Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do libro Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do libro Infantil. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Onte celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil. A organización internacional do libro infantil e xuvenil escolleu esta data por coincidir co nacemento de Hans Christian Andersen. Con esta conmemoración quérese promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Por este motivo deixaremos na entrada do cole todos aqueles contos clásicos que acompañaron a infancia dos vosos país, avós e tamén a vosa..., para que poidades ler na aula, nos tempos de lecer ou na biblioteca.
Tamén deixo unha mensaxe escrita por Luciana Sandroni e ilustrado por Ziraldo para todos os nenos e nenas do mundo co fin de pormover esta festa dos libros.

Érase Una Vez by Margarita

miércoles, 2 de abril de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DE XOANA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.
Sabedes porque se celebra este día nesta data? Porque coincide coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY ou Organización Internacional para o libro Xuvenil, promove a celebración deste día coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.

Seguindo este consello e a axuda de Xoana de 4º, dende hoxe, abrimos un ciclo de recomendacións de contos para conmemorar o 2 de abril así como este mes adicado ao libro.





Os libros recomendados por Xoana neste video:

 











Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 2 de abril de 2013

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY (unha organización internacional) declara esta data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas e a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan. Aquí queda a mostra do cartel e o poema.


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
 
Poema de Pat Mora
  Traducción: Concha Blanco

Agora xa sabedes, so tendes que ler para despertar a vosa imaxinación. Vinde rápido a Biblioteca que está chea de libros infantís para todos e todas para viaxar coa imaxinación, para gozar, para aprender, para celebrar este e todos os días do ano. Agárdovos...
 
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!