Mostrando entradas con la etiqueta Gúmer Portas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gúmer Portas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de marzo de 2026

VISITA DE GÚMER PORTAS

Ola amiuguiños e amiguiñas! O mércores 11 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de participar nunha charla moi especial con Gúmer Portas, locutor de Radio Lalín e director do programa Entre Nós.

Ao longo do encontro, Gúmer explicoulles como funciona a radio por dentro, como se preparan os programas e a importancia deste medio como fonte de información. O alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun locutor e resolver as súas dúbidas.

Esta actividade serviunos para achegar a radio ás nenas e nenos, entendéndoa como un medio de comunicación próximo, dinámico e moi útil para informarse e expresarse.

Moitas grazas Gúmer pola túa visita!!


martes, 11 de mayo de 2021

AS NOVAS DA HORA DE COMER RECIBE UN AGASALLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un luns máis Esther de 5º e Uxía de 4º emitiron en directo para o comedor do cole, cunha pequena sorpresa.

Como ben sabedes, hai un par de semanas, Gúmer Portas, de Radio Lalín, pasou unha tarde co alumnado de 4º falando da súa experiencia na radio e deulles uns cantos consellos para a emisión en directo e tamén para facer novos programas.

Despois dunha entrevista moi divertida e amena foron á Radio. Alí Gúmer prestouse a colaborar con Radio Garabullo, cando así o desexáramos, e esta semana, agasallounos cunha entrada para o programa dos luns. 

Hoxe Esther e Uxía presentaron a entrada de Gúmer, ademais de falar das novas do cole e das actividades que faremos para celebrar as nosas letras, as "LETRAS GALEGAS". 

Escoitade!!

domingo, 2 de mayo de 2021

4º de Primaria entrevista a Gúmer Portas

O pasado xoves o alumnado de 4º tivo unha interesante entrevista con Gúmer Portas locutor de Radio Lalín, unha emisora local do Concello de Lalín.
Os rapaces e rapazas de 4º estaban moi documentados. Sabían moitas cousas do traballo e das inquedanzas do seu invitado polo que pasaron unha xornada moi divertida e entretida.
Gúmer aproveitou tamén para loar o bo traballo que o alumnado fai en Radio Garabullo e deulles algúns consellos para os seus programas.
Despois da entrevista visitaron as instalacións de Radio Garabullo e Gúmer prometeulles facer algo interesante con eles de cara ó vindeiro ano.
Grazas Gúmer pola túa simpatia e polos consellos!!