Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2026

Descubrindo Queco e Kika con Eva Mejuto

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 12 de maio tivemos a sorte de recibir a visita de Eva Mejuto. Compartiu un tempo moi especial co alumnado de 3º e 4º de Primaria, falándonos do seu libro Queco e Kika. Encantounos a historia e, sobre todo, descubrir da súa man as curiosidades e segredos que agocha.

Ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas, compartir impresións e afondar un pouco máis no mundo da lectura e da creación de historias, o que resultou unha experiencia moi enriquecedora e motivadora para seguir lendo e escribindo.

Moitas grazas, Eva, por esta visita tan especial!

martes, 5 de mayo de 2026

2 de maio : Día Internacional contra o bullying

Ola amiguiños e amiguiñas!!  O pasado 2 de maio foi o Día Mundial contra o Bullying, no noso centro sumámonos á conmemoración desta data clave para reflexionar, aprender e seguir construíndo unha escola segura e respectuosa para todos e todas.

Sabemos que o bullying non sempre é visible, pero sempre doe, e de que todos e todas podemos facer algo para evitalo: escoitar, acompañar, pedir axuda e, sobre todo, tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen.

Desde o noso cole queremos seguir reforzando unha mensaxe clara:
- O respecto é cousa de todos e todas.
- A amizade constrúese día a día.
- Xuntos e xuntas somos máis fortes contra o acoso.

Seguiremos traballando para que a nosa escola sexa un espazo onde cada neno e cada nena se sinta valorado, escoitado e feliz.

Lembrade que ademais no noso centro contamos cun Punto Laranxa, situado no pasillo que vai cara aos baños que empregamos no recreo. Tamén na páxina web do centro (no lateral dereito), podedes acceder premendo na imaxe.

Trátase dun espazo de referencia que tedes os nenos e nenas. Alí podedes acudir se necesitades axuda, se queredes contar algo que vos preocupa ou se detectades unha situación de acoso.

O Punto Laranxa serve para lembrar que:

🧡 Pedir axuda é valente.
🧡 Todas as persoas merecen ser escoitadas.
🧡 Entre todos e todas podemos coidar o bo trato no cole.

Por outra banda, dende a biblioteca aconsellamos a lectura do libro de Eloy Moreno: Invisible nas dúas versións que temos no cole tanto para prelectores coma para lectores autónomos.



Tamén convidámosvos a ver o  vídeo realizado polo alumnado de 5º para participar no concurso ""Canta y baila contra el bullying" convocado pola empresa Giotto e a Asociación Española contra o Acoso Escolar.



lunes, 20 de enero de 2025

ATENCIÓN FAMILIAS DE INFANTIL

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos todos e todas no mundo da lectura. Tanto nos recreos coma cos vosos titores estades a vir ao centro a buscar as vosas lecturas. As da aula e as do tempo de ocio. Agora tócalle o turno a infantil. A partir da vindeira semana comezaremos cos préstamos de contos para levar para casa. Atentos ao aviso... E lembrade que tamén temos a Biblio aberta os mércores pola tarde (en horario de atención a pais), vides a facernos unha visita?



viernes, 15 de marzo de 2024

Booktrailer de 5º. Soños de fútbol en Bangui

 Ola amiguiños e amiguiñas!! OS itininerarios lectores están a facerse en todas as aulas. Todos compartimos unha mesma lectura e comentámola cos compañeiros de aula. Os compañeiros e compañeiras de 5º quixeron facer un pequeno trailer do libro que acaban de rematar. Con isto pretenden que saibades de que vai o conto e vos animades a lelo. 

Este é o Booktrailer de Soños de fútbol en Bangui de Yves Pinguilly, publicado na editorial Galaxia.