Ola amiguiños e amiguiñas!
Esta semana celebramos no cole o 8M, Día da Muller, que decidimos unir co 11F, Día da Nena e da Muller na Ciencia, para formar o DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS E GALEGAS.Da man do alumnado de 5º de Primaria e do seu mural entramos en contacto con MULLERES GALEGAS fundamentais para o desenvolvemento do mundo actual.
O martes tivemos a presentación de todo o traballo que rematará cun programa de radio especial: unha entrevista a Marisol Soengas. Nacida en Agolada, Marisol é unha cientírfica bióloga galega, especializada na microbioloxía molecular. É unha prestixiosa investigadora a nivel mundial na loita contra o melanoma, o tipo de cancro de pel menos común paro o máis letal. É directora do Grupo de Melanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
As reporteiras de Radio Garabullo tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista no mes de xaneiro en Lalín. A entrevista pronto a poderedes escoitar. Mentres, deixámosvos cun resumo da nosa celebración do 8M & 11F.


0 comentarios:
Publicar un comentario