Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos con as actividades levadas a cabo nas aulas como froito da investigación do proxecto Naturarte. Neste caso foi o alumnado de 2º.
A súa proposta partiu dunha necesidade de facer da natureza parte da súa obra. Que os materiais que a natureza aporta se convertisen en ferramentas non so de construción senón tamén de concienciación.
Os nenos e nenas de 2º empregaron arxila, pedras, paos e pétalos de rosa e camelias para facer as súas creacións.
Coma Andy Goldsworthy, escultor escocés, que fai a súa obra con materiais naturais coma follas, ramas, xeo, pedras ou neve; os nosos compañeiros e compañeiras de 2º puxeron a súa creatividade a funcionar e crearon cousiñas fermosas conscientes de que unha vez realizadas a luz do sol, o aire ou simplelmente o paso do tempo terminan devolvéndoas á terra.
Son obras agarimosas e fermosas as que fixeron, incluso algunha nai lanzouse a intentalo e enviounos unha fermosa bolboreta feita con pétalos de rosa.
O motivos para facer este tipo de obras que duran tan pouco é entender a Natureza e o cambio continuo ao que está sometida.
0 comentarios:
Publicar un comentario