Ola amiguiños e amiguiñas! Dende a biblioteca do centro queremos agradecer ás nais e avoas do alumnado de 3º a súa participación nunha actividade moi especial que compartimos estes días.
Durante a xornada, e arredor dun pequeno almorzo, tivemos a oportunidade de escoitar como era a escola cando elas eran pequenas, coñecer as súas vivencias persoais e establecer comparacións coa realidade actual do noso alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Ademais, a actividade permitiu reflexionar sobre o papel da muller ao longo do tempo e a súa presenza na sociedade e na cultura. Neste sentido, tamén fixemos referencia ao Día das Letras Galegas, comentando a importancia de recoñecer e dar visibilidade ás mulleres que contribuíron á nosa lingua e literatura.
Queremos destacar a implicación, cercanía e xenerosidade das participantes, que compartiron co alumnado experiencias, recordos e coñecementos de gran valor.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Actividades como esta axudan a construír comunidade, a valorar o pasado e a seguir aprendendo xuntos.








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
