Mostrando entradas con la etiqueta ´Entroido 2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ´Entroido 2023. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de febrero de 2023

MÁSCARAS NATURARTE

Ola amiguiños e amiguiñas!! A natureza está presente en todo o que nos rodea e a nosa labor é coidala, respectala e valorala. A natureza é vida e a súa esencia está presente en todo. Este ano dedicamos o proxecto da biblioteca a combinar Natureza e Arte. Estamos aprendendo que dunha pedra temos un símbolo de paz, dun pau ou dunha tora dun tronco un adorno para Nadal, de papeis vellos corazóns de amizade....

Seguindo esta idea decidimos facer os nosos antefaces para o Entroido aproveitando o que imos encontrando no patio, nos camiños ou de camiño ao lixo. A verdade que fixemos antefaces ben bonitos e para mostra este resumo!!



OS CACHARELOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 15 de febreiro contamos coa visita de dous cacharelos. Tapando a cabeza unha careta que lembra a obra "O Mascarón de Laxeiro", o traxe cheo de cintas de cores amarelas, laranxas e vermellas que lembran as lapas das lumieiras de San Xoan, na cintura catro ou cinco chocas que marcan o paso do Cacharelo e dan ese aire de festa, sorpresa e medo. Correndo co seu son acompasado e na man un toxo "Os Cacharelos de Lalín" chegan ao patio chamando a atención de maiores e pequenos. Pouco a pouco os nosos cacharelos paran o seu xogo para dar a coñecer o seu pequeno Entroido. Un Entroido de barrio que está a nacer e que pouco a pouco está a gañar gran recoñecemento na vila e na comarca.

Despois dunha mañá de carreiros e xogos cos cacharelo
s tivemos a sorte de poder facerller unha pequena entrevista. Escoitade!!

E se queredes... Aquí podedes ver que ben o pasamos...

miércoles, 15 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do xoves

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Xa toca mandar 

o xoves está a chegar 

e o mandadiño hai que acatar


Cunha gravata

ou unha bufanda

tapa a garganta

para saír de parranda.



martes, 14 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do mércores

 Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Xa estamos na metade da semana!!

Preparádevos para sorpresiñas...

E para unha boa foliada.


Non deixedes de cubrir

cun pucho a cachola.

Moito queremos rir!!

Nesta divertida troula




lunes, 13 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do Martes

Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá xa é martes antes de Entroido e Garabullo deixa un novo recadiño. Coma é o "Día dos Namorados e da Amizade" un carazón tedes que traer, non vos podedes esquencer!!



domingo, 12 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

O Entroido está chegando 

e pensando e pensando 

e rimando rimando 

uns mandadiños fun elaborando.


Xa sabedes!!

Cada día novos mandadiños. 

Non esquenzades vir amañadiños!!