Ao longo desta semana Martín e Sara viñeron á biblioteca a traballar e deixaron para vós unha recomendación de lectura para o verán.
Martín recomenda "MISIÓN CANINA". É un libro moi divertido onde Marshall, Chase, Skye, Rubble, Rocky e Zuma son os valientes cachorros da Patrulla Canina. A súa misión é velar pola seguridade de Bahía Aventura, coa axuda de Ryder.
Pola súa banda Sara prefire "¿HAS VISTO MI CABRA?". É un libro de Polly Alakija publicado pola FUNDACIÓN INTERMON OXFAM. Neste conto Ayoka ten que vixiar a cabra da súa familia... pero un día a cabra desaparece. Ayoka buscaa pola cidade e ve o gran lío que se organizou nos postos do mercado... Cando por fin da coa súa cabra, Ayoka atopa ademais moitas máis cousas das que pensaba.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que veñen as vacacións. Toca contarvos os contos máis bonitos para ler neste tempo. Quen mellor que vós para facer esas fermosas recomendacións de lectura para o verán? Hai uns días funllo a pedir aos nenos e nenas de 1º que me recibiron cunha grande festa e curiosidade. Así pois, non esquezades pasar pola biblioteca a deixar as recomendacións de lectura. Estades todos invitados!!! Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO