Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñador de Palabras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñador de Palabras. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de mayo de 2013

OBRADOIRO CUN FERREIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Moito traballo!! É unha experiencia fantástica ver o ben e o moito que traballades...
Pois ben, hoxe, para rematar cos "apadriñamentos de palabras" deixo unhas imaxes da charla que tivemos co Ferreiro. No noso "taller de ferreiros"  pouco a pouco aprendemos como funcionan as ferrerías. Que cousas se fan, as ferramentas que se empregan, como avivar un lume ou como amañar a roda dun carro... Soupemos como estos oficios requiren moito tempo e paciencia pero que o resultado é diferente do que consegue unha máquina.
Moitas grazas ao señor Ferreiro por deixarnos un doce sabor de boca e por compartir con nós o lado fermoso do traballo do "Ferreiro".
Para el e para todos vós unha mostra do que ese día aconteceu na Biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 29 de abril de 2013

O COIRO

O mércores 17 de abril foi un día moi especial para os rapaces e rapazas do 2º ciclo. Tiveron a grande sorte de contar coa presencia do artesán do coiro silledense Xosé Villar.
Xosé foi quen de mergullarnos no fascinante mundo do coiro. A través das súas explicacións coñecemos as distintas utilidades e aplicacións deste material, non só na actualidade, senón dende a prehistoria. Falounos das súas características, as distintas e infinitas posibilidades que ofrece o coiro así como das ferramentas que se precisan para traballar nel.
Non só escoitamos as súas explicacións, tocamos unha grande variedade de peles de animais moi diversos: ovella, potro, cabra, vaca,... e outras tan curiosas como a do lobo marino, a do canguro, a da serpe, a da raia ou a do tiburón.
Só podo dicir en nome de todos GRACIÑAS Xosé pola túa xenerosidade e por compartir un pouco do teu tempo e da túa maña e sabiduría connosco. Os rapaces do segundo ciclo non esquecerán nunca as túas verbas unha tarde de mércores na biblioteca.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 22 de abril de 2013

APADRIÑADOR DE PALABRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano apadriñando palabras traballamos o mundo dos artesáns.
Nas aulas dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria fumos buscando información dos oleiros, dos ferreiros, dos artesáns do coiro ou dos cesteiros.
Con toda a información recollida fixemos unha fermosa exposición con ferramentas, materiais ou cousas feitas polos distintos artesáns.
Aprendemos moitas curiosidades destes oficios e tanto o primeiro ciclo como o segundo tivo a sorte de ter unha charla con estes artesáns.
O resultado, inmellorable!! Aquí deixo unhas fotos do que foi un interesante traballo no que todos e todas aprendemos un montón de cousiñas.
Agardo que vos guste.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 17 de junio de 2012

O Apadriñador de Palabras: Apeiros de Labranza

Ola lectores de Bandeira. A nosa actividade no centro non para! Foi grande o voso traballo na procura de curiosidades e información dos apeiros de labranza. Aquí está recollido un pouco do voso traballo. A través de murais, debuxos, plastilinas, powerpoint... os apeiros de labranza quedan xa afianzados no noso pequeno dicionario do Apadriñador de Palabras. Este é un resumo do voso traballo:



Descansade nas vacacións porque xa escoitei que andan a argallar novos temas para apadriñar en anos vindeiros.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!