Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova recomendación dos Booktubers de 5º. Nesta ocasión son Antía, Aitor e Raúl os que se achegaron a nosa emisora para recomendarnos un novo libro. Neste caso en formato cómic: Policán. Queredes sabe de que vai? Pois escoitade aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º
lunes, 20 de marzo de 2023
domingo, 19 de marzo de 2023
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR CON 5º
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 15 de marzo celebramos no cole o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor". É unha data encamiñada a recoñecer e defender os dereitos do consumidor.
O alumnado de 5º achegouse a todas as aulas para invitarnos a conmemorar esta data dun xeito máis responsable. Falounos do consumo responsable dirixido a adquisición de produtos sostibles e necesarios. Un consumo solidario que xenere menos residuos e respecte o medio ambiente.
A través de distintas actividades baseadas na reciclaxe, reutilización de produtos e coidado do medio ambiente foron facendo obradoiros moi interesantes e moi divertidos.
Aprendemos moitas cousas coma que debemos evitar as compras por impulso, coidar os nosos xoguetes e roupas para que duren máis, procurar reparar o que rompe, comprar produtos locais,... En definitiva invitáronnos a fomentar o consumo responsable e a reutilización de materiais e produtos dirixindo as nosas actuacións ao coidado do medio natural. A deixar un mundo mellor.
Ollade o que co alumnado de 5º fixemos!!
martes, 14 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Ola amiguiños e amiguiñas! A pasada semana celebramos a Semana da Prensa.
Cada día chegaban ao cole varios xornais cos que estivemos a traballar. Tanto o periódico e as súas seccións en xeral coma as noticias e as súas partes máis en particular.
Como a Semana da Prensa coincidiu co 8M "Día Internacional da Muller" decidimos resaltar, criticar, valorar ou refacer noticias que levaran coma protagonistas as mulleres.
Outro tema proposto para a elaboración das novas foi o Coidado do Medio para apoiar o proxecto do cole deste ano "NATURARTE".
Cos vosos traballos creamos un periódico do cole "As novas de Garabullo". Queredes lelo?
viernes, 10 de marzo de 2023
Escribir a Biblioteca con 2º polo "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes 2º escolleu o 8M "Día Internacional da Muller" para aprender con nós o que esta data simboliza. Despois da interpretación de Maruxa , deixáronnos unha sorpresa na Biblioteca.
En nome de todo o alumnado do cole, e en honor a todas as MULLERES que loitaron e loitan pola IGUALDADE, achegáronse á BIBLIOTECA para, dun xeito simbólico, "deixar voando" as palabras ESCRITAS que simbolizan os logros dos nosos antepasados, e a nosa promesa de continuar con este cambio.
Escolleron a Biblioteca coma lugar simbólico de aprendizaxe e, a realidade aumentada para apoiar a proposta da ONU para a celebración do 8M que leva por lema: Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER! Maruxa
domingo, 5 de marzo de 2023
OBRADOIRO DE LETTERING
Ola amiguiiños e amiguiñas! Sabedes o que é o "lettering". O letering é a arte de debuxar as letras. Empregando os vosos rotuladores ou incluso con lapis e goma, podedes aprender as técnicas básicas de lettering para poder "Escibir a palabra".
Tamén, aproveitando que estamos na semana do 8 de marzo, animámosvos a facer un pequeno deseño dunha tarxeta, marcapáxinas.... para agasallar a UNHA MULLER IMPORTANTE para vós.
Cando teñamos todos os vosos traballos iremos colgándoos aquí neste blog para que chegue a todas as mulleres importante do mundo. Porque a Biblioteca sabe crear, debuxar, ler e escribir a palabra.
viernes, 24 de febrero de 2023
DÍA DE ROSALÍA
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves 23 de febreiro foi o "Día de Rosalía". Xuntos celebramos o nacemento dunha muller que loitou pola súa terra, pola súa lingua e pola súa condición de muller que amaba escribir.
Un dos seus temas favoritos era a Natureza da que era defensora. A súa planta favorita os pensamentos e a súa árbore o roble.
Nós tamén quixemos rendirlle o seu merecido homenaxe. Limos os seus poemas e creamos distintas composicións para entre todos facer nacer a Flor de Rosalía que loce na entrada do cole.O día 23 estivo cheo de actividades dende ver un vídeo da Biografía de Rosalía de Castro (picade no enlace para voltar a velo), facer chapas propias decoradas por vós e con a palabra que máis vos achegaba a Rosalía. Tamén fixemos a visita virtual á casa de Rosalía de Castro situada en Padrón e rematamos a xornada plantando pensamentos, a flor preferida da nosa autora homenaxeada, que agora locen nas fiestras da biblioteca.
Un fermoso día moi especial recollido neste vídeo:
miércoles, 22 de febrero de 2023
MÁSCARAS NATURARTE
Ola amiguiños e amiguiñas!! A natureza está presente en todo o que nos rodea e a nosa labor é coidala, respectala e valorala. A natureza é vida e a súa esencia está presente en todo. Este ano dedicamos o proxecto da biblioteca a combinar Natureza e Arte. Estamos aprendendo que dunha pedra temos un símbolo de paz, dun pau ou dunha tora dun tronco un adorno para Nadal, de papeis vellos corazóns de amizade....
Seguindo esta idea decidimos facer os nosos antefaces para o Entroido aproveitando o que imos encontrando no patio, nos camiños ou de camiño ao lixo. A verdade que fixemos antefaces ben bonitos e para mostra este resumo!!
OS CACHARELOS
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 15 de febreiro contamos coa visita de dous cacharelos. Tapando a cabeza unha careta que lembra a obra "O Mascarón de Laxeiro", o traxe cheo de cintas de cores amarelas, laranxas e vermellas que lembran as lapas das lumieiras de San Xoan, na cintura catro ou cinco chocas que marcan o paso do Cacharelo e dan ese aire de festa, sorpresa e medo. Correndo co seu son acompasado e na man un toxo "Os Cacharelos de Lalín" chegan ao patio chamando a atención de maiores e pequenos. Pouco a pouco os nosos cacharelos paran o seu xogo para dar a coñecer o seu pequeno Entroido. Un Entroido de barrio que está a nacer e que pouco a pouco está a gañar gran recoñecemento na vila e na comarca.
Despois dunha mañá de carreiros e xogos cos cacharelo
s tivemos a sorte de poder facerller unha pequena entrevista. Escoitade!!
E se queredes... Aquí podedes ver que ben o pasamos...
martes, 21 de febrero de 2023
OS DISFRACES DO ENTROIDO
Ola amiguiños e amiguiñas!!! Chegou o Entroido cargado de risas, de emoción e de gañas de pasalo ben. Todos disfrazados e cada un ao seu xeito. Uns máis inxeniosos, outros máis divertidos e outros máis tradicionais. Pero todos disfrazados e con gañas de pasalo moi ben e de comezar a festa e a parranda. Queredes lembrar o guapos que íbades todos? Ollade!!
lunes, 20 de febrero de 2023
ALTO DOS XENERAIS INFANTIL 2023
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis tivemos a sorte de poder ser os primeiros en disfrutar do Alto dos Xenerais Infantil. Dende hai moitos anos, o noso querido José, creaba as arengas co alumnado do cole e os preparaba para o Alto Infantil.
Este ano cambiou un pouco, pero o traballo foi o mesmo. José apoiando á organización do Entroido de Bandeira formou, un ano máis aos nenos e nenas do Alto. Coa gracia que os caracteriza e os conselliños que el sabe dar, foron compoñendo as súas arengas para darlle vida ao "Alto dos Xenerais Infantil". Un espectáculo emocionante e divertido que nos encanta ver cada ano.
Grazas a todos e a todas as que fixechedes posible este momento!!
miércoles, 15 de febrero de 2023
OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do xoves
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa toca mandar
o xoves está a chegar
e o mandadiño hai que acatar
Cunha gravata
ou unha bufanda
tapa a garganta
para saír de parranda.
OBRADOIRO DE ORIGAMI
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de Valores de 3º investigaron sobre a hitoria e curiosidades do "Origami". Aprenderon a facer moitas cousas pregando papel e fixeron un mural para amosarnos o que descubriron.
martes, 14 de febrero de 2023
Libriños collín polo San Valentín
OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do mércores
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos na metade da semana!!
Preparádevos para sorpresiñas...
E para unha boa foliada.
Non deixedes de cubrir
cun pucho a cachola.
Moito queremos rir!!
Nesta divertida troula
QUE SABES DO ENTROIDO?
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está aquí o Entroido. Sei que sabedes moito deste tema que vén acompañado de disfraces e parrandas, pero... Atrevédesvos a xogar na aula con este xogo? Foi elaborado polo e EDLG do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña e compartido con todos os coles galegos.
lunes, 13 de febrero de 2023
OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do Martes
Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá xa é martes antes de Entroido e Garabullo deixa un novo recadiño. Coma é o "Día dos Namorados e da Amizade" un carazón tedes que traer, non vos podedes esquencer!!
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial da Radio". A radio é un dos medios informativos máis emblemáticos e dinámicos a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.
Para celebrar este día, Ponte Nas Ondas convidounos a participar creando un podcast no que contáramos as cousas que se fan na nosa radio. Irene de 5º e Uxía de 6º foron as encargadas de facer o programa. Falaron de todo o que se fai en Radio Garabullo e, como era de esperar, formamos parte dese grupo de "Escolas nas Ondas" que estiveron emitindo hoxe todo o día para España e Portugal.
Premede na imaxe, escoitade as vosas compañeiras e fedellade nas novas de Ponte Nas Ondas!!
domingo, 12 de febrero de 2023
OS MANDADIÑOS DE GARABULLO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
O Entroido está chegando
e pensando e pensando
e rimando rimando
uns mandadiños fun elaborando.
Xa sabedes!!
Cada día novos mandadiños.
Non esquenzades vir amañadiños!!
miércoles, 8 de febrero de 2023
DE QUE ME DISFRAZO?
Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o Entroido e Cova e Carla de 3º prepararon un programa moi divertido para darnos consellos e ideas de disfrace. Queredes escoitalas?
OS IDIOMAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana naceu en Radio Garabullo un novo programa dedicado aos idiomas. Está dirixido por Cova, Zoe e Gaia e no seu primeiro capítulo ensínannos a saúdar en italiano. Animádesvos?
LECTURAS INTERCENTROS II
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles. As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.
Este mes de xaneiro o protagonista foi o noso cole. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar e do CEIP Manuel Rivero de Lalín e aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe.
Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.
Orellas de bolboreta:
Chímpate Pepa!:
Oso Atrapabolboretas:
martes, 7 de febrero de 2023
DÍA DA PAZ
Ola amiguiños e amiguiñas!! O "Día Escolar da non Violencia e a Paz" xa rematou pero sempre estará presente en nós. Lemos contos da PAZ, para poder escribir , escribimos para unirnos nun fermoso "Glosario" en formade lapis. Un lapis que nos levou a un conto: O lapis máxico de Malala. Un conto lido por todos os mestres e mestras para todos os nenos e nenas do cole porque aprendemos que: "Un neno, un mestre, un lapis e un libro podemos cambiar o mundo".
Un mundo que comeza na nosa escola onde todos xuntos fomos quen de facer que unhas pedras, imaxe de castigo e dor, fosen pezas fundamentais na creación do noso símbolo da PAZ. Xuntos podemos cambiar o mundo!
LECTURAS EN PAZ
Violencia e a PAZ". Durante a semana anterior preparámonos para esta actividade con lecturas e debates sobre a lectura. Cinco días e cinco lecturas que rotamos de 1º a 5º.
miércoles, 1 de febrero de 2023
Booktubers de 5º "El pequeño Nicolás"
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabemos que os "Booktubers" crean contidos para internet, tendo como tema principal os libros e os contos. Sen embargo, os nosos compañeiros de 5º decidiron facer de "Booktubers" ao seu xeito e aproveitaron Radio Garabullo para falarnos dun conto moi divertido e moi propio desta época do ano na que traballamos a PAZ. Trátase dos contos do "Pequeno Nicolás" as aventuras que lle acontecen na escola a un neno moi travieso e que sempre acaba metido en leas... Escoitade o que nos contan Irene, Andrés e Asier.
E... se ledes as aventuras do pequeno Nicolás, pasade pola Biblio a contarnos se vos gustaron.