Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de febrero de 2026

RECITADO PAREADOS

 Ola, amiguiños e amiguiñas!

Os pareados feitos por todos e todas vós son tan fermosos e orixinais que tiñamos que escoitalos. Da man do alumnado de 6º tivemos un recitado dos vosos poemas para celebrar así, todos xuntos, o 23 de febreiro, Día de Rosalía.

PAREADOS POLO DÍA DE ROSALÍA E DOS NAMORADOS

 Ola, amiguiños e amiguiñas!

Este ano unimos dúas datas moi importantes: o Día dos Namorados e o Día de Rosalía de Castro.  A través de pareados homenaxeamos a nosa poeta máis internacional e tamén o valor do amor e da amizade. 

Aquí tedes o resultado do voso traballo!

domingo, 22 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Esta semana celebramos o Día de Rosalía💙.

Nesta ocasión quixemos unir a celebración do Día de Rosalía co Día dos Namorados porque pensamos que a mellor maneira de homenaxear que compartindo palabras fermosas.

A nosa proposta para todas as aulas é a de crear rimas pareadas: Unhas dedicadas á amizade e outras cheeas de admiración cara a Rosalía. a nosa poeta máis querida.

Agardamos as vosas creacións!! Versos pequenos con grandes sentimentos!



Tarjeta de Agradecimiento Para Regalo De Amor y Amistad Con Fotografías de Margarita Faílde Porto

lunes, 17 de febrero de 2025

APRENDAMOS XUNTOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos o "Día dos Namorados e da Amizade". Despois dunha semana de traballo en Polos Creativos con materiais variados as distintas aulas fixeron pulseiras para agasallar aos  compañeiros e compañeiras . Queredes ver como quedaron e o felices que fomos intercambiando os nosos agasallos?

miércoles, 16 de febrero de 2022

DÍA DOS NAMORADOS OU DA AMIZADE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este luns foi o "Día dos Namorados" ou "Día de San Valentín". Sabíades que a orixe de San Valentín vén do século III, en Roma, cando un sacerdote chamado Valentín opúxose a unha orde do emperador Claudio II que decidiu prohibir os matrimonios entre persoas xóvenes porque consideraba que así terían mellores soldados sen ataduras sentimentais?

Como Valentín celebraba igual os matrimonios o emperador mandou capturalo e, alegando desobediencia e rebeldía, sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febrero do ano 270. De ahí, que o 14 de febreiro se celebre o día dos namorados.

Esta data celébrase en moitos países con moitas variantes, así o "Día dos Namorados" en Finlandia ou Estonia tamén é unha homenaxe á amizade. En Perú aproveitan para ensalzar a poesía e nós no CEIP Ramón de Valenzuela fartos de tanto grupo burbulla e de tanta separación de COVID decidimos celebralo con agasallos interaulas. Por sorteo, preparamos fermosos corazóns con pequenas sorpresas e frases de amizade e compañerismo para outra aula; e buscamos libros de amizade e amor para compartir na "Hora de Ler". Separados pero xuntos así celebramos o "Día dos Namorados e da AMiZADE" no CEIP Ramón de Valenzuela.

lunes, 20 de febrero de 2017

Día dos NAMORADOS


Non hai mellor xeito que celebrar o "Día dos Namorados" que con fermosas lecturas, envoltas en corazóns cheos de ilusión e desexo. A guinda da xornada a vosa interpretación do poema de Álvaro Cunqueiro "Quen puidera namorala" unha soa voz, unha doce música. Parabens porque é fermoso vervos a todos xuntos dende infantil a primaria unidos ao son de Luis Emilio Batallán.
Premede na imaxe para ver o vídeo






viernes, 14 de febrero de 2014

Libros con AMOR

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que podo dicir que non saibades do día dos namorados?
Hoxe 14 de Febreiro é o DÍA DOS NAMORADOS. Hoxe é o día de compartir algo con aquelas persoas que fan a nosa vida máis fermosa e doce.
Eu comparto lecturas con amor. Lecturas que fan feliz a un amigo. Lecturas que fan sorrir a papá e a mamá. Lecturas para compartir cos compañeiros e compañeiras, na aula ou na rúa. Contos que fan que todos se sintan mellor e desprendan sorrisos. Eu comparto LIBROS CON AMOR!!
Agardo que vos gusten.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




jueves, 14 de febrero de 2013

LIBROS CON AMOR

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa deixamos atrás o entroido, os disfraces, o cocidiño, os desfiles... Que festa tan divertida!!!
Agora empezamos unha nova etapa antes das vacacións de Semana Santa e que mellor xeito para empezar a coller forzas que a través da lectura de LIBROS CON AMOR?


 Xa sei que a data de hoxe fai que moitos miredes os libros con pouca confianza e arrepío. Eso do Día dos Namorados non lle gusta a todos nin a todas... Pero non pensedes so no amor a unha parella. Pensade no amor que lle tendes á vosa familia, amigos,... Un amor moi importante, unha lealtade e un cariño que está por riba de todo.
Hoxe 14 de Febreiro presentamos Libros con Amor. Atopade nelas o amor que a vós vos fai sentir ben. Ademáis se sodes quen de contarme algo positivo e bonito destas datas farei que vos chegue un pequeno agasallo da miña parte.
Entre tanto disfrutade e aprendede con os contos propostos. Agardo que vos gusten.



 Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!