Ola amiguiños e amiguiñas:
O Día da PAZ chegou e tamén o tempo de ver e amosar o resultado dunha semana de traballo en equipo, de colaboración, de lectura, de búsqueda da PAZ, pintar, recortar, ler e reler, preparar voces, preparar sons... e ao final velaí está A máscara do León. Un conto que pasou a ser un pouquiño noso. Xa forma parte da historia do centro. Aquí tedes o voso conto. O noso conto:
Non esquezamos "A HORA DE LER". Esas nove lecturas que durante nove días lemos nas nove aulas. Tanto os nenos e nenas como titores e especialistas foron dándolle vida ás distintas historias para buscar a súa relación coa PAZ. Aprendimos moito da PAZ. Da importancia de dar e compartir, de tentar axudar aos que están ao noso lado, sen ter que perderse en grandes ideales. Aquí déixovos un vídeo onde se ve como foron as lecturas nestes nove días que hoxe rematan deixando claro que
A LECTURA TAMÉN É UN CAMIÑO PARA A PAZ
Non podemos finalizar este fermoso traballo do día da PAZ sen mencionar aos rapaces e rapazas de 6º que estiveron buscando frases célebres de famosos para deixar aquí recollidas e poñer un punto e seguido no noso compromiso por e para a PAZ.
Agardo que gocedes tanto como eu vendo os videos que aquí quedan recollidos
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Mostrando entradas con la etiqueta 6º (2012-2013). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 6º (2012-2013). Mostrar todas las entradas
miércoles, 30 de enero de 2013
30 de xaneiro do 2013 DÍA DA PAZ
Etiquetas:
2013,
6º (2012-2013),
A lectura: un camiño para a Paz,
A máscara do león,
Día da Paz
lunes, 17 de diciembre de 2012
12-12-2012 ás 12 con Celso Emilio Ferreiro
O 12 do 12 do 2012 ás 12:00 celebramos no noso centro o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Os nenos e nenas do 3º ciclo rapearon un dos poemas deste autor: "Deitado fronte ao mar".
Se queredes ler algo máis deste fantástico autor déixovos dous consellos de lectura que podedes atopar na biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Un fantástico traballo fruto da ilusión dos nenos e nenas de 5º e 6º baixo a tutela da mestra de música, María.
Aquí queda recollido o rap de "Deitado fronte ao mar". Agardo que vos emocione e goste tanto coma a min.
Se queredes ler algo máis deste fantástico autor déixovos dous consellos de lectura que podedes atopar na biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 13 de diciembre de 2012
A Constitución polos rapaces e rapazas de 6º
Ola amiguiños e amiguiñas.
Como ben sabedes estes días estivemos a celebrar a conmemoración da
Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. Os alumnos e alumnas
de 6º dedicaron un tempo da clase a traballar en profundidade este
tema. As súas conclusións deixáronas expostas na entrada do centro para
todos e agora a través deste Blog.
Espero que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Espero que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 5 de diciembre de 2012
Unha ADIVIÑA para a ponte
Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal? Supoño que traballando moito para poder gozar desta ponte que case fai pensar nas vacacións de Nadal.
Xa hai uns días Soraya, unha rapaza de 6º, deixounos unhas adiviñas na caixa de conversas con Garabullo. Esperei ata hoxe para deixalas aquí recollidas. A ver que vos parecen. Son moi divertidas.
Moitas grazas Soraya.
Seguide deixándome cousiñas na Biblioteca que gozo moito cos vosos traballos e coa vosa compañía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Xa hai uns días Soraya, unha rapaza de 6º, deixounos unhas adiviñas na caixa de conversas con Garabullo. Esperei ata hoxe para deixalas aquí recollidas. A ver que vos parecen. Son moi divertidas.
Moitas grazas Soraya.
Seguide deixándome cousiñas na Biblioteca que gozo moito cos vosos traballos e coa vosa compañía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
6º (2012-2013),
adiviñas.,
conversascongarabullo,
Soraya
lunes, 26 de noviembre de 2012
25 de Novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Canto traballo... Nestes días as rapazas e os rapaces de 6º fixeron un traballo estupendo. Queren loitar contra a violencia de xénero. Do mesmo xeito pretenden axudar aos máis pequechos a entender que é a violencia de xénero e aos máis grandes a pensar neste importante tema que fai sufrir a tanta xente....
Vendo este video podedes entendelo mellor. Agardo que vos guste. É un fantástico traballo.

miércoles, 14 de noviembre de 2012
Visita a Silleda. Galicia conservando a natureza
Ola amiguiños e amiguiñas. O pasado 5 de Outubro os rapaces e rapazas de 6º foron a unha actividade a Silleda. Era unha actividade que pretendía facer pensar aos nenos e nenas na importancia da conservación da natureza.
Algúns dos rapaces e rapazas de 6º fixeron unha pequena reportaxe que aquí deixan recollida para todos vós e para a nosa biblioteca.
Agardo que vos faga pensar, que gocedes dela e aprendades moito.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
| Create your own newsletter design |
martes, 23 de octubre de 2012
16 e 17 de Outubro
Ola amiguiños e
amiguiñas.
Xa estamos rematando o mes de Outubro. Atrás deixamos datas importantes e inesquecibles pola súa relevancia. O 16 de outubro Día Mundial da
Alimentación e o 17 de Outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
Os alumnos e
alumnas de 6º quixeron recoller a importancia destas datas a través de imáxenes, frases sinxelas e debuxos propios... Unha ardua labor de investigación que tivo como resultado frases como:
Un mundo sen fame é un mundo máis xusto
Que a pobreza sexa un feito do pasado
Aproveita a comida, se podes, non a desperdicies
...
A través deste mural pretenden espertar a nosa sensibilidade ante temas tan importantes.
Grazas polo voso traballo!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)