALEGAS.
Liberando cada día un poema quixemos honrar á nosa grande poeta Rosalía de Castro e a súa obra Cantares Gallegos símbolo das nosas letras. Máis, neste ano 2013, no que se cumpren os 150 anos da publicación desta fermosa obra.
Eran moitos os poemas a escoller pero poucos os cursos e o tempo... cada poema foi único, diferente, impregnado coa ilusión dos nenos e nenas que os recitaban, coa súa alegría e coa súa personalidade propia.
Rematamos, pois, co poema que quizáis foi o máis coñecido, querido, aprendido, recitado, cantado e que mellor reflexa o sentir dun galego cando ten que dicir adiós a súa terra, a súa xente, a unha vida,...
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
  

Quinto Libera o seu poema

Ola rapaces e rapazas!!
Xa está aquí un novo poema. O mércores foi quinto o que recitou para nós " Airiños airiños aires" da nosa querida Rosalía. Cada curso un poema máis e polo tanto un día menos para celebrar as Letras Galegas 2013. Fanno xenial!!!
Agardo que vos guste e entreteña!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 15 de mayo de 2013

Cuarto Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como di o poema que cuarto recitou hoxe "Vente rapaza" eu chámovos rapazas e rapaces para darvos os parabéns por este traballo que estades a facer. É difícil interpretar cada día un poema de Rosalía sen caer na repetición, no mesmo xeito de interpretar, deixando unha pegada propia de cada curso. Sempre quedo abraiado co que vexo no salón de actos. Polo voso empeño e ilusión; e pola satisfacción das cousas ben feitas... Orgulloso de ser a vosa mascota amósovos aquí o resultado do voso traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 14 de mayo de 2013

Terceiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Tal e como vimos facendo estos días e achegándonos xa ao día das Letras Galegas continuamos liberando poemas. Hoxe tocoulle o turno a Terceiro que recitaron o poema Meniña Morena
Dun xeito divertido e musical foron achegándonos unha vez máis aos fermosos poemas de Rosalía.
Aquí deixo o poema.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

   

jueves, 9 de mayo de 2013

Primeiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Aquí de novo para amosarvos o poema que recitaron onte os nenos e nenas de primeiro. Neste caso o título do poema é "Un repoludo gaiteiro". Un poema tamén de Rosalía de Castro pero que na voz destos nenos e nenas gaña vida, gracia, tenrura...
Queredes velo? Pois eso esta feito!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Segundo Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas de Bandeira!!
Gustouvos o poema de segundo? Hoxe recitou "Quíxente tanto meniña" tamén de Rosalía de Castro da obra Cantares Gallegos.
É fascinante observar día a día a ilusión que poñedes para que todas as actividades feitas no centro sexan tan amenas, divertidas e merezan a pena.
Parabéns polo voso traballo
Aquí deixo o poema de hoxe e espero con moita ilusión o de mañá, que lle toca a primeiro.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 6 de mayo de 2013

Infantil libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas.
Comezamos a semana adicada ás Letras Galegas. Como primeira guinda os nenos e nenas de infantil recitaron o poema de ROSALÍA DE CASTRO Has de cantar.
Que dicir do recital? Só podo dicir: "Escoitade e aplaudide" porque o fan de marabilla.
Agardo que vos guste tanto coma a min.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 3 de junio de 2012

Os nenos e nenas LIBERARON O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Vaia traballo! Despois de ensaios, risas e preocupacións... chegou o día!! O poema foi liberado! Foi unha preciosidade! Quedei abraiado coas vosas dotes artísticas e a vosa vontade de traballo.
Agradézovos moito como lle dades vida a todos os libros da Biblioteca. Como cada páxina pola que pasades cobra vida a través de todos vós.
Disfrutei coa festa de liberar un poema, disfrutei vendo como os xoguetes enchían a escola e disfrutei coas vosas risas. É fermoso ver como nenos e nenas de 3 a 11 anos comparten risas, xogos, aprendizaxes, poesía,... para celebrar un día tan importante para todos nós.
Parabéns por esta semana das Letras Galegas 2012. Parabéns por ser como sodes!! Grazas a todos os mestres e mestras, grazas aos nenos e nenas, grazas a cada un dos membros do cole de Bandeira que fixeron que esto que vades a ver sexa unha realidade. Grazas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


jueves, 24 de mayo de 2012

Libera un poema

Ola amiguiños! Felicitar aos rapaces e rapazas  de Bandeira polo seu traballo cos poemas.
Deixovos unha nota no encerado:



Saúdos e mentres agardamos polo vídeo xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 20 de mayo de 2012

Ola amiguiños!! Pensábades que remataran os nosos concursos de Libera un poema? Pois... Non!!
Hoxe decidín xuntar os poemas liberados por 4º, 3º,2º,1º e infantil.
Aí van as preguntiñas:
- Dicir polo menos un dos personaxes de conto que representaron os nenos e nenas de 4º
- Quero saber o título do poema liberado por 3º.
- A que dous astros adicaron os seus poemas os nenos e nenas de 1º
- Algún dos animaliños que saían no poema recitado o martes pasado polos rapaces e rapazas de 2º
- Finalemente o mércores, os nenos e nenas de infantil, disfrazados de coelliños non deixaban entrar ao bosque a un animaliño distinto. Recordades cal era ese animaliño?

O prazo para mandar as vosas respostas remata o martes 22 despois do recreo do comedor!!
Agardo as vosas respostas!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

5º LIBEROU O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Vaia Tropa de poetas que hai nesta escola!! Estou moi, pero que moi ledo!!
Non só recitades de marabilla... é que tamén facedes creacións propias. Gústame a idea de encher os estantes da biblioteca con libros publicados polos nenos e nenas de Bandeira.
Hoxe os rapaces e rapazas de quinto amosáronnos a súa capacidade literaria recitando dous poemas propios, conmovedores, divertidos, amenos...
Quero os seus poemas na miña Biblioteca!
Sabedes dicirme os nomes destes rapaces de 5º?
Todo aquel neno, nena, mestre, mestra, persoa que traballe no centro... que saiba o nome destes nenos ou nenas e mo mande a conversascongarabullo@gmail.com,  que me deixe unha nota na caixa da biblioteca ou no comentario desta entrada, antes de mañá pola tarde, terá un simpático agasallo. (Non esquezades poñer os nomes dos nosos poetas así como o voso nome e curso)
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 8 de mayo de 2012

Libera un POEMA

Ola amiguños e amiguiñas. Gustouvos o poema que liberaron hoxe os vosos compañeiros? Saberíades dicirme de que libro eran os poemas?
Veña mándovos un reto: "Aquel neno ou nena que me deixe no email conversascongarabullo@gmail.com,  na caixa de conversascongarabullo que hai na biblioteca ou faga comenterio nesta entrada do blog dicindo:
- o nome do libro que empregaron os de 6º para liberar os seus poemas. (Se dicides o autor quedo abraiado)
- o teu nome
- o teu curso 
Terás un agasallo meu (reto tamén válido para os mestres e mestras do centro).
Aí queda o reto! Prazo límite ata mañá á tarde.
Agardo moitas respostas.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!