Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas 2017. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Ola rapaces e rapazas!!!
O  curso está rematando. Atrás queda a Semana das Letras Galegas. Tivemos moitas actividades que comezaron achegándonos a Carlos Casares en primeiro lugar. Non só tivemos exposición de carteis, tamén limos os seus libros e contos, interpretamos  "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", e aínda queda o día 2 que iremos a Silleda a ver "A galiña azul". Seguindo a tradición que comezamos o ano pasado, na fachada da escola, xa temos a Carlos Casares xunto a Manuel María, rendíndolle así o noso particular homenaxe.
Coma todos os anos non faltou a Romaría, que aproveitamos para celebrar o cuarenta aniversario do cole. Unha volta aos primeiros anos da escola, vídeos de fotos lembrando os inicios , estatísticas de alumnado que chegaron ata o que hoxe é o CEIP Ramón de Valenzuela. E todo posto en escena cunha volta a nosa Galicia tradicional de zocos e mandilóns, gorras e panos, coa nosa taberna, churraría, dozaría,... sen que falte a música, os xogos tradicionais e o mellor de todo as carrilanas (para velas premede na foto)
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





https://www.youtube.com/watch?v=6XLXJ7mJysg


martes, 23 de mayo de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

Ola amiguiños e amiguñas!!
Xa rematamos a semana das LETRAS GALEGAS. Este ano estaban dedicadas a Carlos Casares. Coma todos os anos traballamos a biografía e a obra deste importante escritor. Tamén quixemos renderlle o noso particular homenaxe, coma nós sabemos, interpretando un dos seus contos. Aproveitamos as nosas dotes de artistas e marcámonos un reto cumprido. Interpretar, todos os cursos, o conto de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Infantil preparou o escenario e a representación da obra quedou nas mans de primaria. É unha peza teatral moi complicada pero vós fixestedes o difícil moi doado.
Parabéns!! Sodes marabillosos!!!
Aquí podedes vervos e estar moi orgullosos de tremenda interpretación!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 17 de mayo de 2017

Lolo anda en bicicleta

E seguimos colgando cousas grazas aos recursos publicados polo seminariogalan.org.
Hoxe tócanos coñecer o conto de LOLO ANDA EN BICICLETA. Aínda que vai dirixido a 1º e 2º seguro que todos e todas aprendemos un pouquiño facendo as propostas do xogo.
Agardo que vos gusten, divirtan  e como non? que aprendades moito e coñezades mellor a Carlos Casares.


martes, 16 de mayo de 2017

XOGAMOS COA GALIÑA AZUL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Onte traballamos algo a vida de Carlos Casares de xeito moi sinxelo. Hoxe toca traballar algo da súa obra e coma todos e todas tedes na aula ou na casa A galiña azul, propóñovos esta actividade que tomei prestada da páxina do Seminario Galán adicado ás Letras Galegas.




lunes, 15 de mayo de 2017

XOGANDO CON CARLOS CASARES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como xa sabedes iniciamos a Semana das LETRAS GALEGAS.
Comezamos esta celebración coa Romaría das Letras Galegas no cole.
Homenaxeamos a Carlos Casares interpretando para todos nós e para as nosas familias "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS".
Agora toca coñecer un pouco máis de este escritor. Ao longo da Semana irei deixando aquí cousiñas de Carlos Casares para que xoguedes e aprendades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

O Seminario Galán (http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/) propón esta actividade en liña para achegar a biografía do noso homenaxeado aos máis pequechos.



lunes, 20 de febrero de 2017

CARLOS CASARES

Camiñamos lentamente. O curso vai pasando e imos preparando o noso espazo coa obra de CARLOS CASARES.
Xa temos os nosos recunchos na biblioteca.
Agora toca que pouco a pouco o coñezamos nas aulas.
Achégase "O día das Letras Galegas"