Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe en Radio Garabullo naceu un novo programa: "As tres Maruxas" da man de Irene, Patricia y Antía de 4º. Cada mes "As tres Maruxas" abordarán unha conmemoración con entrevistas e investigacións creando un programa do máis divertido e interesante.
Nesta ocasión abordaron o 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". Un fantástico programa que non debedes deixar de escoitar.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Somos fortes e libres así di o retrouso que se repite na canción "Que non mo neguen" das TANXUGUEIRAS.
As tanxugueiras son mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.
"O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" é unha data que debemos ter en conta no calendario pola súa importancia. Os nenos e nenas temos moi claro que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e oportunidades, pero sentimos que non todos os maiores pensan igual. Para celebrar o 25 de Novembro queremos mandar unha mensaxe de igualdade e liberdade empregando a canción das Tanxugueiras "Que non mo neguen" e facendo da súa letra o noso lema: SOMOS FORTES E LIBRES!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Esther de 6º e Jaime de 5º seguen emitindo en directo os martes para o comedor da escola dende Radio Garabullo. Como cada semana, encárganse de traernos as novas do que estamos a facer na escola e de todo o que acontece na nosa contorna.
Ola rapaces e rapazas!! Xa sabedes que Radio Garabullo está comezando unha nova temporada. Onte tivemos un novo programa de "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" con Esther de 6º e Jaime de 5º"; falaron do magosto e das cousas que se están a preparar para as vindeiras semanas. Non deixedes de escoitalo e animádevos a crear os vosos propios programas cos vosos amigos, cos compañeiros da clase, cos mestres,... Radio Garabullo está esperando as vosas propostas. Vide pola biblioteca coas vosas ideas!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Novas sorpresas!! Radio Garabullo comezou a unha nova tempada de emisións radiofónicas. Hoxe, e en directo para o comedor da escola, Esther de 6º e Jaime de 5º deron comenzo unha nova edición do seu programa "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Un programa divertido e un pouco tolo que todas as semanas dará a coñecer todo o que se coce na nosa escola e na súa contorna. Escoitade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal o pasáchedes no Samaín? Xa vin que todos e todas decoráchedes as vosas cabazas medorentas e divertidas. As vosas disfraces foron do mellor. Unha festa na que tamén aprendimos moitas palabras terroríficas e coma sempre acompañamos coa tradición e a lectura. Unha festa inolvidable.
Premendo na imaxe podedes ver as actividades do PDI: "Facendo Camiño"
Facendo Camiño.
Blog de voz Natura do CEIP Ramón de Valenzuela
Radio Garabullo
BIBLIOTECAS CREATIVAS
Bibliotecas Escolares
Equipo de Normalización da Lingua Galega
Proxecto Meiga
Consulta os libros da nosa biblioteca
Revista Criaturas
Ola amiguiños/as!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos ao espazo... AGARDÁMOSVOS!!!!