Mostrando entradas con la etiqueta DÍa da Paz 2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍa da Paz 2019. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de febrero de 2019

UN E SETE

Brais e Paulino escolleron un libro de Gianni Rodari Uno y siete onde atopamos a historia dun neno que a súa vez era sete nenos. Cada un dos nenos era totalmente diferente pero ao mesmo tempo todos completamente iguais… Semella que é un lío verdade?
Pois non deixedes de escoitar este conto e veredes coma todo é máis fácil de entender.




martes, 12 de febrero de 2019

AQUÍ ES MI CASA

Aquí es mi casa é un libro de Jerome Rullier que ensina en apenas trece imáxenes cousas sobre o espazo dun mesmo, sobre a amizade, a integración, as claves da convivencia... un libro estupendo para aprender a rirnos da fronteiras e dos límites que nós mesmos nos marcamos.
Así o ven e contan Silvia e Euxea.
Non volo perdades!!

domingo, 10 de febrero de 2019

Por que?

Aquí temos a Miguel e Isaac cun álbum ilustrado de Nikolai Popov: Por que?
Para o autor "Se os nenos e nenas poden entender a insensatez da guerra, se se dan conta do fácil que é caer nun ciclo de violencia, quizais no futuro se convirtan en impulsores da paz".
Os vosos compañeiros fixeron os diálogos e así quedou a historia.
Agardo que vos guste!!


viernes, 8 de febrero de 2019

NADARÍN

Cristian, Santiago e Saúl escolleron o conto  Nadarín de Leo Lionni, un libro ideal que invita a pensar e aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto debido a quen é diferente. A superación dos medos, a forza de vontade para gozar do que nos rodea e coma mensaxe final lembrar que " A unión fai a forza"
Ollade a ver se vos gusta.
Un saúdo e vémonos na Biblioteca

martes, 5 de febrero de 2019

BAJO EL MISMO CIELO

Continuamos coa actividade de "Lemos en PAZ". Hoxe tocoulle a Rosalía e Ainhoa ler cos nenos e nenas de infantil.
Escolleron Bajo el mismo techo no que Britta Teckentrup fainos ver que todos vivimos baixo o mesmo ceo e a miúdo compartimos esperanzas e soños. É un fermoso álbum troquelado que valora todo aquilo que nos une aínda que sexamos diferentes.
Escoitade o conto... 

TODOS MENOS UNO

Lemos en PAZ é unha actividade que facemos todos os anos cando se achega o DÍA DA PAZ.
Este anos os maiores de 5º (colaboradores da biblioteca) decidiron ser os encargados de contarlle os contos en infantil. Entre moitos seleccionaron aqueles que máis fáciles eran de contar e de que infantil entenderá o valor de PAZ. 
As primeiras en contar o seu conto foron ZAIRA E ALBA. O conto que escolleron foi Todos menos uno. Un conto de Éric Battut. Narra a historia dun chícharo que quere ser diferente ao resto dos que vivían na súa mesma planta.
Mirade o vídeo veredes coma vos gusta.





domingo, 3 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Lecturas na aula, palabras fermosas en distintas linguas e expresadas a través da plástica, lecturas compartidas e música rodearon este ano o noso "Día da Paz". 
O resultado material de tantas cousas vividas o temos na nosa "PIRÁMIDE DA PAZ". A lembranza das vivencias do que foron uns días interesantes, de aprendizaxe, de empatía e solidaridade quedan recollidos neste vídeo.
Un saúdo e xa sabedes… 
VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!