Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos nas vacacións de Nadal. Chega unha época de tempo libre para xogar, para estar coa familia, de moitos agasallos,...
Xa sei que tedes as vosas cartas escritas e agardo que pidades algún conto.
Lembrades os que vos aconsellei nas guías de lectura? Son contos moi bonitos e divertidos así que vou deixalos aquí colgados para que os reis poidan velos tamén e levarllos a todos os nenos e nenas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA
miércoles, 24 de diciembre de 2014
miércoles, 17 de diciembre de 2014
Infantil xoga co Apalpador
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo destos días os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo cousas do Apalpador. A través de preguntas e de imaxes foron facéndonos partícipes das súas aprendizaxes.
Foi moi fermoso ver como día a día o mural ía cambiando.
Unha experiencia moi divertida, grazas a que coñecemos un pouco máis a este señor e coa que ademáis o pasamos en grande.
Queredes ver todo o que fixemos e aprendemos?
Ollade este conto!!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 11 de diciembre de 2014
COEDUCAMOS 2014
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como ben sabedes son moitas as actividades que se fan na escola.
Hoxe chegou ás miñas mans esta nota xunto cun vídeo das actividades que fixeron os nenos e nenas de infantil para conmemorar o 25 de novembro.
Ollade!!! Ollade!!

COEDUCAMOS
2014
Como
puidemos comprobar nas últimas entradas do blog, o pasado 25 de novembro
celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e alumnado de educación infantil
tivo a oportunidade de participar nos Obradoiros
de Coeducación: “Iguais ou diferentes”
, organizados polo CIM de Silleda.
Constaron de
dúas sesións:
- A primeira
das sesións (13 novembro) levaba por título: “O xogo no desenvolvemento
infantil. As relacións sociais nos xogos; xogando xuntos aprendemos”.
- A segunda
sesión (20 novembro) levouse a cabo baixo o título: “Transmisión de
esteriotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”.
Grazas a
estes obradoiros, o alumnado de infantil puido dispoñer de situacións de
aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales foron adquirindo habilidades
positivas e valores que contribúen a mellorar o seu desenvolvemento persoal. Porque
coeducando é o único xeito que temos ó noso alcance para tentar conseguir unha
sociedade en igualdade!!
viernes, 5 de diciembre de 2014
UN CANTO AO MALTRATO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que ao longo deste mes estamos a publicar cousas feitas na aula ou fóra dela para traballar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un ano máis foron os rapaces e rapazas de 6º os encargados de interpretar para todos un Canto ao Maltrato. Berraron NON polos que non teñen voz, polos que non teñen forza, para os que o precisen.
Hoxe deixo este Canto ao Maltrato aquí colgado, non só para que o gocedes, tamén para que escoitedes e aprendades o que transmite.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 2 de diciembre de 2014
QUE PLANTAMOS PARA XANTAR?
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que plantamos para xantar? é o título dun proxecto que comenza na Biblioteca e chega a todas as actividades da escola.
Temos un horto no que imos a traballar, investigaremos sobre moitos temas, elaboraremos murais, faremos entrevistas, leremos contos e faremos todo aquelo que se nos ocurra para poñer en marcha este proxecto.
Para comezar, dende hoxe teredes a posibilidade de publicar o que facedes no horto e as vosas investigacións nun blog de Voz NATURA (picade enriba do logo para chegar ao blog)
O NOSO HORTO é o nome do noso novo Blog. Xa está en funcionamento grazas a Ana e Jorge de 5 anos, que hoxe foron os primeiros en publicar . Dende a biblioteca, e coa axuda de dúas mestras, foron traballando ata chegar ao que hoxe podedes ver colgado.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

Animádevos a publicar as vosas pescudas e os vosos traballos.
Etiquetas:
2014-2015,
Ana e Jorge,
infantil,
VOZ NATURA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)