Mostrando entradas con la etiqueta Día da Radio 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Radio 2021. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS

Como ben sabedes estamos a celebrar o "Día da Radio". Outra actividade na que colaboramos foi con "Ponte nas Ondas".

Ponte…nas ondas! foi a primeira experiencia radiofónica que emitiu en streaming, no ano 1997, cando aínda ningunha emisora de radio facía as emisións por Internet

A súa proposta foi participara presentando a nosa radio "Radio Garabullo" dende como se chama, onde está, que facemos na radio, con que medio contamos,...

Decidimos participar coa axuda do alumnado do cole. Agardamos que vos guste o podcast que fixeron.

Escoitade como é Radio Garabullo, da man dos rapaces e rapazas que fan que Radio Garabullo teña vida.
FELIZ DÍA DA RADIO!!


Se queredes ver a nosa participación con "Ponte nas ondas" en Escolas nas Ondas picade na imaxe!!
Agardo que vos guste e a gocedes tanto coma nós!!



DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte celebramos o "Día da Radio"  na nosa canle de Radio: "Radio Garabullo" en Ivoox. Hoxe aquí no blog con todos.

Sabedes que a radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós.

O 13 de febreiro é a data proposota pola  UNESCO para celebrar o Día Mundial da Radio, nós para festexalo colaboramos con outras radios, grazas a REDE ESPORA, nun programa que quixo achegarnos ás lembranzas de persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende toda Galicia. Ademáis do noso centro podedes escoitar a colaboración doutros centros coma CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

Coma non puidemos mandar todas as colaboracións tamén podedes escoitar o programa especial que fixemos somentes coas colaboracións do CEIP Ramón de Valenzuela.

Grazas familias por estar sempre aí para participar nas nosas propostas.

FELIZ ENTROIDO!!