jueves, 25 de noviembre de 2021

AS TRES MARUXAS E O 25 DE NOVEMBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe en Radio Garabullo naceu un novo programa: "As tres Maruxas" da man de Irene, Patricia y Antía de 4º. Cada mes "As tres Maruxas" abordarán unha conmemoración con entrevistas e investigacións creando un programa do máis divertido e interesante.

Nesta ocasión abordaron o 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". Un fantástico programa que non debedes deixar de escoitar.


miércoles, 24 de noviembre de 2021

SOMOS FORTES E LIBRES - 25 DE NOVEMBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Somos fortes e libres así di o retrouso que se repite na canción "Que non mo neguen" das TANXUGUEIRAS.

As tanxugueiras son mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.

"O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" é unha data que debemos ter en conta no calendario pola súa importancia. Os nenos e nenas temos moi claro que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e oportunidades, pero sentimos que non todos os maiores pensan igual. Para celebrar o 25 de Novembro queremos mandar unha mensaxe de igualdade e liberdade empregando a canción das Tanxugueiras "Que non mo neguen" e facendo da súa letra o noso lema: SOMOS FORTES E LIBRES!!


Programa 3 "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esther de 6º e Jaime de 5º seguen emitindo en directo os martes para o comedor da escola dende Radio Garabullo. Como cada semana, encárganse de traernos as novas do que estamos a facer na escola e de todo o que acontece na nosa contorna.


miércoles, 17 de noviembre de 2021

RADIO GARABULLO

Ola rapaces e rapazas!! Xa sabedes que Radio Garabullo está comezando unha nova temporada. Onte tivemos un novo programa de "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" con Esther de 6º e Jaime de 5º"; falaron do magosto e das cousas que  se están a preparar para as vindeiras semanas. Non deixedes de escoitalo e animádevos a crear os vosos propios programas cos vosos amigos, cos compañeiros da clase, cos mestres,... Radio Garabullo está esperando as vosas propostas. Vide pola biblioteca coas vosas ideas!! 


martes, 9 de noviembre de 2021

Nova temporada de "As novas a hora de comer e cuirosidades do tempo de lecer"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Novas sorpresas!! Radio Garabullo comezou a unha nova tempada de emisións radiofónicas. Hoxe, e en directo para o comedor da escola, Esther de 6º e Jaime de 5º deron comenzo unha nova edición do seu programa "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Un programa divertido e un pouco tolo que todas as semanas dará a coñecer todo o que se coce na nosa escola e na súa contorna. Escoitade!!


martes, 2 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal o pasáchedes no Samaín? Xa vin que todos e todas decoráchedes as vosas cabazas medorentas e divertidas. As vosas disfraces foron do mellor. Unha festa na que tamén aprendimos moitas palabras terroríficas e coma sempre acompañamos coa tradición e a lectura. Unha festa inolvidable. 

Queredes ver como nos divertimos? Pois ollade!!