Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións lectura. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de abril de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O mes de abril é un mes de celebración da lectura. Aínda que para nós a lectura está presente todo o ano, o 23 de abril convértese nunha data especial, sucédense celabracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros. A través dos libros aprendemos e podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarnos ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos distintos personaxes.

Nas escolas preparamos actividades encamiñadas a fomentar a lectura e nós tamén. Que mellor xeito de animar a alguén a ler que recomendarlle un conto? Ao longo da pasada semana os recreos da biblioteca estiveron visitados por moitos nenos e nenas que quixeron recomendar aqueles contos que máis lles gustaron, os que máis lles ensinaron ou os que máis lles emocionaron. Contos importantes para eles e por que non para nós?

Libros recomendados por 1º:

Libros recomendados por 2º:

Libros recomendados por 3º:

Libros recomendados por 4º:

sábado, 2 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS DOS NOSOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguñas!! Estamos de fin de semana!! Seguro que papá ou mamá queren saír a dar un paseo, e mentres nós podemos aproveitar para quedar lendo na casa. Hoxe da man de algúns compañeiros e compañeiras do cole deixamos algunhas recomendacións de lectura para todas as idades.
Así Irene de 3º recomenda, por un lado unha lectura sinxela para os máis pequerrechos Cocorico: 
Un conto da editora Oqo. Neste conto de Marisa Núñez & Helga Bansch contan a historia de Cocorico un pitiño que vive tranquilo coa súa mamá ate que un día ofrécese para axudala. Que ten que facer Cocorico e que aventuras vivirá?
Pois anímate a ler este conto!!

O outro conto que propón Irene para os máis que se lanzan con lecturas máis grandes é 
Las locas aventuras de las hermanas de TikTok
Este libro de Julia Menú García de Edicións Martínez Roca conta a hitoria de dúas irmás que non deixan de meterse en líos cada dous por tres. 


Por outra banda temos a Martina de 5º de infantil que anima a todos os compañeiros e compañeiras a ler A cousa que máis doe do mundo. Un conto de Paco Liván e publicado en OQO editora. Unha lebre asegura que "o que máis doe do mundo é unha mentira" e demóstrao neste conto fantástico e divertido que seguro provocará moitas gargalladas!!





Martín de 3º dirixe as súas recomendación a una colección de libro de Dav Pilkey que atoparedes na editorial SM: O capitán calzoncillos. Nestes libros da colección Barco de Vapor nárranse as historias creadas por dous nenos moi pícaros que empregan o tempo libre creando historias protagonizadas polo Capitán Calzoncillo un superhéroe dono duns calzóns con poderes que se enfrenta a supermalos.

E xa para rematar temos unha pequena historia contada por Samuel de 3º. Un clásico coñecido por todos: Peter Pan. Poderedes atopalo en distintas versións e publicado por moitas editoriais. Foi publicado en 1911 coma un conto por James M Barrie  (hai máis de cen anos!!) Un conto fantástico que narra as aventuras dun rapaz que non quería medrar!!
Escoitade os consellos dos vosos compañeiros e compañeiras!! Fantástico!!

domingo, 28 de mayo de 2017

NOVEDADES NA BIBLIOTECA

Xa está a biblioteca chea de novidades. Animádevos a vir á biblioteca a recomendalas para o verán.
As últimas peticións que deixachedes na caixa de conversascongarabullo son:

Crear e xogar con papiroflexia. Ofrece detallados esquemas de pregado que fan sinxela a construción de 22 impresionantes avións e figuras voadoras de variadas características e formas. Tamén chegou Ao alcance de todos de Vicente Palacios. Axudaranos a que todos poidamos iniciarnos no pregado, empezando por facer de pregues claros e sinxelos.
Unha figura de papel puede servir para moitas cousas pero o más importante é que aprendamos, mediante os ejercicios propostos e activemos o noso inxenio e habilidade.






TOM GATES de Liz Pichón. O protagonista das distintas aventuras é Tom Gates e así se define: " Son Tom Gates. Cando os profes non están controlándome, gústame debuxar e pensar mil maneiras de fastidiar a Delia, a miña irmá maior. Na escola din que son moi distraído e que non me concentro, pero eso é mentira, porque agora mesmo estou super concentrado pensando que tipo de galleta me gusta máis...".



Mi querido gatito de Jimmy Liao. Un libro empático e conmovedor no que os gatos teñen un papel moi importante.


DESASTRE TOTAL ¡MIRA LO QUE HAS HECHO!
Timmy séntese coma un célebre detective. Cando hai un  caso de corrupción ou de roubo na cidade, Timmy e o seu axudante Total buscarán o xeito de atopar aos culpables.






lunes, 6 de marzo de 2017

PEDRO E OS IGUALENSES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe chegou á biblioteca un conto raro. Metade en cor e metade en gris. As tapas son brandas e alargadas. É un conto escrito por Javier Constenla e ilustrado por Núria Fortuny. Na contraportada pon o seguinte:

"¿Qué pasaría si todos fuésemos iguales? ¿Cómo sería un mundo en el que todo fuera gris y no existiesen colores? Acompaña a Pedro en un fantástico viaje que le llevará al país de los igualenses donde comprenderá la necesidad de la diversidad, la importancia de respetar a las demás personas y a valorar la diferencia y la tolerancia. Durante su aventura, pedro también descubrirá una palabra mágica, pero no una cualquiera, una que ayuda a ser mejor.."

Nesta semana con tanta actividade de prensa. día da muller, igualdade,... propoño este conto como unha lectura entrañable, fantástica e cunha importante mensaxe de igualdade. Xa o tedes na biblioteca PEDRO Y LOS IGUALENSES.
Xa me contaredes se vos gustou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

domingo, 12 de junio de 2016

Garabullo visita 1º

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que veñen as vacacións. Toca contarvos os contos máis bonitos para ler neste tempo. Quen mellor que vós para facer esas fermosas recomendacións de lectura para o verán?
Hai uns días funllo a pedir aos nenos e nenas de 1º que me recibiron cunha grande festa e curiosidade.
Así pois, non esquezades pasar pola biblioteca a deixar as recomendacións de lectura. Estades todos invitados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!



jueves, 17 de diciembre de 2015

RECOMENDACÓNS DE LECTURA


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos na recta final. As vacacións chegan cedo e nós liados cos  preparativos para o festival, os últimos exames e as actividades que temos que rematar para empezar as vacacións, e gozar do noso tempo de lecer. E... que mellor xeito que aproveitar as vacacións de Nadal que adicando un cachiño do noso tempo a lectura?
Déixovos unha selección duns contos moi divertidos e interesantes para ler nas vacacións ou pedir de agasallo nestas datas.
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 1 de diciembre de 2015

NOVIDADES DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa tedes as novidades que foron chegando ao longo do mes de novembro a nosa biblioteca. Non perdades a oportunidade de ser vós que as recomendedes!!.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 4 de noviembre de 2015

Yo mataré monstruos por ti

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aproveitando as festas de Samaín, Lucía de 5º recomenda que leades "Yo mataré mostruos por ti".
de Santi Balmes, da editorial Principal de los libros. Neste conto vemos como Martina é unha rapaza que ten medo polas noites. Pensa que debaixo do solo da súa habitación escóndese un mundo no que viven uns monstruos que camiñan cabeza abaixo. Que pasaría se a frontera entre os dous mundos se rompera?
Xa tedes o libro na Biblioteca!!!
Luci deixa a súa recomendación e ...
Xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 23 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VII


Os rapaces de 5º fixeron un pequeno club de lectura.
Escolleron o libro O misterio dos fillos de Lúa. Contan que a Lúa, a gata, desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que reclama explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa?  Decide, coa axuda da súa novia Branca, que non ha parar ata ter a resposta.
Este foi o resultado do seu traballo e con el rematamos as recomendacións de lectura dese ano
Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

martes, 16 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VI

Ola amiguiños e amiguiñas:
Rematamos as recomendacións de lectura dun xeito moi diferente. Esta vez recomendamos fábulas, chistes e cun contacontos impresionante.

A Pablo de 3 anos infantil encántalle o conto "Loboferoz" da editorial OQO. Recomenda este conto léndolle un anaco aos compañeiros no patio. Non volo perdades!!


A Noelia e a Sara de 2º úneas o seu gusto polas fábulas. Sara prefire "Fábulas con moraleja" de Servilibro Edicións; mentres que Noelia amosa máis interés polas "Fábulas del Mundo" da editorial LIBSA.


E para rematar, un final feliz con Lois de 2º que recomenda ler chistes "365 chistes infantiles" da editorial Susaeta.

Agardo que todas estas recomendacións fosen do voso gusto.
Non esquezades que a lectura lévanos a un mundo imaxinario, a un mundo de fantasía,
Que ler é a única actividade que pode facerse en calquera sitio do mundo, que pode disfrutarse so e acompañado e que grazas a ela pasamos momentos inesquecibles.
Lembrade:

 "LEMOS PORQUE NOS PETA"
"LEMOS ONDE NOS PETA"
FELICES LECTURAS!!!
 
 




lunes, 15 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA V

E continuamos coas recomendacións. Dende o horto e dende a Biblioteca, sós ou cos compañeiros, para ler todo vale e as lecturas todas distintas e todas maravillosas, dende o conto, a poesía ou libros de sentimentos. Escoitade as recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras.

Axel de 3º recomenda "Os tres Bandidos" de Tomi Ungerer editado por Kalandraka.


 
 
Para Luisa de 2º "La Princesa de las Nieves" editado por Piruleta é un conto fermoso que ten una bonita historia de amor.

Paula de 2º recomenda o conto-poema de Rosalía de Castro "Parece una rosa", primeiro libro da colección de poemas Lúa Lueira de Espiral Maior.



Elena de 2º le coa súa nai todas as noites "El libro de los sentimientos para niños" porque así sabe como se sinte mamá e pode entendela mellor. Está escrito por Marta Montaña e Jesús Ballaz en B de Blok


Para rematar Lía de 2º recomenda "O Rabaño" de Margarita del Mazo e Guridi, editado por la Fragatina. Un conto para pasar un rato moi divertido.

 

 

viernes, 12 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA IV

E seguimos coas recomendacións!!
Ollade como calquera sitio é válido e todas as lecturas valen.

Mateo de 3º  pasa momentos estupendos co cómic e recomenda "El mal trago de Obelix" de Uderzo e editado por Salvat

 
Xabi de 2º está feliz lendo no horto. O seu conto preferido é "La mariquita perezosa" da  Editorial Zendrera Zariquiey , mirade que ben o pasa...
 
 
Marcos de 3º le historias máis longas e con intriga... "Gerónimo Stilton y sus viajes al Reino de Fantasía" editado por Planeta. Verdadeiras aventuras para disfrutar durante o verán!!!
 



Lucas e Marco de 5º xa teñen un recunchiño onde ler, deixan escapar susurros e  risas. O conto que escolleron son cómics de "Os Simpsom"

 
Contiunuade aconsellándonos contos e non esquenzades que na Bandeira "Lemos porque nos peta" e "Lemos onde nos peta".
 


miércoles, 10 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA III

Seguen a chegar recomendacións de lectura!!!
Hoxe vades a ver como calquera recuncho da biblioteca ou calquera zona de xogo vale para ler un bo libro.
Hoxe as recomendacións veñen da man de:

Pablo e Rubén de 3º recomendan "Mortadelo e Filemón contra Jimmy e Cachondo" de Ibáñez, semella moi divertido e case que da envexa o ben que o pasan!!
 

Para Arón de 2º "El pez que sonreía" De Jimmy Liao, da editora Barbara Fiore é un conto especial de amizade entre un home e un peixe.


Samuel de 2º  prefire aprender máis cousas dos animais con "¿Quién come a quién?" de Andrea Mizielinska da editorial Libros del zorro rojo.


Sabela de 2º busca un momento de risa lendo "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto Rial e editado por Kalandraka.


 Carme de 2º xunto cos protagonistas do conto quere saber o que esconde "O abrigo misterioso" de Jeannette Jenning editado por Kalandraka.

 
Finalmente Silvia de 1º disfruta un montón con "Chivos chivones" adaptado por Olalla González da editorial Kalandraka
 

Haberá aquí un conto que vos guste... podedes levalos para a casa na mochila do verán. Pasade pola biblioteca!!!



martes, 9 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA II

Continuamos coas recomendacións de lectura feitas polos vosos compañeiros e compañeiras.
Hoxe temos as de:

Marta de 4º que escolleu Kika Superbruja de Knister, da editorial Bruño, ideal para pasar unha tarde de verán pensando en facer maravillosos feitizos.

 
Lois, Adán, Mikaela e Aroa de 3º que escolleron: Valores de Oro de Cristina Núñez Pereira, da editorial Palabras Aladas, porque saben que se perseguimos o noso soño podemos acadalo.
 
 
Para Eugenia de 4º, Cereza Guinda de Benjamin Lacombe e publicado en Edelvives é un conto fermoso. Temos que pensar o importante que pode ser unha mascota nas nosas vidas.
 
 
Rocío de 6º escolleu A zorra e as uvas de La Fontaine, da Editorial Susaeta. Dende pequeña disfrutou deste conto e agora tócavos a vós telo na vosa biblioteca
 
 
 
Agardo que vos gusten estas recomendacións. Deixo un vídeo onde contan eles  de primera man o que pensan destes contos.
 
 
 

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

sábado, 6 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Preparados xa para as vacacións? Algúns dos vosos compañeiros aceptaron a proposta de aconsellar aqueles contos que máis lles gustaron.
Ao longo desta semana iremos colgando as vosas recomendacións. Tomade nota!!!
A primeira recomendación ven de Xoana de 5º con Co dedo no nariz de Daniela Kulot-Frisch da editorial Kalandraka.

Cristian de 4º ve Este Alce es mío moi divertido. É un libro de Oliver Jeffers editado polo Fondo de cultura Económica.

Claudia de 4º está a ler A historia interminable de Michael Ende. Editado por ALFAGUARA. Cóntao con tanta ilusión que xa mete a gaña de lela.

Estas recomendacións rematan con Sara e Cristina de 6º que decidiron recitar un poema do poemario O meu gato é un poeta de Fran Alonso publicado por Edicións Xerais e así amosarvos o que vos estades a perder.

Pasádeo ben con este vídeo e xa me contaredes. Mañá máis
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


 

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LA CACA MÁGICA

Unha vez máis estou sorprendido!!
Ao longo das últimas semanas había un pequeno rebulir pola biblioteca. Unhas rapazas de 6º cunha cámara de vídeo, uns mestres argallando algo, un neno que contaba un conto... Non entendía nada!!! Ata que hoxe apareceu un vídeo e unha nota na biblioteca.
A nota dicía:

" O martes 18 de novembro, Yago Taboada de 4º quixo contarlle un conto a Garabullo. Era A caca mágica. Eu,  María Taboada de 6º, fun á biblioteca para axudalo e graveinó"

María deulle a nota a unha mestra  e o vídeo dun fermoso conto para a nosa biblioteca, e para amosar no noso blog.
Agora tócame a min deixar aquí o conto e darlle as grazas a María e a Yago polo seu traballo, así como ás persoas que axudaron a que este vídeo chegara ás miñas mans.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!






lunes, 2 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS DE 4º

Xa se achegan as vacaións, e o tempo libre, e que mellor xeito de aproveitalo que con unha boa lectura?
Hoxe os nenos e nenas de 4º achegan aquí as súas recomendacións para todos.
Interesantes ideas para levar nas bolsas de lectura de verán non volo perdades!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 7 de mayo de 2014

CLUB DE LECTURA DE 6º

O alumnado de 6º tamén ten o seu CLUB de LECTURA de aula.
Por consenso decidiron que libro ler, os tempos de lectura, os momentos para comentar o seu libro... e pouco a pouco foron enganchándose a unha interesante trama, a uns personaxes que foron formando parte das súas vidas... Un corazón lleno de estrellas é un libro que engancha. Pero...
Que pensan os de 6º deste libro?
Gustoulles?
Queredes saber a súa opinión?
Pois aquí deixo o vídeo para que Un corazón lleno de estrellas  forme parte das vosas lecturas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 4 de mayo de 2014

Recomendacións de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Máis recomendacións de lectura. Ata a biblioteca achegáronse nenos e nenas de infantil de 5 para recomendarvos os contos que máis lles gustaron.




Son lectores que veñen moito cos papás á Biblioteca e levan moitos contos.
Teñen moi bo gusto escollendo contos!!
Eu paseino xenial lendo estes contos!!.
A ver se vos gustan a vós!!



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

lunes, 21 de abril de 2014

Recomendacións de lectura de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal de vacacións? Aquí seguen chegando as vosas recomendacións de lectura. Nesta ocasión Axel, Mateo, Micaela e Pablo de 2º fan as súas recomendacións. Falan dos contos que a eles lles gustaron e divertiron.
Contos coñecidos para todos como Oso Atrapabolboretas, ou menos coñecidos O soño do osiño rosa, contos que foron películas como Bolt ou contos de grandes aventureiros como Se me ha roto el trotosaurio.
Unha fermosa selección con mellores argumentos. Escoitade aos vosos compañeiros.


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!