domingo, 27 de febrero de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que gran festa a do Entroido!! E aínda quedan moitos días por diante. Para que gocedes do Entroido con festa e lectura, Darío, Izan e Cova de 2º achégannos unhas recomendacións lectoras. Non volas perdades!!

viernes, 25 de febrero de 2022

PENSANDO A ROSALÍA

Ola garabulliños e garabulliñas! Como xa sabedes, Rosalía amou a natureza galega dun xeito moi especial, tanto, tanto, que os seus poemas falan, moitas veces, das árbores e das flores que a rodearon dende que era unha meniña. Onte, polo seu día, quixemos honrar a súa memoria a través da súa flor favorita: os PENSAMENTOS. Cada aula plantamos catro pensamentos de cores: brancas, amarelas, violetas e granates para decorar as ventás da biblioteca. De hoxe en adiante, cada vez que vexamos as flores, lembraremos a nosa Rosalía.

miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chegou o "Día de Rosalía". Como cada ano conmemoramos esta data de distintos xeitos dentro e fóra da aula. Este ano decidimos facer un pequeno percorrido pola súa vida. Foron os compañeiros e compañeiras de 6º os que cun teatriño dirixiron a biografía da poeta e as demais aulas acompañámolos recitando algunhas das súas composicións máis famosas. O resultado foi fermoso, e asegúrovos, que ver como recitades os poemas pon a pel de galiña. Como premio unha boneca de Rosalía de minecraft para a aula e unhas fermosas pegatinas de Rosalía para todos e todas.
Gustouvos o vídeo. Queredes volver a velo? 

martes, 22 de febrero de 2022

ROSALÍA DE CASTRO, O CARBALLO COMA SÍMBOLO DE GALICIA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe que celebramos o "Día de Rosalía" aproveitamos para falarvos dun bosque que fascinou á nosa poeta: O Bosque do Banquete de Conxo. Rosalía era unha amante dos bosques e xa en 1881 denunciaría corta incontrolada de carballos. Fíxoo nun poema titulado "Los robles", recollido no seu libro En las orillas del Sar, e na súa novela El primer loco, que ten coma escenario este bosque. Podemos dicir que a súa obra é hoxe unha das primeiras proclamas ecoloxistas e de defensa das árbores de toda España.

Neste bosque hai un Carballo que se está a facer moi famoso nas redes sociais por participar nun concurso con outras árbores famosas para converterse na Árbore Europea do Ano.

Nós sumámonos a esta inciativa e animamos ás familias a votar polo Carballo do Banquete de Conxo pola súa importacia histórica e pola súa simboloxía. Neste ano en que o noso proxecto leva o lema "Fortes coma árbores" sexamos "Fortes coma Carballos" e votemos polo Carballo do Banquete de Conxo.

Premede na imaxe para ampliar a información.

 




BIBLIOTECAS CREATIVAS CON ALBERTO PEREIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada día dende a biblioteca apoiamos novas formas de acceder á información, á creatividade, aos recursos,... a través da experimentación, da creación e da investigación,... mellorando así as nosas aprendizaxes.

A pasada semana contamos coa visita no cole de Alberto Pereiras que entrou na nosa biblioteca para amosarlles ao alumnado de 5º e 6º outra forma de ver o mundo detrás das cámara. Fixeron fermosas montaxes e aprenderon, nunhas poucas sesións, a utilidade da edición para amosar contidos, recomendacións lectoras, aprendizaxes,... Nesta entrevista que lle fixeron podedes coñecer un pouco máis de Alberto Pereiras.

miércoles, 16 de febrero de 2022

DÍA DOS NAMORADOS OU DA AMIZADE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este luns foi o "Día dos Namorados" ou "Día de San Valentín". Sabíades que a orixe de San Valentín vén do século III, en Roma, cando un sacerdote chamado Valentín opúxose a unha orde do emperador Claudio II que decidiu prohibir os matrimonios entre persoas xóvenes porque consideraba que así terían mellores soldados sen ataduras sentimentais?

Como Valentín celebraba igual os matrimonios o emperador mandou capturalo e, alegando desobediencia e rebeldía, sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febrero do ano 270. De ahí, que o 14 de febreiro se celebre o día dos namorados.

Esta data celébrase en moitos países con moitas variantes, así o "Día dos Namorados" en Finlandia ou Estonia tamén é unha homenaxe á amizade. En Perú aproveitan para ensalzar a poesía e nós no CEIP Ramón de Valenzuela fartos de tanto grupo burbulla e de tanta separación de COVID decidimos celebralo con agasallos interaulas. Por sorteo, preparamos fermosos corazóns con pequenas sorpresas e frases de amizade e compañerismo para outra aula; e buscamos libros de amizade e amor para compartir na "Hora de Ler". Separados pero xuntos así celebramos o "Día dos Namorados e da AMiZADE" no CEIP Ramón de Valenzuela.

domingo, 13 de febrero de 2022

Alto dos Xenerais (Día da Radio)

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o 13 de Febreiro o "Día Mundial da Radio". Unha conmemoración que pretende, entre outras cousas, facer visible a importancia que a radio tivo como medio de comunicación ó longo da historia.

Ponte nas ondas fixo un chamamento a todos os centros educativos galegos e portugueses para que enviaramos algún traballo co patrimonio inmaterial para amosar no portal ESCOLA NAS ONDAS o día de hoxe o 13 de febreiro con motivo do Día Mundial da Radio.

E nos decidimos colaborar. Coma ben sabedes, algúns dos vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º quixeron colaborar con Ponte nas Ondas e investigaron as distintas manifestacións do Entroido do Ulla para recoller audios de "Altos" dos anos 1985, 1986, 1987 de Bandeira e, nesta emisión tan especial, vencellada ao patrimonio inmaterial, contan a orixe desta mascarada e deixannos escoitar as arengas dos Xenerais que fixeron hitoria no "Alto dos Xenerais" de Bandeira. Non vos perdades esta emisión.