Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe temos unha sorpresa moi grata. Os vosos compañeiros e compañeiras de 4º fixéronnos un agasallo: o conto de Pepuka e o monstro que se levou o seu sorriso de Estela Moreno Bermúdez.
Trátase do mesmo conto que interpretaron para todo o cole con motivo do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" . Un conto que é un referente moi importante para traballar este tema durante a infancia, e que, polo tanto, ten que estar en todas as bibliotecas escolares. Grazas a 4º xa está na nosa dende hoxe, agardando por todos vós.
Moitas grazas 4º pola vosa colaboración e o voso agasallo!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! O 25 de novembro celebramos o "Día internacional da Eliminación da Violencia contra a muller". Coa súa conmemoración queremos denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para rematar con isto.
Vilas, cidades, escolas... tínguense de morado para lembrar esta data e fanse actividades variadas, charlas informativas, concentracións,... dirixidas a terminar coa violencia de xénero.
Dende a nosa escola vivimos esta data nas aulas traballando cos compañeiros dun xeito máis específico. Tamén ao longo da semana fixemos lecturas con esta temática para debater na aula durante a "Hora de Ler". Coas nosas conclusións elaboramos lazos morados que medraron na nosa árbore do 25-N situada na entrada do cole.
Pero isto non foi todo. Os compañeiros e compañeiras de 4º quixeron achegarnos un pouco máis a importancia desta data a través da representación do conto "Pepuka e o monstro que lle levou o sorriso", para rematar reflexionando sobre a importancia desta data e as conclusión do seu traballo.
Estela Moreno é a autora deste conto que aborda a violencia de xénero para que, dende a infancia, aprendamos a traballar a importancia do bo trato e da autoestima.
Non deixedes de ver o conto, representativo do que o 25N significa.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO