Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2025. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de febrero de 2025

AS BOLBORETAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os vosos compañeiros e compañeiras de 4º despois de traballar co conto "A bolboreta Arlequina" quedaron prendados polas curiosidades das bolboretas. Decidiron investigar e isto foi o que descubriron. 

domingo, 2 de febrero de 2025

ROSALÍA MORLÁN


 Ola amguiños e amiguiñas!! Este ano celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" dun xeito diferente. Falando e aprendendo moitas cousas e palabras bonitas da man de Rosalía Morlán. Grazas a asociación AÚPA DEZA tivemos a sorte de coñecer a esta escritora tan marabillosa, autora de "A bolboreta Arlequina".

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Dende aquí damos as grazas a asociación AÚPA DEZA e a Rosalía por unha xornada que os nosos nenos e nenas non esquecerán. De momento picando na foto o comentario da prensa e pronto máis cousiñas da visita de Rosalía.



Tamén tivemos unha fantástica entrevista. O alumnado de 4º aproveitou a súa visita para falar con ela do seu libro, dos seus proxectos, do seu  traballo. Tamén falamos con Javier, membro da asociación AÚPA DEZA que veu a falar da importancia do traballo que xuntos están a facer.

LECTURAS POLA PAZ de 6º a infantil 1º e 2º de Primaria

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana dedicada á Paz.

Cada ano o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a PAZ. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz son os motivos para conmemorar esta data e para NÓS  a lectura o camiño.

A lectura cos compañeiros e compañeiras dentro da aula, e a lectura dos maiores aos pequenos. 

Os nenos e nenas de 6º achegáronse aos cursos de infantil, 1º e 2º de primaria para contarlles un conto da PAZ e falar del cos pequenos.

Queredes velos contar?

Aquí temos a María Fe, Marco e Lía Enríquez contando a infantil Juan Gris de Zuriñe Aguirre.



MaTeo, Xabi e Ramón escolleron Pétala de Pep Bruno.


Noela, Lía García, Sara e Theodora escolleron  A guerra dos números de Juan Darien.

lunes, 27 de enero de 2025

Día da PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o "Día da Paz" e estamos a preparar as lecturas propias para estas datas. Este ano contamos coa axuda do alumnado de 6º que nos axudou a escollelas. 

Tamén tivemos a axuda especial de Lía Enríquez de 6º, encargada de facer un cartel con lettering para as lecturas da paz libres. Por outra banda, e empregando as novas tecnoloxías: O CANVA, Mariña de 5º fixo o cartel para as "LECTURAS POLA PAZ".