Como xa sabedes este é o conto co que colaboramos no BUBISHER. Tamén o mercamos para a nosa Biblioteca. Sería bonito que viñerades a ler este conto e poder pensar que nalgún lugar do Sahara haberá un neno ou unha nena ou incluso un papá ou unha mamá lendo o conto ao mesmo tempo ca nós. Dalgún xeito conectaremos todos a través dun mesmo conto.
Este conto fala de Lu Szhu unha nena dagonmei que traballaba nunha fábrica de xoguetes. Antes, cos seus dediños montaba pezas pequenas para as bonecas. Co tempo, medrou e levárona a unha mesa a empaquetar. Cando a pequena viu aquelas bonecas enteiras, tan bonitas, con aqueles vestidos de cores... entón quixo ter unha! e....
Se queredes saber o que pasou... xa sabedes! o conto espéravos na Biblioteca, como todos, desexando ser ollado, tocado, gozado... por todos os nenos e nenas do cole.
martes, 20 de diciembre de 2011
BUBISHER
En saharaui BUBISHER significa paxaro de boa sorte. Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sahara para acercarlles o mundo da lectura, dos contos, da información... a nenos, nenas e maiores. É o que nós chamamos unha Biblioteca con rodas.
As Bibliotecas de moitos centros educativos colaboran co BUBISHER enviando algún conto. A nosa biblioteca regaloulle o conto El sueño de Lu Shzu.
Con iso enviamos tamén a nosa ilusión aos rapaces e rapazas saharauís para que coñezan o marabilloso mundo la lectura.
Se queredes saber algo máis do BUBISHER mirade este video explicativo. É moi interesante e axudaranos a entender a labor tan bonita de tantos voluntarios e voluntarias que queren levar a lectura, neste caso, aos campamentos de refuxiados do Sahara.

domingo, 18 de diciembre de 2011
UN LIBRO POLO NADAL
Ola nenos e nenas!!! Un ano máis chega o Nadal. Ven un tempo frío... Apetece quedar na casa quentiños e cun chocolate... Estamos xa tumbados no sofá e... Que facemos? LER. Siiii ler!!!
Aquí deixo unhas recomendacións de lectura para todas as idades. Libros de todo tipo. Libros que nos van a levar a vivir historias preciosas. Lede os libros e contádeme á volta das vacacións que vos pareceron, se foron divertidos ou cal vos trouxeron os Reis. Agárdovos na Biblioteca para saber das vosas experiencias.
BO NADAL FELIZ LECTURA A TODOS !!!

martes, 22 de noviembre de 2011
Os MEDOS do SAMAÍN
Tendo en conta a proposta feita por GARABULLO dos MEDOS, amosamos o seguinte vídeo. É unha resume de todos os medos que foron recollidos no MURAL DO SAMAÍN.
Agardo que vos guste
Agardo que vos guste
lunes, 14 de noviembre de 2011
ME MUERO DE RISA
Me muero de Risa así é o título do conto que inventaron os nenos e nenas de 1º para aportar algo ao SAMAÍN. Agardamos que vos guste moito. Nós pasamolo en grande escribindo este pequeno conto e dándolle unha visión máis graciosa aos contos de medo.
Este conto foi inventado tendo como referencia o conto que tedes na Biblioteca
jueves, 10 de noviembre de 2011
Contos de Medo
Tomando como referencia a historia de "Marcelino Pardo", pertencente ao libro Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro, algúns nenos e nenas de 6º escribiron uns contos. En todos eles aparece un ou máis personaxes fantásticos, "estraños" o que por outra banda fai que sexan unha interesante lectura de SAMAÍN
Agardamos un fantástico e divertido intre de lectura.
Agardamos un fantástico e divertido intre de lectura.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Rimas e Lendas
Os nenos e as nenas de 5º deixan aquí recollidas unhas rimas e lendas do SAMAÍN.
Un simpático esqueleto volas vai amosando!
Son moi divertidas!
Un simpático esqueleto volas vai amosando!
Son moi divertidas!
jueves, 27 de octubre de 2011
ONDE VIVEN OS MONSTRUOS
Ola somos os rapaces de primeiro. Garabullo prestounos este conto medorento..... É un conto chulísimo e ARREPIAAANNNTTEEE:
Onde viven os monstruos
Escrito por Maurice Sendak.
Para todos os que estedes interesados o conto é precioso e para os que non o podades atopar deixámosvos un enlace
Agardamos que vos guste!!!!
Onde viven os monstruos
Escrito por Maurice Sendak.
Para todos os que estedes interesados o conto é precioso e para os que non o podades atopar deixámosvos un enlace
Agardamos que vos guste!!!!
E ti de que tés medo?
Chegou o Samaín!!! Coma sempre Garabullo anda a argallar cousiñas para facer divertida a Biblioteca. Despois de buscar entre os libros proponvos unha chea de contos de medo....
Son medorentos!! Terroríficos!! Arrepiantes!!! e moi, moi.... DIVERTIDOS.
Esperamos que vos gusten!
Por certo, non esquezades deixar o voso papeliño contándolle a Garabullo os vosos medos!!!
Son medorentos!! Terroríficos!! Arrepiantes!!! e moi, moi.... DIVERTIDOS.
Esperamos que vos gusten!
Por certo, non esquezades deixar o voso papeliño contándolle a Garabullo os vosos medos!!!
miércoles, 30 de marzo de 2011
LIBERA UN POEMA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)