Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana do Libro" e os nenos e nenas de 6º amósannos algunhas das actividades que están a facer.
lunes, 28 de abril de 2025
viernes, 25 de abril de 2025
APADRIÑAMENTOS LECTORES (Día do Libro 2025)
Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramo o "Dïa do Libro" e coma cada ano fixemos unha das actividades que máis nos gusta a todos: Os "Apadriñamentos Lectores". Grandes e pequenos compartimos lecturas no patio. Encántamo o marmurio que se escoita cando estades todos contando os vosos contos aos vosos compañeiros e compañeiras.
viernes, 3 de mayo de 2024
E OS LIBROS ALIMENTAN...
Ola amiguiños e amiguiñas!! Despois dunha semana de libros e intercambios solidarios de contos por alimentos non perecedeiros, conseguimos unha boa cantidade de alimentos, que foron doados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Así foi recollido nos xornais deste venres e así de guapos saídes. Picade na foto se queredes ler a nova.
FARO DE VIGO
miércoles, 1 de mayo de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano celebramos o "Día do Libro" con Apadriñamentos Lectores. Lecturas que pequenos e non tan pequenos compartides lecturas e momentos de imaxinación, lectura e aventura.
É un ratiño moi especial para todos e así o demostrades. Ollade!!
lunes, 29 de abril de 2024
LECTURA E FAMILIA con Mariela
Ola amiguiños e amiguiñas!! O mércores 24, os nenos e nenas de infantil celebraron a Semana do Libro con Mariela, a nai de Martina Blanco. Achegous a nosa biblioteca a contarlles un conto moi divertido e moi bonito: Por catro esquiniñas de nada. A verdade que estivo moi entretido e o pasamos moi ben. Queredes escoitalo?
domingo, 28 de abril de 2024
As Recomendacións Lectoras da Semana do Libro 2024
Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana do Libro e que mellor xeito que facendo recomendacións lectoras. Ao longo da semana moitos dos vosos compañeiros e compañeiras pasaron pola biblioteca durante os recreos para falar das súas lecturas favoritas. En tres pequenos vídeos poderedes ver recomendacións de todo tipo. Dádelle ao "play" e gozade con estes consellos.
viernes, 29 de abril de 2022
AGASALLOS MARABILLOSOS
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana tivemos a sorte de compartir unha tarde con catro persoas moi semellantes e moi distintas. Xosé Luna mestre, poeta, narrador, dramaturgo, ensaista, editor,... Con Charo Golmar mestra e poeta, con Luchi ilustradora de contos de nenos e adultos e con Manoele de Felisa que coa súa guitarra dalle vida aos poemas e ilustracións dos nosos artistas.
Viñeror a contarnos o fermoso de ler, de compoñer e de crear. De ser quen de debuxar os sentimentos e as emocións a través da palabra, da imaxe, do ritmo,...
Afúfaros foi a palabra coa que nos agasallaron. Unha palabra que ten que acompañarnos ao longo da nosa vida, e que implica sentimento de alegría, sensación de risa, capacidade de ser e de crear. Unha palabra que so pertence aos nenos e nenas do CEIP Ramón de Valenzuela e que será o noso amuleto para acadar os nosos soños.
Pero os seus petos aínda gardaban máis sorpresas:
Xosé Luna recitounos e fíxonos chegar este poema para os "pereiriños" do CEIP Ramón de Valenzuela e todos os que formamos parte desta escola.
Charo Golmar tamén tivo unha sorpresa para nós. Ademáis de compartirnos os seus "Nobelos de Luz" agasallounos cun poema composto, escrito e dedicado a todos nós. A todos e todas as que formamos parte do CEIP Ramón de Valenzuela, do que ela tamén forma parte.
Grazas por tanto cariño e por tan bos ratos en nome dos pereiriños e pereiriñas do CEIP Ramón de Valenzuela.
jueves, 28 de abril de 2022
CREACIÓNS DO DÍA DO LIBRO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como xa sabedes a Semana do Libro estivo marcada pola elaboración de varias actividades nos diferentes cursos: vídeos, recitados, programas de radio, caligramas, composicións plásticas, e mesmo a edición dun libro propio!
Hai que ver todo o que traballades!! E que ben o facedes!!
Empezachedes as semanas previas á visita de Xosé Luna e Charo Golmar,.... Un gusto ver como todos e todas estivestes traballando cos distintos poemarios propostos polas vosas titoras.
De Xosé Luna traballamos: Sol Rebulideiro en primeiro e segundo de primaria; Libro dos Bicos en terceiro e cuarto e Camiñando, Camiñando en quinto. Xa en sexto decantáronse por Nobelo de Luz, de Charo Golmar
Como facer cando todo nos gusta tanto? Pois primeiro fixémolos nosos. Os distintos cursos escollemos poemas.... Poemas que foron brotando na árbore que preside a entrada do cole. Unha árbore que precisa de nós e nós dela. Durante a Semana do Libro agromaron follas enormes de carballo cheas dos poemas froito do voso traballo, semente do noso lema: “FORTES COMA CARBALLOS”.
Pero, pensando e pensando… por que non facer algo máis?
Os nenos e nenas de PRIMEIRO, con Sol Rebulideiro, practicaron a memoria e o recitado e gravaron varios vídeos no patio do cole. Moito traballaron estes pequenos, non si?
O alumnado de SEGUNDO utilizou a radio para darlle visibilidade ás composicións poéticas que eles traballaron.
As nenas e nenos de TERCEIRO encarcáronse de coller o Libro dos Bicos e reescribilo todiño, utilizando símbolos para representar as palabras e así conseguiron facer a súa propia versión.
O alumnado de CUARTO, xa polo Día da Poesía, o 21 de marzo, acudiron tamén á radio para deixar a súa pegada. Ademais, crearon un fermoso caligrama do poema Bicos de Flores.
Os nenos e nenas de QUINTO, escolleron dous poemas de Camiñando, camiñando: Camiño ao corazón e Camiños de amor, e recitáronos en distintas partes do cole.
martes, 26 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
con Manoele de Felisa que ten o don de coller un poema e darlle vida coa súa guitarra.
Despois de tanto tempo separados pola pandemia foi un acto fermoso e entrañable que abreu a nosa imaxinación e a creatividade e dende aquí queremos agasallar aos nosos convidados coas nosas interpretacións da súa obra, que ao longo da semana deixaremos aquí plasmada.
De momento deixamos un pequeno vídeo dun día que xa non esqueceremos. Queredes velo?
Un saúdo e xa sabedes... VINDE A BIBLIOTECA!!
domingo, 25 de abril de 2021
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2021
En Radio Garabullo estivo presente a lectura. Houbo radio en directo todos os días para o comedor, e o día 23 durante os patios de recreo. Nesta emisións fixéronse recomendacións de Libros CD. Libros co poder de axudar a combater o aillamento do COVID, reforzar os lazos entre as personas, amosar outro xeito de lectura e coma todos os libros estimular as nosas mentes e a nosa creatividade.
Tamén houbo un apadriñamento lector moi fermoso unhas nenas de 2º aproveitaron esta data para ler un conto para todos os compañeiros e compañeiras do cole. Un conto para o comedor. Un apadriñamento lector común a todos e todas moi emocionante. Sara e Yesica de 2º dedicáronlle a toda a comunidade educativa o conto A escaleira no comedor do luns axudadas por Candela e Carla de 6º
Aproveitamos esta semana para traer ós nenos e nenas de infantil á biblioteca. Todos puideron aprender como funciona agora e como facer para levar o seu contiño porque o COVID non pode acabar coa lectura nin coas bibliotecas.
Para rematar pequenos e maiores decidiron contar, cantar e bailar un conto para todos. Un conto moi divertido e entretido no que todos participamos. Un conto para ver, para bailar, para cantar, para ler, para rir!! Pete el gato: I love my white shoes
miércoles, 21 de abril de 2021
MARÍA FUMAÇA
A recomendación do libro CD que traemos hoxe é María Fumaça!!
María Fumaça naceu do amor e a loita por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálisis cerebral. O que xurdiu coma un agasallo de Nadal para o pequeno Ruí da man da súa madriña, a cantante galega Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, convertieuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.
Escoitade a Uxía e Esther en Radio Garabullo falando de María Fumaça
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta semana dedicada ao libro CD ou á música das nosas bibliotecas non podíamos deixar pasar de largo as propostas de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical que naceu cun obxectivo preferente, facer música en galego. Os seus concertos trunfan entre o público familiar e algúns temas, como “A Carolina” ou “Parabéns”, son xa auténticos himnos.
viernes, 24 de abril de 2020
OS RETOS DO DÍA DO LIBRO.
Pois un reto é o que propoño. Que contedes unha pequena historia cos títulos dos contos/libros que tedes na casa. Podedes facelo sós ou con alguén da familia que viva con vós.
Reina Esther de 4º aceptou o reto de Marga e enviáronnolo.
Lembrade que podedes envialo ó correo do blog: conversascongarabullo@gmail.com
Todos os retos que cheguen serán publicados nesta entrada.
Ánimo enviade os vosos retos!!!
Reina mandou o seu agora seguimos con Ana de 5º
Veña que siguen chegando.
Agora Noa de 5 anos. Todos fermosos!!
Agora dous retos o profe José de EF e Jorge de 5º
Dous novos retos, a mestra de 5º Marisa e o seu alumno Martín. Animádevos para facer un en familia!!
Agora son unha nai e unha filla. Mariña de 5 anos e a profe Cristina. Tamén o de Merchi e a súa nena
Un reto con libros de Música de Blanca, ata aquí chegamos mañá máis!!
Hoxe é a teacher Lucía a que envía o seu reto.
Outro reto que nos chega, a profe Esperanza. Xenial!! Seguide enviando!! Lembrade que o podedes facer en familia!!
Estamos contentos porque seguen chegando retos coma o da profe Mª Jesús.
Que ben!! O alumnado de 5º segue animándose, son os campións do reto. Agora é o turno de Carla.
E seguen chegando os retos. Veña animádevos que seguiremos colgando as vosas aportacións. Agora toca ir con Xulia de 3º e unha pequena aportación da súa mamá. Estou encantada con os contos tan bonitos que tedes.
Reto de Xulia:
Reto de Carla:
Reto de Mª Jesús:
Reto de Esperanza:
Reto de Lucía:
Reto de Blanca:
Reto de Merchi:
Reto de Mariña de 5 anos:
Reto de Cristina:
Reto de Martín de 5º:
Reto de Marisa:
Reto de Jorge de 5º:
Reto de José:
Reto de Noa de 6º de infantil:
Reto de Ana de 5º:
Reto de Marga:
jueves, 23 de abril de 2020
RADIO GARABULLO E O DÍA DO LIBRO. XUNTOS NAS ONDAS 5
Fala de dous libros moi chulos que xa recomendamos e voltaremos a recomendar neste Blog.
Escoitade!! Escoitade!!
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
É divertido ver como ensinades a ler e xogar cos contos, a buscar aqueles contos que xa tiñamos esquecidos e "rescatalos" para lelos outra vez, a facer marcapáxinas, a contar os contos lendo ou dar pistas do "chuli" que é un libro ou outro. Falades de moitos libros. De libros de maiores con moita letra e libros ilustrados con apenas letra, de libros que cantan e de libros de animais, de libros de aprender e de cómics,...
Falades de moitos contos. Cada un de vós contoullo á súa titora, dende as vosas casiñas, porque a lectura é esa aventura que nos acompaña sempre... e cando semella que xa non podemos facer nada... volven os contos para xogar con nós, para ensinarnos moitas cousas, para levarnos a mundos descoñecidos,... Os contos nunca nos abandonan, nin nós a eles.
Hoxe celebramos o "Día Internacional do Libro" aínda que para nós os libros se celebran sempre!!!
Felices Lecturas nesta corentena!!!
miércoles, 22 de abril de 2020
XUNTOS NAS ONDAS 4
Coma nos conta Euxea de 6º achégase o "Día do Libro" está a chegar, e os nenos e nenas do cole empezan a falarnos dos contos que máis lle gustan, os contos que marcan a nosa vida, os contos que rescatarían,...
Son moitas as achegas e moi variadas así que comezamos hoxe cun conto na radio: "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto e contado por Noela de 1º de Primaria.
Agardamos que vos guste e seguide contando e recomendando contos porque o "Día do Libro" é mañá pero nós o celebramos todo o ano.
miércoles, 24 de abril de 2019
23 de abril. DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Tamén a idea de traer unha libraría para axudarnos a coñecer os contos e achegarnos a eles presentándonolos. Onte achegámonos aos contos tradicionais e aos contos distintos, os que falan de historias de ficción, e os que están cheos de curiosidades ou de intriga. Aqueles que presentan pequenos retos ou aqueles de consulta nos que nos sumerximos para aprender de todo un pouco. Contos! Libros! que Lola da libraría Aenea de Santiago trouxo para todos. Deixóunolos tocar, ulir, acariñar e así puidemos escoller aquel que tiñamos que ter na nosa aula.
Unha fermosa xornada onde grazas a ela coñecemos moitos contos, que dende hoxe, están na biblioteca e moitos que pronto estarán.
E... como non? Fixémoslle unha entrevista. Os nenos e nenas de 5º aproveitaron a ocasión e preguntáronlle cousas da libraría e dos contos que aquí deixamos para que escoitedes.
martes, 24 de abril de 2018
Día do Libro
Encántame ver como ledes maiores e pequechos, tanto os que gardades algo en común coma os que non vos coñecedes. Toda una aventura para os novos e para os maiores un exercicio de responsabilidade. Como cada ano é fermoso ver como voan as lecturas polo patio, deixándose acariñar polo sol.
E tras unha fermosa mañá de lectura veu unha atarefada tarde de compras. Grazas á "Libraría Vagalume" de Lalín que non tivo problema para achegar os libros ao centro e foran os nenos e nenas de todo o cole os encargados de mercar os libros. Eles son os nosos lectores, eles deben mercar os seus contos. Pero... coma non podemos mercalos todos cada aula mercou tres. Tivemos moitas dúbidas pero ao final as aulas escolleron os tres libros que a biblioteca ten que ter para eles.
Mirade como tocan, len e valoran os distintos contos e discuten para chegar a un consenso. Xa son todos uns fenómenos escollendo.
lunes, 25 de abril de 2016
LIBERAMOS SEIS CONTOS
Son libros que queren coñecer mundo. Queren chegar a calquera parte do mundo trasladando a ilusión da lectura a aquelas masn as que chegue.
Ían acompañados dunha carta e dunha pegatina que aclaraba a súa condición de libros-libres.
O día 23 comenzaron a súa aventura e agardamos poder seguila dende esta entrada do Blog
Aquí deixo a carta, a pegatina e as fotos dalgúns libros que camiñan libres polo mundo
VOA VIAXE!! FELIZ LECTURA!!!
![]() |
Carta que acompaña os libros |
![]() |
Pegatina que acompaña aos contos
PRIMEIRA FOTOS DOS LIBROS LIBERADOS
|
AS NOVAS DE GARABULLO
![]() |
Día do Libro presentando "As novas de Garabullo" |