martes, 25 de octubre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
lunes, 24 de octubre de 2022
DÍA DA PAISAXE
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día da Paisaxe". Pero... Que é a PAISAXE?
A paisaxe é todo o que nos rodea. É o lugar onde se desenvolven todas as actividades que realizamos no noso día a día. As paisaxes poden ser bonitas pero tamén poden estar descuidadas e feas. Nós hoxe comprometémonos a coidar da nosa contorna, da nosa paisaxe e para elo unímonos para darlle cor e forza a unha das paisaxes máis fermosas que nos rodean "A Fervenza do Toxa". Seguindo a Andy Warhol fixemos a nosa interpretación da Fervenza, unha actividades que será o comezo dun proxecto de investigación que mesturará arte e natureza.... Como se chamará este proxecto? Pronto celebraremos o "Día das Bibliotecas Escolares" e o descubriredes....
viernes, 21 de octubre de 2022
BIBLIOTECA José López Casal
Ola garabulliños e garabulliñas!! Achégase o "Día das Bibliotecas" e estamos preparando moitas actividades e sorpresas. Agardamos a vosa visita o luns 24 para gozar dun día tan especial para todas as bibliotecas escolares.
Xa sabedes que a biblioteca dende finais do curso pasado cambiou o seu nome. Agora é a Biblioteca José López Casal. José foi o mestres que máis loitou por esta biblioteca e que conseguiu que este espazo chegara a ser un espazo de aprendizaxe lúdico, creativo, imaxinativo, de investigación, de lectura, de creación...
Vide a nosa biblioteca á Biblioteca José López Casal. A biblioteca na que "Lemos porque nos peta".
jueves, 20 de octubre de 2022
Ola garabulliños e garabulliñas!! Temos a sorte de ter a lingua máis fermosa do mundo e a RAG remata de producir unha película de ficción A orixe da nosa lingua guapa, para explicarnos a todos e todas como foi o proceso de formación do galego.
A película deixámola aquí colgada para que poidades vela. Tamén está na páxina https://primaveradasletras.gal/lingua-guapa/curtametraxe Esta páxina da primaveradasletras.gal bota a andar unha sección que se chama "Lingua Guapa", que divulgará contidos sobre a lingua e a cultura galegas, así que non deixedes de visitala.