Ola amiguiños e amiguiñas!! Grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo, quen levou a cabo unha fantástica formación dirixida ás familias do noso centro.
A actividade tivo como obxectivo a creación dunha ficción sonora a partir dun texto de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Deste xeito, unimos dous importantes fíos condutores: dar a coñecer a figura e a obra de Begoña Caamaño e achegarnos ao mundo da radio, unha das súas grandes paixóns.
Ao longo da sesión, as familias participaron en diferentes xogos e dinámicas para traballar o corpo, a voz, a expresión e a creatividade, descubrindo todas as posibilidades que ofrece o son para contar historias.
Queremos agradecer especialmente ás familias a súa implicación e participación nesta actividade, así como a Cristina Collazo pola súa profesionalidade, entusiasmo e magnífico traballo, que nos permitiu vivir unha experiencia tan enriquecedora e divertida.
0 comentarios:
Publicar un comentario