Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Collazo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Collazo. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2026

CRISTINA COLLAZO : Ficción sonora sobre a obra de Begoña Caamaño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo, quen levou a cabo unha fantástica formación dirixida ás familias do noso centro.

A actividade tivo como obxectivo a creación dunha ficción sonora a partir dun texto de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Deste xeito, unimos dous importantes fíos condutores: dar a coñecer a figura e a obra de Begoña Caamaño e achegarnos ao mundo da radio, unha das súas grandes paixóns.

Ao longo da sesión, as familias participaron en diferentes xogos e dinámicas para traballar o corpo, a voz, a expresión e a creatividade, descubrindo todas as posibilidades que ofrece o son para contar historias.

Queremos agradecer especialmente ás familias a súa implicación e participación nesta actividade, así como a Cristina Collazo pola súa profesionalidade, entusiasmo e magnífico traballo, que nos permitiu vivir unha experiencia tan enriquecedora e divertida.

miércoles, 4 de febrero de 2026

OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado martes, 3 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de participar nun "Obradoiro Radiofónico" da man de Cristina Collazo, dentro do programa Radio na Biblio.

Aprenderon dende como prepararse antes dunha gravación, como quentar o corpo e a voz... ata como adaptar as voces e os materiais da contorna para recrear sons coñecidos e con eles darlle vida ás nosas historias.

A través de diferentes dinámicas foron pouco a pouco desenvolvendo a súa creatividade e pasando unha mañá moi divertida.

jueves, 30 de mayo de 2024

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO CON CRISTINA COLLAZO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Gracias a Radio na Biblio tivemos a sorte de contar con Cristina Collazo que estivo co alumnado de 4º facendo unha formación e con todos os mestres do cole. Aprendemos moito dun xeito moi divertido.

A través de distintas dinámicas aprendemos a modular a voz, a prepararnos para un programa de Radio, a improvisar , a transmitir emocións,...

Pasámolo xenial!! 


jueves, 12 de mayo de 2022

OBRADOIRO CON CRISTINA COLLAZO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado martes 10 de maio os vosos compañeiros de 5º e 6º contaron coa visita de Cristina Collazo coa que fixeron un obradoiro de expresión oral. Aprenderon a perder un pouco de vergonza e a través de xogos e actividades diversas e adquiriron técnicas para mellorar a lectura, a expresión e a interpretación.

O mellor de todo é que esta actriz, mestra ou titirimestra, coma ela mesma se define, é a nosa veciña e prometeunos voltar o vindeiro ano para facer con nós pequenos obradoiros tan interesantes e divertidos coma este. Ollade!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

"María Pita" por Cristina Collazo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 1º de Primaria os encargados de preparar un pouco máis unha data tan importante coma é o 8 de Marzo "Dia Internacional da Muller". Ademáis do concerto de infantil e da Exposición interactiva a aula de primeiro invitou á nosa escola a CRISTINA COLLAZO unha muller do noso pobo á que entrevistaron na radio e  que, dun xeito moi doce, achegounos á vida das artistas mulleres e contounos cousiñas que está a facer na actualidade. Tamén tivemos a sorte de vela interpretar a obra "María Pita".
Aquí podedes escoitar a súa entrevista e picando na foto podedes ver un resumo do que foi un día na escola con CRISTINA COLLAZO.
GRAZAS CRISTINA pola túa visita!!!


https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/748