Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas pola PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas pola PAZ. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de febrero de 2026

AS LECTURAS POLA PAZ DE 6º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano o alumnado de 6º compartiu as lecturas da PAZ cos máis pequenos do cole. Organizados en pequenos grupos foron interpretando e teatralizando os contos ao seu xeito, buscando unha forma divertida e entretida de contar. Os resultados foron maravillosos e aquí os tedes para disfrutar.

Os contos escollidos foron:

- A horta de Simón de Rocío Alejandro editado por Kalandraka


- Es ti o meu amigo? de Magda Soldado de Baía Edicións


- Grandes amigos de Benji Davies e Linda Sarah de Andana editorial


Neste conto non hai ningún lobo de Lou Carter e Deborah Allwright da editora PICARONA

lunes, 26 de enero de 2026

LECTURAS POLA PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe comezamos a Semana da Paz. Ademais das actividades programadas nas titorías para traballar estas datas e dunha pequena sorpresa que nos ten preparado o Equipo de Convivencia para o venres 30 de xaneiro "Día Escolar da non Violencia e da PAZ"; dende a biblioteca propoñemos unha serie de lecturas para compartir na aula:

Dado que hoxe estamos na casa por alerta vermella decidimos deixarvos uns vídeos feitos por nenos e nenas que estiveron no cole hai moitos anos.

Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e editado por Kalandraka. Foi feito polo alumnado de 2015.


A máscara do león de Margarita del Mazo de OQO Editora. Foi feita polo alumnado de 2013.

viernes, 2 de febrero de 2024

LECTURAS POLA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegou o "Día da PAZ". Viña nun tren cheo de lecturas e acompañado dos mellores desexos dos nenos e nenas deste cole.

Os máis pequenos contaron coa axuda dos nenos e nenas de 6º que lles contaron contos tan bonitos coma Negros e Brancos ou Elmer de David Mckee, Orellas de Bolboreta de Luisa Aguilar ou Frederick de Leo Lionni. 

Os máis grandes aproveitaron as horas de ler para compartir lecturas coma A Fuxida de Berta Davila, El Deshielo de Riki Blanco, El cielo de Afganistán de Ana A. de Eulate ou Batalla de Naipes de Juan Ignacio Pérez Palomares.

Lecturas que buscaban dun xeito ou outro chegar á PAZ e rexeitar as Guerras. Son contos que buscan acadar valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e sobre todo a celebración da diferenza. Valores que xa viaxan con nós no noso "TREN DA PAZ".

miércoles, 5 de febrero de 2020

Iriña Bailarina

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa tedes na biblioteca o conto de Iriña Bailarina. O pasado venres 31 de xaneiro puidemos ver a interpretación deste fantástico conto grazas a compañía Ghazafelhos.
Aprendemos que un pirata, un xogador de fútbol e unha bailarina de caixiña de música poden compartir un único desexo: Xogar sen límites para medrar sen medida.
Non esquezades voltar a ler este fermoso conto co que pechamos este ciclo de "Lecturas pola PAZ"


lunes, 3 de febrero de 2020

Lecturas pola PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis rematamos as "Lecturas pola PAZ" deixando unhas imaxes fermosas. Todos e todas lendo e gozando dos contos!! Uns trouxeron risas e outros emocionáronnos. Grazas a estas lecturas falamos de temas tan dolorosos coma a guerra, os enfados, as envexas, a falta de amizade e empatía e aprendemos a entender mellor esta data tan importante o "Día Escolar da NON Violencia e da PAZ".


jueves, 30 de enero de 2020

Iriña bailarina


Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe rematamos as "Lecturas pola PAZ" cun conto moi especial . É especial porque pasou por todas as aulas, o limos, o comentamos e o sentimos e mañá remataremos estas actividades dedicadas a conmemorar o "Día Escolar da NON Violencia e a PAZ" indo ao auditorio de Bandeira a ver unha representación desta obra da man de Ghazafelhos.
"Iriña Bailarina" das autoras Cristina Justo e Paloma Rodríguez, editado por Embora amosa coma Iriña, unha bailarina de caixa de música, quere cambiar... esta cansa de ser sempre o mesmo e quere sair da súa Caixa e ser pirata, boneco de futbolín...
Non deixedes de ler e ver este conto que rompe cos estereotipos e defende a Igualdade e a PAZ!!


Por catro esquiniñas de nada

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta xornada de "Lecturas pola PAZ" para infantil, os colaboradores levaron o conto "Por catro esquiniñas de nada" de Jerome Ruiller e publicado pola editorial Juventud.
É unha historia que fala da aceptación, da superación e da autoestima. O máis curioso é que as protagonistas son figuras xeométricas.
Non volo perdades!! 




martes, 28 de enero de 2020

Arriba e abaixo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil continúan coas "Lecturas pola PAZ". Os colaboradores da biblioteca de 5º contáronlles o conto "Arriba y Abajo", un libro de Oliver Jeffers.
É unha fermosa historia acerca da amizade e da importancia de acadar os soños, e de aceptar a realidade.
Un conto moi bonito e divertido que non debedes deixar de ler ou de ver no seguinte vídeo.

lunes, 27 de enero de 2020

A GUERRA DOS NÚMEROS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil comezaron a súa tandada de "Lecturas pola PAZ". A guerra dos números foi o libro interpretado polo alumnado depara contarlles a infantil.
Neste libro da editorial OQO, o escritor Juan Darién cóntanos coma "UN" era un número moi pequeño. Sempre estaba só e sentía envexa dos demáis, que tan superiores lle parecían. Un día o "Rei Menos" déulle uns planos para construír unha arma terrible: O signo menos...
Pero xa non conto máis. Animádevos a coller o conto na biblioteca ou ollar neste vídeo coma o contan os compañeiros e compañeiras de 5º.



miércoles, 16 de enero de 2019

LECTURAS POLA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Achégase o "Día da Paz" e xa temos un montón de contos na entrada do cole para que levedes ás vosas aulas e leades cos vosos compañeiros.
Contádenos se vos gustan as lecturas!!!


lunes, 2 de febrero de 2015

Lecturas pola PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que polo mal tempo non rematamos as nosas celebracións para conmemorar o día da PAZ.
Ao longo destes últimos quince días estivemos contando contos, durante a hora de ler, que tiñan como tema a PAZ.
Tamén fomos enchendo una Oliveira sen follas con novos brotes cheos de novos desexos. Cada lectura traía novas follas.
Os nosos contos acabaron coa proxección de "Orellas de bolboreta" baixo unha interpretación dos nenos e nenas do cole.
Agora somentes queda plantar unha árbore que simbolice a nosa vontade por acadar os nosos desexos.
De momento deixo aquí un antes e un despois da nosa oliveira e os mellores momentos das nosas lecturas pola PAZ.
Un saúdo e xa sabedes... VËMONOS NA BIBLIOTECA!!!