martes, 5 de mayo de 2026

2 de maio : Día Internacional contra o bullying

Ola amiguiños e amiguiñas!!  O pasado 2 de maio foi o Día Mundial contra o Bullying, no noso centro sumámonos á conmemoración desta data clave para reflexionar, aprender e seguir construíndo unha escola segura e respectuosa para todos e todas.

Sabemos que o bullying non sempre é visible, pero sempre doe, e de que todos e todas podemos facer algo para evitalo: escoitar, acompañar, pedir axuda e, sobre todo, tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen.

Desde o noso cole queremos seguir reforzando unha mensaxe clara:
- O respecto é cousa de todos e todas.
- A amizade constrúese día a día.
- Xuntos e xuntas somos máis fortes contra o acoso.

Seguiremos traballando para que a nosa escola sexa un espazo onde cada neno e cada nena se sinta valorado, escoitado e feliz.

Lembrade que ademais no noso centro contamos cun Punto Laranxa, situado no pasillo que vai cara aos baños que empregamos no recreo. Tamén na páxina web do centro (no lateral dereito), podedes acceder premendo na imaxe.

Trátase dun espazo de referencia que tedes os nenos e nenas. Alí podedes acudir se necesitades axuda, se queredes contar algo que vos preocupa ou se detectades unha situación de acoso.

O Punto Laranxa serve para lembrar que:

🧡 Pedir axuda é valente.
🧡 Todas as persoas merecen ser escoitadas.
🧡 Entre todos e todas podemos coidar o bo trato no cole.

Por outra banda, dende a biblioteca aconsellamos a lectura do libro de Eloy Moreno: Invisible nas dúas versións que temos no cole tanto para prelectores coma para lectores autónomos.



Tamén convidámosvos a ver o  vídeo realizado polo alumnado de 5º para participar no concurso ""Canta y baila contra el bullying" convocado pola empresa Giotto e a Asociación Española contra o Acoso Escolar.



0 comentarios: