Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Radio. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de febrero de 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO: Recomendacións lectoras de 2º

Ola, amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 2º de Primaria tamén se sumou á celebración do "Día da Radio", achegándonos recomendacións lectoras. Buscaron na biblioteca os seus libros preferidos e achegáronse á nosa emisora paran gravar este pequeno podcast. Escoitámolo?

DÍA MUNDIAL DA RADIO: A que xogamos en 1º!!

Ola, amiguiños e amiguiñas!! Esta semana estamos a celebrar o "Día Mundial da Radio" e os nenos e nenas de 1º de Primaria querían pasar por Radio Garabullo para contarvos algo. Pensando e pensando, acordaron que como no Entroido hai moito tempo de lecer, poderían falar dos xogos cos que mellor o pasan... e aquí tedes o resultado.

viernes, 13 de febrero de 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano celebramos o "Día Mundial da Radio".  Entre o 11 e o 20 de febreiro iremos colgando pequenos podcast feitos nas distintas aulas, onde cada un foi o protagonista da súa propia edición. 

Sen embargo, hoxe toca falar de 5º de primaria, que fixo un podcast sobre Intelixencia Artificial para colaborar con Ponte...nas ondas! (PNO). Ao longo de 30 anos Ponte...nas ondas! creu no emprego da Radio Escolar como medio de comunicación interescolar, como recurso educativo para a transmisión do patrimonio cultural. E iso foi o que os fixo merecentes de estar hoxe como un modelo de boas prácticas para a UNESCO:(https://youtu.be/Zp73bEhRl7I). 

Nós, da man do alumnado de 5º de primaria, e coma pequena emisora escolar, tamén quixemos unirnos a outros centros con Ponte...nas ondas! e participar na elaboración dun pequeno podcast sobre Intelixencia Artificial. Queredes escoitarnos? Pinchade na imaxe!!






miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO: O tempo

 Ola, amiguiños e amiguiñas!

Chega a semana da celebración do "Día Mundial da Radio", acompañada de choivas e alertas. E cando o tempo non acompaña  e non podemos saír ás rúas disfrazados... que facermos? O alumnado de 4º danos unhas recomendacións.

martes, 10 de febrero de 2026

A Intelixencia Artificial dende o patio do cole

Ola amiguiños e amiguiñas!! O vindeiro 13 de febreiro celébrase o "Día Mundial da Radio".
A UNESCO proclamou o 13 de febreiro como o Día Mundial da Radio. Desde 1995, a Asociación Cultural e Educativa PONTE…NAS ONDAS! promove a radio escolar como un recurso educativo que contribúe a mellorar as habilidades comunicativas do alumnado. E convidounos a presentar programas, podcast ou videopodcast para esta ocasión.
Entre as suxestións remitíannos a un tema proposto pola UNESCO a "Radio e a intelixencia artificial".
O alumnado de 5º recolleu o reto e fixo un podcast empregando a IA , que trataba da IA e este foi o resultado.


viernes, 14 de febrero de 2025

TITORIAL DE CHAPAS POR 2º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de 2º foron a Polos Creativos para facer chapas con motivo do Día Mundial da Radio. Aproveitaron para deixar un titorial de como se emprega a chapadora e fixéronnos un cartel moi chuli. GRAZAS!!



DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Este foi o programa que fixeron os nenos e nenas de 1º para presentar aos seus compañeiros e compañeiras de 5º e celebrar así o "Día Mundial da Radio".

Este ano o alumnado de 5º de primaria participou na celebración do Día Mundial da Radio emitindo dende Radio Garabullo un  podcast sobre o Cambio Climático, colaborando así con Rede Espora e Ponte nas Ondas. Non esquezamos, ademais, que este ano o "Día Mundial da Radio" está dedicado "A radio e o cambio climático". Con esta iniciativa preténdese dar apoio ás emisoras de radio na cobertura periodística deste tema.


Rede Espora fixo con varias emisoras doutros coles un programa especial. Premede na imaxe e de cara ao final (no minuto 39) e  poderedes escoitar a participación do alumnado de 5º.



Ponte nas Ondas tamén emitiu o noso programa dende a súa canle. Premede na foto para escoitalo, temén poderedes escoitar os de outras Radios Escolares. Programas interesantes e divertidos sobre o "Cambio Climático".





viernes, 16 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro foi o "Día Mundial da Radio" e a nosa radio: Radio Garabullo, celebrouno moito co Entroido e os seus programas foron emitidos tanto en Radio Voz coma en Ponte nas Ondas. Para Radio Garabullo é un orgullo poder escoitarvos noutras radios. Sodes os mellores locutores do mundo e se queredes ver os vosos programas picade na imaxe:

Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" emitido o luns 12 de febreiro, tedes que picar aí, no 12 de Febreiro de 2024:




Ponte nas Ondas
, non esquezades picar na imaxe e na parte que se corresponde co noso cole:





domingo, 14 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS

Como ben sabedes estamos a celebrar o "Día da Radio". Outra actividade na que colaboramos foi con "Ponte nas Ondas".

Ponte…nas ondas! foi a primeira experiencia radiofónica que emitiu en streaming, no ano 1997, cando aínda ningunha emisora de radio facía as emisións por Internet

A súa proposta foi participara presentando a nosa radio "Radio Garabullo" dende como se chama, onde está, que facemos na radio, con que medio contamos,...

Decidimos participar coa axuda do alumnado do cole. Agardamos que vos guste o podcast que fixeron.

Escoitade como é Radio Garabullo, da man dos rapaces e rapazas que fan que Radio Garabullo teña vida.
FELIZ DÍA DA RADIO!!


Se queredes ver a nosa participación con "Ponte nas ondas" en Escolas nas Ondas picade na imaxe!!
Agardo que vos guste e a gocedes tanto coma nós!!



lunes, 10 de febrero de 2020

DEDICA AS TÚAS LECTURAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que o xoves 13 é o "Dia Mundial da Radio" e o venres 14 "Día dos namorados". Xuntamos todo e decidimos emitir nestas dúas datas en aberto. Na hora do recreo poderedes ir á radio ou a Biblioteca a dedicarlle un conto aos vosos amigos, amigas, nais, pais, familia,... a quen queirades.
Na entrada do cole tedes unha exposición de contos de amizade e amor coma proposta para que dediquedes. Moito ánimo. Agardamos as vosas dedicatorias.
Ao longo da semana tamén haberá emisións moi interesantes para apoiar un chamamento da UNESCO que nos invita a defender a diversidade. Pensade que a RADIO ten a capacidade de chegar á moita xente, e todos podemos expresarnos e ser escoitados dende os nosos programas variados e adaptados aos nosos gustos e aos nosos oíntes.
Agardámosvos en Radio Garabullo coas vosas dedicatorias e iniciativas.
Mentres deixámosvos o anuncio do "Día Mundia da Radio": Somos a diversidade. Somos a Radio.