Ola amiguiños e amiguiñas!!
Seguimos con esta fermosa actividade de liberar poemas. Terceiro recitou o martes 13 de maio un poema do libro A casa de había unha vez.
Empregando algúns poemas de Ana Mª Fernández ofrecéronnos este fermoso recital.
Ollade!! Ollade!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
Mostrando entradas con la etiqueta 3º (2013-2014). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º (2013-2014). Mostrar todas las entradas
miércoles, 14 de mayo de 2014
lunes, 7 de abril de 2014
Club de lectura de 3º

É interesante ver como día a día ídesvos sumando a esta proposta de recomendar as vosas lecturas preferidas.
Hoxe tócalle ao club de lectura de 3º "Club de Garabullo" falar do conto No corazón do bosque que acaban de rematar de ler.
Xa veredes como o libro semella interesante e asegúrovos que engancha!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
viernes, 21 de febrero de 2014
DON POL E PEQUENO PIN

Íker e Xiana, grazas á axuda de Carmen, a Orientadora, estiveron a facer un dobre traballo.
Por un lado aprenderon a importancia do traballo en equipo, da colaboración e do respecto.Tras unha pelea descubriron que o mellor xeito de solucionar as diferenzas e o diálogo que tivo como resultado a presentación deste conto.
Por outro lado como preparar e contar un conto. Neste caso:
Don Pol e o pequeno Pin.
Xiana é Don Pin, un pequeno cangrexo desesperado por sentirse deforme, tras un encontro co vello polbo Don Pol (Íker) decátase de quen é. E... se queredes saber que pasa, lede o conto que tedes na biblioteca, ou escoitade como volo contan os protagonistas.
Agardo que vos guste tanto coma a min.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)