domingo, 21 de marzo de 2021

REFRÁNS DO CAMIÑO POR 3º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os compañeiros e compañeiras de 3º estiveron investigando sobre refráns relacionados co Camiños de Santiago. Fixéronse cunha pequena escolma moi curiosa e interesante e decidiron vir a contárnolo á Radio. Queredes escoitar os Refráns do Camiño? Pois dádelle ao play!!


AS NOVAS DA HORA DE COMER!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non volo perdades!!


O HIPOPÓTAMO HIPÓLITO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo está a coller forza e xa empezan a bulir os programas. Nesta ocasión Sandra de 6º presenta a Marco de 2º que quixo pasarse pola radio a contarnos un conto: O hipopótamo Hipólito

Escoitade a ver se vos gusta....

Para a semana máis contos aquí no Blog e na nosa canle de Radio Garabullo. Non deixedes de escoitarnos!!


lunes, 15 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Ola amiguiños e amiguiñas! Como todos os anos durante o mes de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía". Os nenos e nenas achegámonos de moitos xeitos a vida e a obra da escritora galega.

Este ano de pandemia, onde temos que estar separados, unímonos nunha actividade común. Grazas as carautas cedidas por OZOCOGZ papelaría, todos nos convertemon por uns intres en Rosalía de Castro  vivindo a súa vida e recitando a súa obra.

Ollade este resumo dunha xornada inesquecible!!

AS NOVAS DA HORA DE COMER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non so do que está a acontecer senón tamén do que vai a pasar nas vindeira semanas. E con este xa son 8 programas en directo para o comedor!! 


RAP polo 8 de marzo

O RAP é un estilo de música de baile orixinado nos anos 80 nos barrios negros e hispanos de Nueva York e outras grandes cidades americanas. Caracterízase polo seu ritmo monótono e sincopado, sen apenas acompañamento instrumental, onde a voz se converte na protagonista. Os seus textos cantados e rimados buscan en moitas ocasións letras para a loita contra moitos temas coma a violencia, o machismo, a desigualdade,..

Os vosos compañeiros e compañeiras de 6º quixeron dar un paso máis na loita pola igualdade dándolle as súas rimas un ritmo de RAP e coa axuda de Blanca fixeron o seu proimeiro RAP das Pioneiras Galegas que abriron camiño.


domingo, 14 de marzo de 2021

POEMAS 8 DE MARZO

Chegou o 8 de marzo o "Día internacional da Muller", unha data que todos e todas traballamos na aula. Nestes días escoitamos moitas cousas desta data nas aulas, na tele, na casa,... e seguiremos escoitando.

Hoxe os nenos e nenas de 6º despois de ler e aprender moitas cousas das nosas pioneiras fixeron pequenas estrofas sobre algún dato destas grandes mulleres galegas que conseguiron vencer as barreiras que lles estaban impostas e foron pioneiras, en diferentes ámbitos polo que conseguiron facer.

E que mellor xeito de facer que chegue a todos nós que a través da radio? Así foi o programa feito polo alumnado de 6º para conmemorar esta data para Radio Garabullo!!

sábado, 13 de marzo de 2021

ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES

Os compañeiros e compañeiras de 1º despois de coñecer un pouquiño a Rosalía, nas sesións da aula, decidiron vir á Biblioteca a recitar algúns dos versos do seu poema Adiós ríos, adiós fontes. Mirade que divertidos!!


viernes, 5 de marzo de 2021

AS NOVAS DA HORA DE COMER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non so do que está a acontecer senón tamén do que vai a pasar na vindeira semana.

jueves, 4 de marzo de 2021

RADIO GARABULLO NA GALEGA

Ola rapazada!! Xa sei que todos sabedes o que é Radio Garabullo.
Todas as semanas temos emisións en directo do programa "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Todos estivestes algunha vez na Radio e dende os máis pequeniños ata os maiores sabedes como funciona.
Pero houbo uns personaxes que todos coñecedes moi ben que querían saber cousiñas da nosa radio e Esther de 5º mais Ana, Martín e Jorge de 6º, fixeron unha presentación da nosa Radio para contarlla. Sabedes a quen lle falaron da nosa radio? Siiii foi a OS BOLECHAS
Cando eles a recibiron decidiron contarllo a todos os nenos no seu programa da TVG2 e este foi o programa dos bolechas onde sae a nosa radio: Radio Garabullo a radio do CEIP Ramòn de Valenzuela




miércoles, 3 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Ola amiguiños e amiguiñas !! O "Día de Rosalía" pasou pero deixou un traballo detrás. Cada aula achegouse un pouco máis a nosa escritora e homenaxeada. Adentrámonos na súa vida e na súa obra xogando, recitando, cantando, pintando,... Fomos e seremos Rosalía.

Así os compañeiros de 6º de infantil incluso aprenderon algúns dos seus poemas e decidiron recitar na radio un dos que máis lle gustou "Parece unha rosa". Queredes escoitalos? Pois dádelle a play