Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o fin de curso e o programa de Parabéns tamén remata. Un curso máis os parabéns e as novas do cole acompañaron os comedores do cole dándolle ese aire festivo e compartindo ese momento que tanto nos ilusiona a todos coma é o día do noso aniversario e a celebración con todos e todas no comedor.
lunes, 16 de junio de 2025
Programa 3: Parabéns 16-06-2025
miércoles, 11 de junio de 2025
"Nós tamén creamos" e Navega Caracol
Ola, amiguiños e amiguiñas!! Se vos falo de "Nós tamén creamos".... Sabedes de que se trata?
Pois o Programa NÓS TAMÉN CREAMOS é un programa que ten por obxectivo fomentar o uso e a aprendizaxe do galega o través da creación audiovisual, concretamente mediante a realización de curtametraxes de animación coa técnica do STOP MOTION (empregando fotos para que semelle que as figuras, obxectos ou debuxos teñan movemento).
Este ano o alumnado de 2º e 5º de primaria participou neste programa facendo actividades moi distintas e divertidas dirixidas a dar vida ao conto Navega Caracol de Armando Quinteiro publicado en OQO.
Entre as actividades fixeron :
En segundo, aproveitando o Nadal, fixeron un "Taumatropo de Nadal". Queredes saber que é, e como se fai? Ollade!!
En quinto xogan con obxectos e fotografía, hai algún grupo que escolle o propio corpo... e seguen a experimentar cambiando a velocidade do fotograma:
jueves, 5 de junio de 2025
María e a gata Sandía
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Darling de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
O gato Mel
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía González de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
jueves, 29 de mayo de 2025
Novas de Bandeira, por Lía Enríquez e Sara
Ola amguiños e amiguiñas!! Sabedes unha das cousas que máis nos gustan na Biblio e na Radio? É ver todo o que aprendedes e o autónomos que sodes!! Onte cando Sara e Lía Enríquez de 6º quixeron subir soas a emisora de Radio Garabullo a facer un pequeno programa encantounos. Elas soas escribiron a escaleta e gravaron soas durante o recreo para poder emitir o podcast no comedor do cole. Un traballo fantástico. Moitas grazas.
miércoles, 28 de mayo de 2025
FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.
Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.
Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...
Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.
miércoles, 14 de mayo de 2025
O gato Tintín
para ler un conto escrito e inventado por ela. Así, fixo este "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
martes, 13 de mayo de 2025
MULLERES QUE CANTAN A NOSA CULTURA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano o alumnado de 6º estivo preparando un programa de radio para darnos a coñecer un pouco a tradición das cantareiras e pandereteiras. Foi un traballo que contou coa colaboración das rapazas do cole que tocan e cantan en "Xirandola". O resultado un "Podcast" de Radio moi interesante para coñecer un pouco mellor as nosas letras e escoitar o ben que o fan as vosas compañeiras.
ESCOITADE!!!
martes, 8 de abril de 2025
AS NOVAS DE BANDEIRA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que na escola facemos un montón de actividades!! Esta semana Lía Enríquez e Sara de 6º decidiron facer un noticiario contando todas as novas que están a pasar no cole e que pasarán. Está xenial!! Agardamos que sigan contando máis novas de todo o que irá acontecendo ata final de curso.
Agora escoitade as novas que seleccionaron para emitir para o comedor do cole!!
martes, 25 de marzo de 2025
PROGRAMA 2: Parabéns 26-03-2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos nas ondas o novo programa de RADIO GARABULLO. Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer.
Nesta ocasión os locutores foron Hugo Fuentes, Lucía, Xoán e Eire de 4º. Tocaba darlle os parabéns aos nacidos nos meses de decembro a marzo e contarnos algunha cousiña máis. Escoitade!!
lunes, 10 de marzo de 2025
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este programa de Radio é unha invitación do alumnado de 3º a continuar lendo esta entrada do Blog e a participar nas actividades que nos propoñen.
Xa estamos de volta!! Atrás deixamos o Entroido, pero o traballo continúa. Achégase o 8M. O "Día Internacional da Muller" e o alumnado de 3º achéganos un montón de propostas!!
Sabedes que este ano traballamos con contos...Pois, buscando un conto os nenos e nenas de 3º atoparon unha biografía de Ada Lovelace, unha muller pioneira na ciencia e na informática. Foi tan importante que dende 2009, celébrase o "DÍA DE ADA LOVELACE" o segundo martes de outubro, para visibilizar o traballo das mulleres STEM (mulleres que destacan no mundo da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).
A clase estivo traballando co conto e grazas a isto fixo esta reportaxe dende a Aula de Polos Creativos.
ENTREVISTA A SARA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Uxía e Daniela de 5º fixeron unha entrevista a Sara, a nosa conserxe. Unha máis dentro desta comunidade educativa. Tanto limpa as aulas, como nos fai unha cura ou anota a todos para o comedor. Sabedes cantos anos leva xa no cole?
As Reporteiras de Garabullo entrevistan a Mario e Diego
Ola amiguiños e amiguiñas! Estaredes preguntándovos quen son Mario e Diego, ou non. Seguro que xa o sabedes!!
Mario e Diego son dous dos responsables da creación da "Escola de Xenerais de Bandeira" ademais de antigos alumnos desta escola . Ao longo destes meses estiveron formando a moitos de vós en todo o que implica o "Alto dos Xenerais Infantil". Dende escribir as arengas, como se recitan, a súa rima, as pequenas bromas entre os participantes,..
As nosas reporteiras Carla e Noa de 5º quixeron entrevistalos e dispostas cos seus chalecos de reporteiras e a súa gravadora fixéronlles esta marabillosa entrevista.
jueves, 20 de febrero de 2025
OS MANDADIÑOS DO ENTROIDO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o Entroido e para adiantar os vosos disfraces os nenos e nenas de 2º propóñennos os mandadiños do Entroido para este ano. Ide buscando unha cousiña para cada día. Xa sabedes!
Non se acumulan!!
Cada día un complemento distinto!!
O último día DISFRACE LIBRE!!
miércoles, 19 de febrero de 2025
LUNA LLENA
martes, 18 de febrero de 2025
4º visita Radio Pontevedra (Cadena Ser)
Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá dia 19 de febreiro o alumnado de 4º visitará a emisora de Radio Pontevedra, Cadena SER, en Pontevedra para recibir unha formación de Radio na propia emisora. Despois participará en directo na emisión do programa "Hoy por hoy Pontevedra", para conectar no dial 98.7 FM ou picando na imaxe.
viernes, 14 de febrero de 2025
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este foi o programa que fixeron os nenos e nenas de 1º para presentar aos seus compañeiros e compañeiras de 5º e celebrar así o "Día Mundial da Radio".
Este ano o alumnado de 5º de primaria participou na celebración do Día Mundial da Radio emitindo dende Radio Garabullo un podcast sobre o Cambio Climático, colaborando así con Rede Espora e Ponte nas Ondas. Non esquezamos, ademais, que este ano o "Día Mundial da Radio" está dedicado "A radio e o cambio climático". Con esta iniciativa preténdese dar apoio ás emisoras de radio na cobertura periodística deste tema.
tamén emitiu o noso programa dende a súa canle. Premede na foto para escoitalo, temén poderedes escoitar os de outras Radios Escolares. Programas interesantes e divertidos sobre o "Cambio Climático".lunes, 10 de febrero de 2025
ENTREVISTA A CARMEN DE 4º
Ola amiguiños e amiguiñas! O semana pasada foi o aniversario de Carmen de 4º. Lola, Henar e Martina de 4º decidiron facerlle unha entrevista para saber como pasou o seu día. Escoitámolas?
domingo, 2 de febrero de 2025
ROSALÍA MORLÁN
Ola amguiños e amiguiñas!! Este ano celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" dun xeito diferente. Falando e aprendendo moitas cousas e palabras bonitas da man de Rosalía Morlán. Grazas a asociación AÚPA DEZA tivemos a sorte de coñecer a esta escritora tan marabillosa, autora de "A bolboreta Arlequina".
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Dende aquí damos as grazas a asociación AÚPA DEZA e a Rosalía por unha xornada que os nosos nenos e nenas non esquecerán. De momento picando na foto o comentario da prensa e pronto máis cousiñas da visita de Rosalía.
miércoles, 15 de enero de 2025
ENTREVISTA A ROCÍO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos co ciclo de entrevistas feitas polo alumnado de 5º aos mestres do centro. Hoxe con Rocío, a mestra de música e a súa profe de lingua galega, ciencias naturais e plástica. Queredes saber do que falaron? Escoitade!!

















